Río Congo
o maior río da África central From Wikipedia, the free encyclopedia
o maior río da África central From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Congo (no pasado tamén coñecido como río Zaire)[1] é o río máis grande da África central. Cos seus 4 380 km é o segundo río máis longo de África, só superado polo Nilo, de tormarmos o río Chambeshi como orixe entón a lonxitude aumenta ata os 4.700 km. O río e os seus afluentes percorren o segundo bosque tropical máis importante do mundo, logo do Amazonas. No río atópanse máis de 4 000 illas.
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | África | |||
País da cunca | Zambia, Angola, Burundi, Camerún, República Centroafricana, República Democrática do Congo, Gabón, Malaui, República do Congo, Ruanda, Sudán, Sudán do Sur, Uganda e Tanzania | |||
División administrativa | Kongo-Central, República Democrática do Congo | |||
Localización | Boyoma Falls (en) | |||
Final | ||||
División administrativa | mar a fóra | |||
Localización | Océano Atlántico | |||
| ||||
Afluentes | 39 | |||
Conca hidrográfica | Conca fluvial do Congo | |||
Características | ||||
Altitude | 32 m | |||
Dimensións | 4.700 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 401.450.000 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 41.800 m³/s | |||
O río dá nome a dous estados, a República Democrática do Congo e a República do Congo e ao antigo reino do Congo. Entre 1971 e 1997 o goberno do entón Zaire deulle o nome de río Zaire.
As fontes do Congo están nas zonas altas e montañas do Gran Val do Rift, así como nos lagos Tanganica e Mweru.
A foz do Congo visitouna por primeira vez o nevegante e explorador portugués Diogo Cão en 1482,[2] remontando o seu curso até ás fervenzas de Ielala, preto da actual cidade de Matadi. A palabra Matadi significa "pedra" en lingua kikongo. A cidade está construída sobre empinados outeiros. Río arriba hai unha serie de covas, chamadas "rocha de Diogo Cão", nas que hai inscricións feitas polo explorador portugués en 1485 para marcar o límite da súa viaxe remontando o río.
No ano 1816 unha expedición británica chegou ata Isangila. Henry Morton Stanley foi o primeiro europeo en navegar o río en toda a súa extensión e en informar que o Lualaba non era a orixe do Nilo como el suxerira.
Case a totalidade do Congo é navegable (agás 250 km), e en unión dos camiños de ferro, boa parte do comercio de África central pasa ao longo del.
Antes da colonización portuguesa da zona, os nativos denominaban ao río, Nzere ou Nzadi, que na lingua da etnia bakongo, significaba «o río que traga os demais ríos». O explorador portugués Diogo Cão, que foi o primeiro europeo que percorreu a súa desembocadura, chamouno río Zaire, por deformación do nome dado polos indíxenas. Esta denominación persistiu ata o século XVIII, en que comezou a ser nomeado como río Congo, pola etnia Congo ou bankongo, que dominaba case toda a cunca do río.[3]
Entre 1971 e 1997, o goberno de Zaire, nome que tiña a República Democrática do Congo durante a ditadura de Mobutu Sese Seko, quixo cambiar a denominación do río Congo a río Zaire, pero ese cambio foi ignorado por moitos países, entre os cales cabe destacar a veciña República do Congo.
O curso actual do río Congo formouse hai entre 1,5 e 2 millóns de anos, durante o Plistoceno.[4]
A formación do Congo puido levar á especiación alopátrica do bonobo e do chimpancé común a partir do seu devanceiro común máis recente.[5] O bonobo é endémico dos bosques húmidos da rexión, do mesmo xeito que outras especies emblemáticas como o Allenopithecus nigroviridis, Cercopithecus dryas, Genetta piscivora, ocapi e Afropavo congensis.[6][7]
En termos de vida acuática, a conca do río Congo ten unha moi alta riqueza de especies e nela obsérvanse uns dos máximos niveis coñecidos de concentración de especies endémicas.[8] Ata agora, rexistráronse preto de 700 especies de peixes na conca do Congo, e grandes seccións permanecen virtualmente sen estudar.[9] Debido a isto e ás grandes diferenzas ecolóxicas entre as rexións da conca, a miúdo divídese en varias ecorrexións ecolóxicas (no canto de tratala como unha única ecorrexión). Entre estas ecorrexións, só a dos rápidos do baixo Congo conta con máis de 300 especies de peixes, incluíndo aproximadamente 80 especies endémicas,[10] mentres que a parte suroeste (Conca do Kasai) por si soa ten máis de 200 especies de peixes, dos cales ao redor dun cuarto son endémicas.[11] As familias de peixes dominantes -polo menos nalgunhas partes do río- son Cyprinidae (carpa/ciprínidos, como Labeo simpsoni, Mormyridae (peixes elefantes), Alestidae (tetras africanos), Mochokidae (bagres squeaker) e Cichlidae (cíclidos).[12] Entre os nativos no río está o enorme e altamente carnívoro, peixe tigre xigante. Dous dos cíclidos endémicos máis raros son os esbrancuxados (non pigmentados) e cegos Lamprologus lethops, que se cre que vive a unha profundidade de 160 m por baixo da superficie,[10] e o Heterochromis multidens, que parece estar máis estreitamente relacionado cos cíclidos das Américas que con outros cíclidos de África.[13] Tamén hai numerosas ras endémicas e caracois.[12][14] Está prevista a construción de varias represas hidroeléctricas no río que poden conducir á extinción de moitos dos endemismos.[10]
Toda a conca do Congo está poboada por pobos bantús, divididos en varios centos de grupos étnicos ou tribais (ver grupos étnicos da República Democrática do Congo (en inglés)). A expansión bantú estímase que chegaría ata o Congo Medio ao redor do 500 a. C., e ao Congo Alto ao comezo da era común. Restos da poboación aborixe desprazada pola migración bantú, pigmeos/abatwa do phylum ubangiano, permanecen nas zonas forestais remotas da conca do Congo.
O reino do Congo formouse ao redor do 1400 na beira esquerda do río Congo Baixo. O seu control territorial ao longo do río mantívose limitado ao que hoxe corresponde coa provincia Congo Baixo. A exploración europea do Congo comezou en 1482, cando o explorador portugués Diogo Cão descubriu o estuario do río (probablemente en agosto), que sinalou cun padrão ou alicerce de pedra (que aínda existe, pero só en fragmentos) erixido na punta Shark. Cão tamén navegou río arriba establecendo contacto co reino de Congo e chegando ás cataratas de Yellala, o límite navegable, onde erixiu outro padrão. Cão morreu no río perseguindo a un crocodilo. O curso do río permaneceu descoñecido durante todo o período moderno temperán.[15]
A conca alta do Congo corre ao oeste desde o Rift Albertino aínda que a súa conexión co Congo permaneceu descoñecida ata 1877. O extremo nordés da conca do Congo alcanzouse pola expansión nilótica nalgún momento entre os séculos xv e xviii, polos antepasados dos falantes de Luo meridional do pobo Alur. Francisco de Lacerda seguindo o río Zambeze logrou chegar en 1796 á parte máis alta da conca do Congo (ao reino de Cazembe na parte superior da conca do río Luapula).
A exploración europea continuou co intento británico de James Kingston Tuckey que en 1816, tratou de remontar o río Congo desde a súa desembocadura, logrando avanzar 480 km río dentro pero non chegou a superar as cataratas Livingstone que frearon o seu avance.
O río Congo superior, coñecido como río Lualaba, alcanzarono por primeira vez os escravistas árabes no século xix. A localidade de Nyangwe foi fundada como posto de avanzada dos traficantes de escravos cara a 1860.
No século xix ninguén podía imaxinar que o Lualaba, que avanza implacablemente en dirección norte e o Congo que corría cara á parte suroccidental ata desembocar no Atlántico, despois de atravesar a metade do continente, fosen o mesmo río. Pensábase que o primeiro podía formar parte da corrente principal do Nilo, esta tese era defendida entre outros polo explorador David Livingstone, que percorreu o Lualaba na súa expedición de 1866, mentres que o segundo foi confundido coa desembocadura do río Níxer polo explorador e naturalista Mungo Park que entre finais do século xviii e principios do xix, percorreu o río Níxer.
Livingstone foi o primeiro europeo en chegar a Nyangwe en 1871. Livingstone propuxo demostrar que o Lualaba conectaba co Nilo, pero o 15 de xullo, foi testemuña do masacre duns 400 africanos por escravistas árabes en Nyangwe, unha experiencia que o deixou demasiado arrepiado e disuadiuno de continuar a súa misión de atopar as fontes do Nilo, polo que volveu de novo ao lago Tanganica.[16][17]
O curso medio do Congo permaneceu sen explorar, tanto desde o leste como polo oeste, ata a expedición de 1876-1877 de Henry Morton Stanley. No momento era unha das últimas preguntas abertas da exploración de África (ou de feito do mundo), a cuestión de se o río Lualaba alimentaba o Nilo (teoría de Livingstone), o Congo[18] ou mesmo o Níxer. Financiada en 1874, a primeira exploración trans-africana de Stanley comezou en Zanzíbar e chegou ao Lualaba o 17 de outubro de 1876. Por terra chegou a Nyangwe, o centro dunha zona sen lei na que había tribos caníbales e na que Tippu Tip desenvolvía o seu comercio de escravos. Stanley logrou contratar a unha forza de Tippu Tip, para protexelo nos seguintes 150 km ou polo menos, durante 90 días. A partida deixou Nyangwe por terra a través da densa selva Matimba. O 19 de novembro chegaron ao Lualaba de novo. Dado que ir polo bosque era demasiado pesado, Tippu Tip deu a volta coa súa partida o 28 de decembro, deixando a Stanley pola súa conta, con 143 persoas, entre elas 8 nenos e 16 mulleres. Tiñan 23 canoas. O seu primeiro encontro cunha tribo local foi cos caníbales wenya. En total Stanley informaría de 32 encontros hostís no río, algúns violentos, a pesar de que tentou sempre negociar unha travesía pacífica polas súas terras. Pero as tribos eran desconfiadas e cautelosas xa que a súa única experiencia con estranxeiros era cos traficantes de escravos, e non podían entender o motivo da exploración.
O 6 de xaneiro de 1877, despois de 640 quilómetros, chegaron ás cataratas Boyoma (chamadas cataratas Stanley durante algún tempo despois), que consta de sete cataratas nun tramo de 100 quilómetros que tiveron que pasar por terra. Levoulles ata o 7 de febreiro chegar ao final das cataratas. Aquí Stanley decatouse de que o río se chamaba Ikuta Yacongo,[19] o que demostraba que chegaran ao Congo, e que o Lualaba non alimentaba o Nilo.
A partir deste punto, non encontaron máis tribos caníbales, pero si tribos con armas de fogo, ao parecer resultado da influencia portuguesa. Unhas catro semanas e 1900 quilómetros máis tarde chegaron a Stanley Pool (agora Pool Malebo), o lugar no que se atopan as actuais cidades día Kinshasa e Brazzaville. Augas abaixo chegaron ás cataratas Livingstone (mal chamadas Livingstone que nunca estivo no Congo), unha serie de 32 caídas e rápidos cunha caída de 270 metros en máis de 350 quilómetros. O 15 de marzo comezaron o descenso das cataratas, o que lles levou cinco meses e custoulles numerosas vidas. Desde as cataratas Isangile, cinco caídas desde o pé, vararon as canoas e o Lady Alice e deixaron o río, co obxectivo posto en alcanzar o posto de avanzada portugués de Boma a través de terra. O 3 de agosto chegaron á aldea Nsada. A partir de aí Stanley enviou catro homes de avanzada con cartas a Boma, pedindo comida para a súa xente que estaba a morrer de fame. O 7 de agosto chegaron auxilios, sendo enviados por representantes da firma comercial de Liverpool Hatton & Cookson. O 9 de agosto chegaron a Boma, 1001 días desde que saíran de Zanzíbar o 12 de novembro de 1874. A partida consistía entón en 108 persoas, entre elas tres nenos nados durante a viaxe. O máis probable (as propias publicacións de Stanley dan cifras inconsistentes) é que perdesen 132 persoas por enfermidade, fame, afogamento, morte e deserción.[20]
Kinshasa foi fundada como un posto comercial por Henry Morton Stanley en 1881 e nomeada Leopoldville en honra a Leopoldo II de Bélxica. A conca do Congo foi reclamada por Bélxica como Estado Libre do Congo en 1885.
Durante a época colonial grandes vapores de rodas foron transportados peza a peza aos ombreiros de carrexadores desde a costa ata a parte navegable do Congo para salvar as temibles cataratas de Livingstone.
O río Congo ten a súa orixe nas montañas do val do Gran Rift, na África oriental, como os lagos Tanganica e Moero, que alimentan o río Lualaba, que se converte no Congo por baixo das cataratas Boyoma. O río Chambeshi, en Zambia, é xeralmente considerado como a fonte do Congo, segundo o criterio frecuente da fonte máis afastada da desembocadura, como é o caso do Nilo.
O Congo discorre, en xeral, en dirección oeste a partir de Kisangani, xusto debaixo das cataratas, e despois aos poucos vólvese ao sur-oeste, pasando por Mbandaka, uníndose co río Ubangi, e precipitándose no lago Malebo (Pool Malebo, antes Stanley Pool). As cidades de Kinshasa (anteriormente Leopoldville) e Brazzaville están situadas nos lados opostos do río, no lago Malebo. A partir de alí, o Congo contráese e descende a través dunha serie de cataratas creadas por profundos canóns e coñecidas colectivamente como cataratas Livingstone. A continuación, corre en dirección a Matadi e Boma, e logo desemboca no océano Atlántico no pequeno pobo de Muanda.
O río Congo na súa maior parte ten unha profundidade de entre 15 e 30 m, aínda que nun tramo do curso baixo chega a alcanzar unha profundidade de 230 m.
Tradicionalmente, o Congo dividiuse nos seguintes tramos:
Tramo | Ramal | Nome do afluente | Desembocadura | Lonxitude (km) | Conca (km²) | Caudal (m³/s) | País polo que flue | |||||
Río Lualaba (da fonte a Kisangani) | E | - | Río Lubudi | Lualaba | República Democrática do Congo | |||||||
- | D | Río Lufira[21] | Lualaba | 630 | República Democrática do Congo | |||||||
E | - | Río Lovoi | Lualaba | República Democrática do Congo | ||||||||
- | D | Río Kalumengonko | Lualaba | República Democrática do Congo | ||||||||
- | D | Sistema Luvua—Luapula—Chambeshi[22] | Lualaba | 1.400 | 296.600 | 280 | República Democrática do Congo | |||||
- | D | - | Luvua | Lualaba | 350 | 296.600 | 280 | República Democrática do Congo | ||||
- | - | - | Lago Mweru | Luvua | 90 | Zambia República Democrática do Congo | ||||||
- | - | - | Río Luapula | Lago Mweru | 560 | Zambia República Democrática do Congo | ||||||
- | - | - | Río Chambeshi | Luapula | 480 | Zambia República Democrática do Congo | ||||||
E | - | Río Luvidjo | Lualaba | República Democrática do Congo | ||||||||
- | D | Sistema Lukuga-lago Tanganica-Ruzizi-lago Kivu[23] | Lualaba | 910 | República Democrática do Congo | |||||||
- | D | - | Sistema Lukuga-Niembe[24] | Lualaba | 560 | 270.900 | 271 | República Democrática do Congo | ||||
- | D | - | Río Lukuga | Lualaba | 350 | 270.900 | 271 | República Democrática do Congo | ||||
- | - | - | Río Luizi | Lukuga | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Niembe | Lukuga | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Lago Tanganica | Lukuga | 350[24] | 231.000 | República Democrática do Congo | |||||
- | - | - | Río Ruzizi | Lago Tanganica | 117 | República Democrática do Congo Burundi Ruanda | ||||||
- | - | - | Lago Kivu | Ruzizi | 89 | República Democrática do Congo | ||||||
- | - | - | Río Malagarasi | Lago Tanganica | 475 | 130.000 | Burundi Tanzania | |||||
- | D | Río Luama | Lualaba | República Democrática do Congo | ||||||||
- | D | Río Elila | Lualaba | 400 | República Democrática do Congo | |||||||
E | - | Río Kasuku | Lualaba | República Democrática do Congo | ||||||||
- | D | Río Ulindi | Lualaba | 450 | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Lugulu | Ulindi | 560 | República Democrática do Congo | ||||||
- | D | Río Lowa | Lualaba | 390 | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Lubutu | Lowa | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Oku | Lowa | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Oso | Lowa | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Luka | Lowa | República Democrática do Congo | |||||||
- | D | Río Maiko | Lualaba | República Democrática do Congo | ||||||||
- | D | Río Lindi | Lualaba | 515 | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Tshopo | Lindi | República Democrática do Congo | |||||||
Alto Congo (Kisangani a Mbandaka) | E | - | Río Lomami | Alto Congo | 1.500 | 95.830 | 837 | República Democrática do Congo | ||||
- | D | Río Aruwimi (incluído o Ituri)[25] | Alto Congo | 1.287 | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Lulu | Aruwimi | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Nepoko | Aruwimi | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Ituri | Aruwimi | 1.030 | República Democrática do Congo | ||||||
- | - | - | Río Epulu | Ituri | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Ibina | Ituri | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Shari | Río Ituri | República Democrática do Congo | |||||||
- | D | Río Itimbiri (coa súa fonte, o río Rubi)[26] | Alto Congo | 535 | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Tele | Itimbiri | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Likati | Itimbiri | República Democrática do Congo | |||||||
- | D | Río Mongala (co Ebola) | Alto Congo | 510 | ||||||||
- | - | - | Río Dua | Mongala | 225 | República Democrática do Congo | ||||||
- | - | - | Río Ebola | Mongala | 225 | República Democrática do Congo | ||||||
E | - | Río Lulonga (coa súa fonte, o río Maringa) | Alto Congo | 705 | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Lopori | Lulonga | 470 | República Democrática do Congo | ||||||
- | - | - | Río Maringa | Lulonga | 515 | República Democrática do Congo | ||||||
E | - | Río Ikelemba | Alto Congo | |||||||||
Medio Congo (de Mbandaka a Brazzaville/Kinshasa) | E | - | Río Ruki-Tschuapa | Medio Congo | 1.025 | República Democrática do Congo | ||||||
- | - | - | Río Tshuapa | Ruki | 925 | República Democrática do Congo | ||||||
- | - | - | Río Salonga | Tshuapa | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Yenge | Salonga | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Lomela | Tshuapa | 560 | República Democrática do Congo | ||||||
- | - | - | Río Momboyo-Luilaka | Ruki | 535 | República Democrática do Congo | ||||||
- | - | - | Río Lokolo | Momboyo | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Luile | Momboyo | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Luilaka | Momboyo | República Democrática do Congo | |||||||
- | D | Sistema Ubangi—Uele[27][28] | Medio Congo | 2.272 | 754.830 | 5.936 | República Democrática do Congo República Centroafricana República do Congo | |||||
- | D | - | Río Ubangi [28] | Medio Congo | 1.120 | 754.830 | 5.936 | República Democrática do Congo República Centroafricana República do Congo | ||||
- | - | - | Río Giri | Ubangi | ||||||||
- | - | - | Río Lua | Ubangi | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Lobaye | Ubangi | 520 | 36.970 | 321 | República do Congo República Centroafricana | ||||
- | - | - | Río Mbaéré | Lobaye | República do Congo República Centroafricana | |||||||
- | - | - | Río Ouaka | Ubangi | 550 | República Centroafricana | ||||||
- | - | - | Río Kotto | Ubangi | 660 | 78.400 | 447 | República Centroafricana | ||||
- | - | - | Río Mbomou[28] | Ubangi | 966 | 156.950 | 1.130 | República Democrática do Congo República Centroafricana | ||||
- | - | - | Río Mbari | Mbomou | República Centroafricana | |||||||
- | - | - | Río Chinko | Mbomou | 420 | 52.308 | 397 | República Centroafricana | ||||
- | - | - | Río Ouara | Mbomou | República Centroafricana | |||||||
- | - | - | Río Uele[27][28] | Ubangi | 1.150 | 135.400 | 1.530 | República Democrática do Congo | ||||
- | - | - | Río Uere | Uele | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Bomokandi | Uele | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Kibali | Uele | República Democrática do Congo | |||||||
- | D | Sistema Sangha-Kadeï[29] | Medio Congo | 790 | 213.400 | 2.471 | Camerún República Centroafricana República do Congo | |||||
- | D | - | Río Sangha[29] | Medio Congo | 790 | 213.400 | 2.471 | Camerún República Centroafricana República do Congo | ||||
- | - | - | Río Ngoko | Sangha | ||||||||
- | - | - | Río Moumba | Ngoko | ||||||||
- | - | - | Río Dja | Ngoko | 720 | 80.000 | 800 | Camerún República do Congo | ||||
- | - | - | Río Kadeï[29] | Sangha | 510 | |||||||
- | - | - | Río Mambéré | Kadeï | ||||||||
- | D | Río Likouala | Medio Congo | |||||||||
- | - | - | Río Kouyou | Likouala | ||||||||
- | - | - | Río Lengoué | Likouala | ||||||||
- | - | - | Río Mambili | Likouala | ||||||||
- | D | Río Alima | Medio Congo | |||||||||
- | - | - | Río Mpama | Alima | ||||||||
E | - | Río Lokoro | Medio Congo | |||||||||
- | - | Río Nkéni | Medio Congo | |||||||||
- | - | Río Léfini | Medio Congo | |||||||||
E | - | Río Kasai | Medio Congo | República Democrática do Congo | ||||||||
- | - | - | Río Fimi-Lukenie[30] | Río Kasai | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Kwango | Kasai | 1.100 | República Democrática do Congo | ||||||
- | - | - | Río Wamba | Kwango | Angola República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Bakali | Wamba | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Culio | Kwango | Angola República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Kwilu | Kasai | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Inzia | Kwilu | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Luie | Inzia | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Kwenge | Kwilu | Angola República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Lutshima | Kwilu | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Lubalo | Kwilu | Angola República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Loange | Kasai | 1.150 | Angola República Democrática do Congo | ||||||
- | - | - | Río Luele | Loange | Angola República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Sankuru | Kasai | 1.150 | República Democrática do Congo | ||||||
- | - | - | Río Lubefu | Sankuru | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Lubilandji | Sankuru | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Luilu | Lubilandji | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Lubi | Lubilandji | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Luembe | Lubilandji | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Mbuji-Mayi | Lubilandji | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Lubishi | Lubilandji | República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Lulua (o Luluwa) | Kasai | 900 | |||||||
- | - | - | Río Lovua | Kasai | Angola República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Chicapa (o Tshikapa) | Kasai | 870 | Angola República Democrática do Congo | ||||||
- | - | - | Río Luachimo | Kasai | Angola República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Lubembe | Kasai | Angola República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Chiumbe | Lubembe | Angola República Democrática do Congo | |||||||
- | - | - | Río Lueta | Kasai | ||||||||
E | - | Río Nsele | Medio Congo | |||||||||
Baixo Congo (de Brazzaville/Kinshasa á desembocadura) | E | - | Río Inkisi | Baixo Congo | 400 | República Democrática do Congo | ||||||
E | - | Río Mpozo | Baixo Congo | |||||||||
- | - | Río Bundi | Baixo Congo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.