Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Val do Rift é un complexo de fallas tectónicas que se estende por máis de 5.000 km, no sentido norte-sur, dende o norte de Siria ata o centro de Mozambique, o seu largo varía entre os 30 aos 100 km e a fondura duns poucos centos a moitos milleiros de metros. Formouse pola separación no norte das placas tectónicas de Arabia e África, que comezou hai 35 000 000 de anos, e no sur seguiu hai 15 000 000 de anos coa separación das placas tectónicas africana e arábica.
Tipo | Fosa tectónica | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
Continente | África | ||||
| |||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Dimensións | 4.830 () km | ||||
Atravesa | Eritrea, Etiopía, Djibuti, Sudán do Sur, Kenya, Uganda, República Democrática do Congo, Ruanda, Burundi, Tanzania, Malaui, Mozambique, Zambia e Cimbabue | ||||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | |||||
Monte Elgon | |||||
Identificador | 6734 | ||||
A parte norte do Rift fórmaa o val do río Xordán, que corre cara ao sur dende o lago Hula e o mar de Galilea ata o mar Morto, dende alí o Rift ocúpao o Wadi Arabah e despois o golfo de Aqaba e o mar Vermello.
No Triángulo afar ou Depresión de Danakil ten lugar a confluencia de tres placas, a de Arabia e as dúas africanas, a nubia e a somalí. Na desembocadura sur do Mar Vermello o Rift ten unha bifurcación: o golfo de Adén cara ao leste que se corresponde coa división entre a península arábiga e África e continúa como parte da cordal central do océano Índico; a outra ponla segue para o suroeste por Djibuti, para se separar entre o Val do Rift occidental e o Val do Rift oriental, que abrangue Etiopía, Kenya e Tanzania, o Lago Niasa e o río Chire, terminando no Zambeze, aquí sitúanse algunhas das montañas máis altas de África, como os Montes Virunga, os Montes Mitumba e os Montes Ruwenzori, e os lagos do Val do Rift.
En Tanzania, un pouco ao norte do Lago Niasa, o val divídese unha vez máis, cunha póla que segue para o noroeste e despois para o norte, formando o lago Tanganica que fai fronteira entre a República Democrática do Congo e Tanzania e Burundi, segue polo lago Kivu que separa Ruanda do Congo, os lagos Eduardo e Alberte, cunha das nacentes do Nilo que o separan de Uganda, coñecido como Rift occidental ou albertino, onde se atopan a maioría dos grandes lagos Africanos xa mencionados. O lago Vitoria atópase entre os dous ramos do Val do Rift.
A concentración volcánica é alta: Kilimanjaro, monte Kenya, monte Karisimbi, monte Nyiragongo, monte Meru e monte Elgon, así como o cráter Highlands en Tanzania. O volcán Ol Doinyo Lengai continúa activo, é o único volcán de natrocarbonatite do mundo. Outra zona volcánica extremamente activa é o Triángulo Afar.
En Kenya o Val é máis fondo ao norte de Nairobi, aquí os lagos non teñen saída ao mar polo que teñen un alto contido en sales, entre os máis importantes lagos destacan lago Magadi que é case sólido sodium carbonate, o lago Elmenteita, o lago Baringo, o lago Bogoria e o lago Nakuru son todos moi alcalinos. O Lago Naivasha ten fontes de auga doce, o que lle permite ter unha elevada biodiversidade.
A separación das placas continúa, polo que dentro de millóns de anos, o océano Índico asolagará a África Oriental e formarase unha grande illa coa rexión da costa de África.
O Gran Val do Rift é unha gran fonte de descubrimentos antropolóxicos, en especial na área coñecida como Piedmont, debido a que as rapidamente erosionadas montañas cubriron o val con sedimentos e unha contorna natural favorable para a conservación de restos fósiles. Os ósos de numerosos homínidos antecesores dos modernos humanos atopáronse aquí, incluíndo os de Lucy, un esqueleto case completo de australopithecus, descuberto por Donald Johanson. Richard e Meave Leakey tamén fixeron un significativo traballo nesta rexión.
O Sistema de lagos de Kenya no Gran Val do Rift foi inscrito pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.