Mar Morto
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Mar Morto, en hebreo ים המלח, árabe البحر الميت, é un lago de auga salgada do Oriente Medio.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Remove ads
Características

Cunha superficie de aproximadamente 1.050 km², é alimentado polo río Xordán e baña a Xordania, Israel e a Cisxordania. En 50 anos, o Mar Morto perdeu un terzo da súa superficie, en gran parte por causa da explotación excesiva do seu afluente, única fonte de auga doce da rexión.
O Mar Morto ten ese nome debido ao feito de que a cantidade de sal das súas augas, que é dez veces maior que a dos océanos, impide calquera forma de vida. A "auga" é un cóctel de sales moi diferente do sal dun océano normal. Os peixes traídos polo río Xordán, ao caeren no mar, morren instantaneamente. Apenas algunhas bacterias e plantas que fican nas marxes conseguen sobrevivir alí. A título de comparación, nos océanos, o número de gramos de sal por cen mililitros de auga non pasa de tres, mentres que no Mar Morto esa taxa é de 30 a 35 gramos de sal por 100 ml de auga.
O Mar Morto é o punto máis baixo do globo: 417 metros baixo o nivel do mar.
Remove ads
Véxase tamén
Outros artigos
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

