From Wikipedia, the free encyclopedia
A provincia de Tui foi unha das sete (primeiro cinco) en que estivo dividida Galiza na Idade Moderna, ata a nova división provincial de 1833, en que pasou a ser integrada na nova provincia de Pontevedra, onde actualmente conforma o seu territorio máis meridional. Foi das dúas últimas en ser creadas, aparecendo arredor de 1550. A súa capital era a cidade episcopal Tui.
Tiña unha extensión de 1.656 km². Limitaba ao norte coa antiga provincia de Santiago a través do río Verdugo e de aí ao extremo norte da serra do Suído (Marco da Corcheta); ao sur limitaba con Portugal a través do río Miño; ao leste lindaba coa de Provincia de Ourense á altura da confluencia do pequeno regato Barxas co Miño, na beira dereita deste último, e cos cumes dos montes de Barcia do Seixo, até o citado Marco da Corcheta. Ao oeste o límite era o océano Atlántico.
Os límites non coincidían coa diocese de Tui, que abranguía localidades ourensás e portuguesas.
As localidades máis importantes foron, en principio, Tui, que era e é sé episcopal, A Guarda, Baiona e Redondela; desde o século XVIII comeza a destacar Vigo.
A provincia estaba dividida en xurisdicións (Tui, Vigo, Fragoso, Tomiño, Gondomar, Tebra, Baiona e Miñor, Redondela e Reboreda, Valadares, Salvaterra, Crecente, Arbo, Achas etc) e algúns coutos (Goián, Picoña, Entenza, Parderrubias, Saxamonde, Zamáns etc).
Como nos demais casos das antigas provincias, non tiñan as funcións administrativas que lles foran adxudicadas desde o período liberal. Un valor era fiscal, para repartir os impostos, que se pagarían a través da cabeza da provincia. Un segundo era representativo, pois os deputados para a Xunta de Galicia, repartíanse segundo esas mesmas cabezas provinciais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.