Primeira división española 1933/34

From Wikipedia, the free encyclopedia

A tempada 1933/34 da Primeira división española foi a sexta edición do torneo. Celebrouse entre o 5 de novembro de 1933 e o 4 de marzo de 1934. O Athletic Club conquistou o seu terceiro título de liga e confirmouse como o equipo máis laureado na curta historia do torneo.

Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Primeira división española 1933/34
TipoPrimeira División Española
Deportefútbol
OrganizadorReal Federación Española de Fútbol
Liga inferiorSegunda división española 1933/34
Número de participantes10
Participantes
Localización  e  Datas
PaísEspaña
Período de tempotempada 1933-1934
Intervalo de tempo5 de novembro de 1933 – 4 de marzo de 1934
Número de edición6
Competición
Primeiro postoAthletic Club
Datos estatísticos
Partidos90
Goles378

Pechar

Tomaron parte na competición dez clubs. Nesta tempada debutou o Oviedo FC. Ningún equipo galego disputou a categoría.

A ampliación a doce equipos

Na asemblea da Federación Española, celebrada antes de iniciarse o campionato, expúxose a ampliación da Primeira División a catorce clubs na tempada 1934/35. Os catro novos equipos debían saír de Segunda División, baseándose na clasificación final desta tempada máis a aplicación dun coeficiente en función das clasificacións dos cinco últimos anos -desde a creación a liga- o que daba o ascenso ao Athletic de Madrid, Sevilla FC, Murcia FC e Unión de Irún. A proposta tamén obrigaba ao último clasificado de Primeira División desta tempada, o Arenas de Getxo, a disputar a súa praza nunha liguiña de promoción co quinto clasificado de Segunda, o Sporting de Gijón, e os dous campións de Terceira, o Valladolid Deportivo e o Elche FC.

A pesar das discrepancias de varios clubs, o relatorio para a ampliación a catorce equipos foi finalmente aceptada pola Federación o 17 de maio de 1934.[1] Iso provocou a retirada dos tres equipos que debían disputar a promoción: Arenas, Valladolid e Elche. Para substituílos, a FEF designou como substitutos ao sexto e sétimo de Segunda, o Celta de Vigo e o Deportivo Alavés, xunto co terceiro clasificado de Terceira División, o Zaragoza. Tras a renuncia dos alaveses, foi o Celta o equipo que logrou unha praza en Primeira.

Con todo, nunha polémica asemblea celebrada o 20 de xullo, ao termo da tempada, os clubs acordaron finalmente que a ampliación fose a doce equipos e non a catorce. Acordouse tamén que o campión e o subcampión desta tempada en Segunda División, Sevilla FC e Athletic de Madrid, fosen os que ascendesen directamente a Primeira, rexeitando así os ascensos obtidos por Murcia FC e Unión de Irún. Para rematar, anulouse tamén a promoción gañada polo Celta de Vigo, mantendo o Arenas a súa praza en Primeira.[2]

Clasificación final

Máis información Pos, Equipo ...
Pos Equipo X G E P GF GC DG Ptos
1Athletic Club de Bilbao18112561273424
2Madrid FC18102641291222
3Racing de Santander189183839-119
4Betis Balompié189182936-719
5Donostia FC187472933-418
6Oviedo FC188285145618
7Valencia FC187382838-1017
8CD Español187384142-117
9FC Barcelona1880104240216
10Arenas de Getxo1834111118-910
Pechar

Ascenso a Primeira División

O Sevilla FC ascende a Primeira División tras resultar campión de Segunda División, xunto co Atlético de Madrid, que foi subcampión.

Resultados

Máis información Are, Ath ...
Are Ath Bar Bet Don Esp Mad Ovi Rac Val
Arenas G. 2-0 3-1 0-1 0-0 1-2 3-3 1-1 2-1 1-2
Athletic Bilbao 9-0 6-1 5-0 2-1 5-0 5-1 6-2 3-1 6-2
FC Barcelona 4-0 2-1 5-1 4-0 5-0 1-2 2-0 6-3 5-2
Betis B. 2-0 1-3 1-0 1-1 3-1 2-1 4-2 2-1 2-1
Donostia CF 4-1 3-0 2-0 3-2 3-3 0-3 3-1 2-1 3-1
CD Español 6-2 1-4 3-2 3-1 4-0 2-2 5-2 5-0 2-2
Madrid FC 2-1 3-0 4-0 0-1 2-0 3-2 5-1 1-0 3-2
Oviedo FC 7-0 2-2 7-3 4-3 3-2 3-1 3-2 3-1 7-0
Racing Santander 4-1 3-2 3-1 4-1 1-1 3-1 4-3 4-3 2-1
Valencia FC 0-0 2-2 2-0 2-1 4-1 1-0 2-1 1-0 1-2
Pechar

Premios individuais

Máximos goleadores

Máis información Pos., Xogador ...
Pos. Xogador Equipo Goles
Bandeira de España Isidro LángaraOviedo FC27
Bandeira de España Francisco IriondoCD Español18
Bandeira de España Agustín Sauto, 'Bata'Athletic Club15
Bandeira de España Guillermo GorostizaAthletic Club15
Bandeira de España José IraragorriAthletic Club14
Pechar

Porteiro menos goleado

  • Gregorio Blasco, do Athletic de Bilbao, encaixou 21 goles en 14 partidos, obtendo unha media de 1,5 goles por partido.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.