From Wikipedia, the free encyclopedia
A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) é o organismo reitor do fútbol en España. Foi fundada en 1913, aínda que ten o seu antecedente directo na Federación Española de Clubs de Football, constituída en 1909. Está afiliada á FIFA, UEFA, COI e COE.
A 30 de xuño de 2007 tiña 18.286 clubs inscritos e 697.195 futbolistas federados, o que a converte na federación deportiva con máis licenzas de España.
Historicamente, desde a súa fundación, a súa sede estaba en Madrid. Desde 2003 trasladouse á veciña localidade de Las Rozas, onde se atopa a Cidade do Fútbol.
A RFEF está integrada por 19 federacións rexionais ou territoriais, que se encargan da organización do fútbol nas distintas comunidades autónomas de España. Algunhas destas federacións territoriais son ata máis antigas que a propia RFEF, como a Federación catalá.
Comunidade autónoma | Federación |
---|---|
Andalucía | Federación Andaluza de Fútbol (FAF) |
Aragón | Federación Aragonesa de Fútbol |
Asturias | Real Federación de Fútbol del Principado de Asturias |
Illas Baleares | Federació de Futbol de les Illes Balears |
Canarias | Federación Canaria de Fútbol (FCF) |
Cantabria | Federación Cántabra de Fútbol |
Castela e León | Federación de Castilla y León de Fútbol (FCYLF) |
Castela-A Mancha | Federación de Fútbol de Castilla-La Mancha |
Cataluña | Federació Catalana de Futbol (FCF) |
Ceuta | Federación de Fútbol de Ceuta |
Comunidade Valenciana | Federación de Fútbol de la Comunidad Valenciana |
Comunidade de Madrid | Federación de Fútbol de Madrid (FFM) |
Estremadura | Federación Extremeña de Fútbol |
Galicia | Federación Galega de Fútbol |
Melilla | Federación Melillense de Fútbol |
Rexión de Murcia | Federación de Fútbol de la Región de Murcia (FFRM) |
Navarra | Federación Navarra de Fútbol |
País Vasco | Federación Vasca de Fútbol / Euskadiko Futbol Federakundea |
A Rioxa | Federación Riojana de Fútbol |
Presidente | Período |
---|---|
Pedro Sánchez de Neyra (Marqués de Casa Alta) | 1909-1911 |
Ramón Paz Iglesias | 1911-1911 |
José Ortega | 1911-1911 |
Joan Padrós Rubio | 1911-1911 |
Ricardo Ruiz Ferry | 1911-1912 |
Ramón Paz Iglesias | 1912-1912 |
Joan Padrós Rubio | 1912-1913 |
Presidente | Período |
---|---|
Francisco García | 1913-1916 |
Gabriel Maura | 1916-1920 |
David Ormaechea | 1921-1923 |
Gabriel Maura | 1923-1924 |
Julián Olave | 1924-1926 |
Antonio Bernabéu | 1926-1927 |
Pedro Díez de Rivera | 1927-1931 |
Leopoldo García | 1931-1936 |
Julián Troncoso | 1939-1940 |
Luis Saura | 1940-1941 |
Javier Barroso | 1941-1946 |
Jesús Rivero | 1946-1947 |
Armando Muñoz Calero | 1947-1950 |
Manuel Valdés | 1950-1952 |
Sancho Dávila | 1952-1954 |
Juan Touzón | 1954-1956 |
Alfonso de la Fuente Chaos | 1956-1960 |
Benito Pico | 1960-1967 |
José Luis Costa | 1967-1970 |
José Luis Pérez-Paya | 1970-1975 |
Pablo Porta | 1975-1984 |
José Luis Roca | 1984-1988 |
Ángel María Villar | 1988-2017 |
Juan Luis Larrea | 2017-2018 |
Luis Rubiales | 2018- |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.