Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Arenas Club de Getxo (en éuscaro: Getxoko Arenas) é un club de fútbol vasco, da cidade de Getxo en Biscaia. Foi fundado en 1909 e xoga no Grupo 2 da Segunda División B.
Arenas de Getxo | |||
---|---|---|---|
Nome | Arenas Club de Getxo | ||
Alcume(s) | O histórico | ||
Fundación | 1909 | ||
Estadio | Gobela, Getxo, Biscaia | ||
Inauguración | 1948 | ||
Capacidade | 1.200 | ||
Presidente | Francisco Javier Herrero | ||
Adestrador | Natxo Ortiz de Guinea | ||
Liga | 2ªB – Grupo 2 | ||
2015–16 | 8.º | ||
Na rede | |||
http://www.arenasclub.com | |||
| |||
Foi un dos equipos máis importantes do fútbol español durante o primeiro terzo do século XX cando gañou 1 Copa do Rei en 1919 e 3 subcampionatos en 1917, 1925 e 1927. Ademais, xogou 7 tempadas consecutivas en Primeira División.
As primeiras manifestacións de fútbol na cidade datan do 1901, pero non foi ata o 1909 cando se fundou o Arenas Football Club. O ano 1912 pasou a denominarse Arenas Club e o 1917 adoptou a denominación definitiva de Arenas Club de Getxo.
O club destacou principalmente ao primeiro terzo de século XX. Estableceu unha forte rivalidade coa Athletic Club de Bilbao. Non foi ata o 1917 que conseguiu vencer no Campionato Norte vencendo o resto de equipos vascos. Este mesmo ano foi finalista da Copa de España pero foi derrotado polo Madrid na final disputada en Barcelona. Dous anos máis tarde gañou o campionato de Biscaia e proclamouse campión de Copa ao vencer ó Barça na final o 18 de maio de 1919 ao estadio Martínez Campos de Madrid cun marcador final de 5-2. A aliñación do equipo foi Jáuregui; Vallana, Careaga; Uriarte, Arruza, José María Peña; Ibaibarriaga, Pagaza, Sesúmaga, Barturen e Florencio Peña. O club aínda foi dous veces máis finalista de Copa os anos 1925 e 1927.
O ano 1928 o Arenas foi un dos 10 equipos seleccionados para disputar a primeira liga española, na que rematou quinto. A seguinte tempada, a 1929-30, rematou terceiro, a súa mellor clasificación. Aqueles anos o fútbol empezou a profesionalizarse e o Arenas empezou a perder importancia. Rematou 10º e último a tempada 1933-34, pero a ampliación da categoría a 12 equipos salvárono do descenso. A seguinte campaña rematou 12º e perdeu a categoría, que nunca máis volveu recuperar. En total xogou 7 tempadas na Primeira División. O seu último grande éxito foi a vitoria na Copa Vasca da tempada 1935-36.
O ano 1944 baixou a Terceira División. Só volveu subir a Segunda B na tempada 1979-80.
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
1928/29 | 1ª | 5º |
1929/30 | 1ª | 3º |
1930/31 | 1ª | 5º |
1931/32 | 1ª | 5º |
1932/33 | 1ª | 7º |
1933/34 | 1ª | 10º |
1934/35 | 1ª | 12º |
1935/36 | 2ª | 2º |
1939/40 | 2ª | 7º |
1940/41 | 2ª | 8º |
1941/42 | 2ª | 7º |
1942/43 | 2ª | 4º |
1943/44 | 2ª | 12º |
1944/45 | 3ª | 2º |
1945/46 | 3ª | 1º |
1946/47 | 3ª | 1º |
1947/48 | 3ª | 8º |
1948/49 | 3ª | 13º |
1949/50 | 3ª | 3º |
1950/51 | 3ª | 10º |
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
1951/52 | 3ª | 16º |
1952/53 | 3ª | 10º |
1953/54 | 3ª | 3º |
1954/55 | 3ª | 9º |
1955/56 | 3ª | 4º |
1956/57 | 3ª | 4º |
1957/58 | 3ª | 4º |
1958/59 | 3ª | 7º |
1959/60 | 3ª | 1º |
1960/61 | 3ª | 3º |
1961/62 | 3ª | 3º |
1962/63 | 3ª | 2º |
1963/64 | 3ª | 3º |
1964/65 | 3ª | 5º |
1965/66 | 3ª | 9º |
1966/67 | 3ª | 6º |
1967/68 | 3ª | 7º |
1968/69 | 3ª | 15º |
1969/70 | 3ª | 15º |
de 70-71 | Rexional | — |
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
a 75-76 | Rexional | — |
1976/77 | 3ª | 13º |
1977/78 | 3ª | 13º |
1978/79 | 3ª | 2º |
1979/80 | 2ªB | 18º |
1980/81 | 3ª | 2º |
1981/82 | 3ª | 18º |
1982/83 | Rexional | — |
1983/84 | 3ª | 6º |
1984/85 | 3ª | 11º |
1985/86 | 3ª | 13º |
1986/87 | 3ª | 12º |
1987/88 | 3ª | 13º |
1988/89 | 3ª | 14º |
1989/90 | 3ª | 17º |
1990/91 | 3ª | 10º |
1991/92 | 3ª | 8º |
1992/93 | 3ª | 8º |
1993/94 | 3ª | 6º |
1994/95 | 3ª | 19º |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.