Pobo altai
pobo nativo siberiano From Wikipedia, the free encyclopedia
pobo nativo siberiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Os altais (en altai: Алтай-кижи; Altai kizhi) son un pobo nativo de Siberia, que habitan na República de Altai (68 814 habitantes), onde constitúen o 31% da poboación,[2] e no Krai de Altai (1 763 habitantes), segundo o censo de 2010.
Pobo altai | |
---|---|
Xinete altai. | |
Poboación | |
Poboación total: 74 238 (2010)[1] | |
Rexións principais: | |
República de Altai | 68 814 (2010) |
Krai de Altai | 1 763 (2010) |
Aspectos culturais | |
Lingua | altai e ruso |
Relixión | Xamanismo Cristianismo ortodoxo Burkhanismo |
Grupos relacionados | Teleutas, Telengit, Tubalar, Calmucos |
Falan as linguas altai, unhas linguas da familia turca.
Os altais comprenden dous grupos étnicos:
Os altais do norte e do sur formáronse na rexión das montañas Altai sobre a base de tribos Kimek-Kipchaks.[3][4]
Segundo un estudo recente (2016), os altais, especialmente os do sur, son descendentes do pobo ienisei e están moi relacionados con grupos paleoesquimós.[5]
Os altais eran orixinariamente nómades, cun estilo de vida baseado na caza e o pastoreo (gando vacún, ovellas, cabras), pero moitos sedentarizáronse como resultado da influencia rusa.
A alimentación común e tradicional está baseada no consumo de carne e lácteos. Os altáis procesan o leite agre, e fabrican kumis, callda e queixos. Tamén acostuman comer avea, cebada e algúns tubérculos silvestres.
Vivían tradicioinalmente en pequenas aldeas dispersas, onde había varias vivendas, levantadas a unha considerábel distancia unhas das outras. Habitaban en iurtas cónicas levantadas con troncos e cascas.
Tradicionalmente eran grupos tribais descentralizados, cada un dos cales estaba dividido en clans patrilineais exógamos, chamados seok (ósos).
Segundo as crenzas tradicionais, o mundo estaba controlado por un conxunto de espíritos bos e malos, comandados por dúas deidades principais e opostas: por unha parte, Ulgen, o bo creador do mundo e protector da xente e, por outra, Erlik, o malvado señor do inframundo. A ambos sacrificábanse cabalos, cuxa carne era comida polos participantes na cerimonia, mentres que a pel se estiraba nun poste e se deixaba no lugar do sacrificio. Concedíase grande importancia á oración pública. Oraban ao ceo, ás montañas, á auga, ao lume e á árbore sagrada, o bidueiro. Tamén se practicaba o culto ao Tësei, no que os membros da familia e o clan se consideran as súas imaxes, e rezaban para apacigualo.
As cerimonias presididas polo xamán, ou kama, ralizábanse ao son do tambor sagrado, tocado cun mazo especial. A pel do tambor representaba a imaxe do universo e as criaturas viventes. O mazo era considerado como o espírito do instrumento principal, que representaba a figura humana.
A partir do século XIX moitos altais ingresaron na Igrexa ortodoxa rusa. Desde 1904, comezou a extenderse entre os altais o Ak Jang ou burkhanismo (da palabra mongol, "Burkhan" = "Buda"), un movemento relixioso baseado no xamanismo, en combinación con elementos do cristianismo e do budismo tibetano-mongol.[6]
Os altais foron anexionados polos Catro Oirates dos mongois occidentais no século XVI. Os mongois chamáronos "Telengid" ou "Telengid aimag" no período da dinastía Yuan do Norte. Despois da caída do khanato de Zungaria no século XVIII, os altais foron subxugados pola dinastía Qing. Nesta corte referíase a eles como "Altan Nuur Uriyangkhai".[7] Pero os altais non están relacionados xeneticamente cos Uriyangkhai, que é un grupo étnico oirate-mongol veciño en Mongolia.
Os altais entraron en contacto cos rusos no século XVIII. No período do imperio Ruso os altai eran coñecidos como oirots ou oyrots (este nome significa oirates); despois foron incluídos no óblast autónomo de Gorno-Altai. Os altais relatan que moitos deles volvéronse adictos ao vodka dos rusos, que chamaron "auga de fogo".[8]
Antes de 1917 os altais estaban considerados como un pobo composto por numerosos grupos étnicos diferentes.[9]
Co ascenso da revolución rusa de 1917, os altais intentaron facer da súa rexión unha república burkhanista separada chamada Oyrot. O seu apoio aos menxeviques durante a Guerra Civil Rusa levou ao colapso desta república tras a vitoria dos bolxeviques, e o posterior ascenso de Stalin. Na década de 1940, durante a segunda guerra mundial, cando Stalin levou a cabo numerosas purgas, o seu goberno acusou aos altais de seren pro-xaponeses. A palabra "oyrot" foi declarada contrarrevolucionaria. En 1950, a política de desenvolvemento da industrialización na Unión Soviética (1927-1953) deu lugar a unha importante migración de rusos a esta república, reducindo a proporción dos altais na poboación total do 50 % ao 20 %.[10] Nos inicios do século XXI, os altais étnicos representan aproximadamente o 31 % da poboación da república de Altai.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.