From Wikipedia, the free encyclopedia
Buda (sánscrito-devanagari: बुद्ध, O Desperto, O Iluminado, que vén do radical "Budh", Despertar) é un título dado no budismo a aqueles que espertaron plenamente para a verdadeira natureza dos fenómenos e se puxeron a divulgar tal descubrimento aos demais seres. "A verdadeira natureza dos fenómenos" aquí quere dicir o entendemento de que todos os fenómenos son impermanentes, insatisfactorios e impersoais. Tornándose consciente desas características da realidade, sería posible vivir de maneira plena, libre dos condicionamentos mentais que causan a insatisfacción, o descontento, o sufrimento.
Dende o punto de vista da doutrina budista clásica, a palabra "Buda" denota non só un mestre relixioso que viviu nunha época en particular, mais toda unha categoría de seres iluminados que alcanzaron tal realización espiritual. Pódese facer unha analoxía coa designación "Presidente da República" que se refire non só a un home, senón a todos aqueles que sucesivamente ocuparon o cargo. As escrituras budistas tradicionais mencionan polo menos 24 Budas que xurdiron no pasado, en épocas diferentes.
O budismo recoñece tres tipos de Buda, de entre os cales o termo Buda é normalmente reservado para o primeiro tipo, o Samyaksan-buddha (Pali: Samma-Sambuddha). A realización do Nirvana é exactamente a mesma, mais un Samyaksan-buddha expresa máis calidades e capacidades que as outras dúas.
Actualmente, as referencias ao Buda refírense en xeral a Siddhartha Gautama, mestre relixioso e fundador do Budismo no século VI antes de Cristo. El sería, polo tanto, o último Buda dunha liñaxe de antecesores cuxa historia se perdeu no tempo.
Existe unha pasaxe nas escrituras [Anguttara Nikaya (II, 37)], e que é frecuentemente interpretada de maneira superficial, na cal o Buddha nega ser algunha forma de ser sobrenatural, mais esclarece:
Con iso el rexeitaba calquera posibilidade de ser tomado como un Deus, mais reafirmaba a característica transcendente da súa vivencia espiritual e do camiño de liberación que ofrecía para os demais seres. Nese sentido, o Buddha exerceu un papel importante de democratización da relixión que, ata entón, estaba suxeita ao arbitrio da casta dos brahmanas.
Para Siddhartha Gautama non hai intermediario entre a humanidade e o divino; os deuses distantes tamén están suxeitos ao karma nos seus paraísos impermanentes. Buda é apenas un exemplo, guía e mestre para os seres senscientes que deben trillar o camiño por si mesmos.
De entre as relixións mundiais, a maioría das cales proclama a existencia dun Deus creador, o Budismo é considerado particular por ser unha relixión non-teísta. Para o Buda, a chave para a liberación é a pureza mental e a comprensión correcta, e por ese motivo el rexeitou a noción de que se conquistase a salvación implorando a unha deidade distante.
De acordo co Buda Gautama, a felicidade Desperta do Nirvana que el atinxiu, está ao alcance de todos os seres. Non obstante, na visión ortodoxa é necesario ter nacido como un ser humano. No Tipitaka - as escrituras budistas máis antigas - fálase dos numerosos Budas do pasado e as súas vidas, ben como sobre o próximo Bodhisatva, que é chamado Maitreya.
Os Budas represéntanse frecuentemente en estatuas. Algunhas formas comúns inclúen:
A maior parte das representacións de Buda conteñen certas marcas que simbolizan a súa Iluminación. Esas marcas varían de acordo coa rexión, mais destacan tres:
A Galicitas posúe citas sobre: Buda |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Buda |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.