From Wikipedia, the free encyclopedia
A iurta[1] (en mongol: Гэр; romanización: ger)[2] é unha vivenda utilizada polos nómades nas estepas de Asia Central. Distintos pobos usaron este tipo de vivenda desde a Idade Media. Na Idade Media, a vida nómade dos mongois obrigou a que tivesen unha vivenda para os seus constantes desprazamentos. Esta tenda de campaña estaba protexida por unha grosa cuberta, era fácil de transportar e óptima para soportar os intensos cambios climáticos de Mongolia.
A artesanía tradicional do ger mongol e os costumes conexos | |
---|---|
Unha iurta ou ger mongol. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Mongolia |
Localización | N/D |
Tipo | Cultural inmaterial |
Criterios | Criterios |
Inscrición | 2013 |
Rexión da UNESCO | Asia e Pacífico |
Identificador | 00872 |
Coñecementos e técnicas tradicionais vencellados á fabricación de iurtas, kirguises e kazajas (hábitat nómade dos pobos túrcos) | |
---|---|
Iurta tradicional kirguís. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Kirguizistán Casaquistán |
Localización | N/D |
Tipo | Cultural inmaterial |
Criterios | Criterios |
Inscrición | 2014 |
Rexión da UNESCO | Asia e Pacífico |
Identificador | 00998 |
A visita a unha iurta implicaba un rigoroso ritual protocolario. Podíase executar unha persoa polo só feito de entrar na iurta dun mandatario sen anunciar previamente a súa visita.
A súa influencia na cultura de Asia Central vese reflectida nos deseños do escudo de Casaquistán e a bandeira de Kirguizistán, ambos adoptados en 1992.
A artesanía tradicional relativa á iurta mongol foi designada como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola Unesco o 5 de decembro de 2013.[3] Ao ano seguinte, o 26 de novembro de 2014, igualmente foi designada a artesanía da iurta kirguiz e kazaka.[4]
Na antigüidade, a iurta era modular e desmontable, pois estaba formada por varias partes e realizada con diversos materiais. As actuais conservan a forma, pero os materiais utilizados na súa construción cambiáronse por outros máis evolucionados e mellorados tecnoloxicamente. Por exemplo, resultan agora máis lixeiros, resistentes e ignífugos. As súas partes máis diferenciadas eran:
Fóra da zona de uso tradicional da iurta, tamén se empregou, e séguese facendo na actualidade,[cando?] noutros países.[onde?] Hainas máis ou menos fieis ás orixinais, en canto á forma, usos e materiais de construción.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.