líquido natural que se atopa en formacións consistentes en hidrocarburos From Wikipedia, the free encyclopedia
O petróleo (do latín petra, pedra + oleum, aceite), tamén chamado cru de petróleo, é un líquido natural que se atopa en formacións na Terra consistindo nunha complexa mestura de compostos orgánicos, maiormente hidrocarburos. Os outros constituíntes son compostos orgánicos contendo elementos químicos como nitróxeno, xofre, osíxeno (chamados xenericamente de compostos NSO) e metais, principalmente níquel e vanadio.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Petróleo |
O petróleo en estado líquido é unha substancia oleosa, inflamábel, xeralmente menos densa que a auga, cun cheiro característico e coloración que pode variar desde o incoloro ou castaño claro ata o negro, pasando por verde e marrón.
O petróleo é un recurso natural non renovábel, e tamén actualmente a principal fonte de enerxía. Del extráense variados produtos, sendo os principais bencinas, óleo diésel, gasolina, alcatrán e polímeros plásticos.
O petróleo, debido á súa importancia económica e estratéxica, é a principal fonte de renda de moitos países, especialmente no Oriente Medio) e leva xa provocado moitas guerras.
O petróleo é o produto da compresión e quecemento da materia orgánica depositada xunto cos sedimentos. O soterramento progresivo e consecuente subsidencia desa materia orgánica depositada xuntamente cos sedimentos mariños ou lacustres produce a compactación e formación dunha rocha chamada rocha xeradora. A materia orgánica, en estado sólido, presente na rocha xeradora é chamada queróxeno. Co incremento de temperatura, as moléculas do queróxeno comezan a ser quebradas, xerando compostos orgánicos líquidos e gasosos, nun proceso denominado cataxénese. Para que exista unha acumulación de petróleo é necesario que, despois do proceso de xeración, ocorra a migración do óleo e/ou gas a través das camadas de rochas adxacentes, ata atopar unha rocha selante e unha estrutura xeolóxica que deteña o seu paso, baixo a cal ocorrerá a acumulación do óleo e/ou gas nunha rocha porosa e permeábel chamada rocha reserva. Se ben esta teoría foi obxecto de moitas discusións no pasado e que aínda continúan na actualidade, segue a ser a de maior aceptación pola comunidade científica occidental.
O petróleo é unha mestura de hidrocarburos primordiais de grande estabilidade termodinámica, formados a altas presións e temperaturas no manto da terra. Gases primordiais como metano, helio e nitróxeno conducen o petróleo para niveis máis superficiais, aloxándose en espazos porosos, sobre todo en rochas sedimentares, constituíndo os reservatorios. Os hidrocarburos son excelentes nutrientes para bacterias primitivas que viven no interior da terra. Esas bacterias contaminan o petróleo con moléculas biolóxicas chamadas biomarcadores, alén doutros contaminantes tamén presentes nos sedimentos. Algúns metais, sobre todo níquel e vanadio, mais tamén cadmio, arsénico, chumbo, mercurio, platinoides entre outros tamén están asociados ao petróleo e atestan a orixe mantélica. Polo tanto o petróleo non sería un combustíbel fósil, senón unha substancia orixinalmente inorgánica sobre a cal actúan procesos xeolóxicos posteriormente retraballados por procesos biolóxicos.
Isto ocorre porque as cuncas sedimentarias enchen depresións onde ocorreron fallas profundas asociadas con límites de placas tectónicas (rifts, subdución ou colisión entre dúas placas) comunicando ou estando en proximidade co manto da terra. Algunhas rochas sedimentarias forman bos reservatorios (espazos porosos) e tamén boas rochas selantes capaces de reter o petróleo neses reservatorios. Os reservatorios conéctanse con fallas profundas en sistemas que acada o manto superior, de onde proveñen os hidrocarburos. O petróleo tamén ocorre en rochas do embasamento cristalino, porén a maioría das empresas de petróleo prefire perforar pozos para buscar nas cuncas sedimentarias, onde probabelmente consideran atopar acumulacións comerciais en bos e amplos reservatorios.
A ocorrencia do petróleo atópase relacionada con estruturas xeolóxicas profundas na terra, principalmente sobre límites crustais de placas tectónicas (converxentes como subdución ou colisión continental e límites diverxentes). Tamén pode ocorrer sobre áreas onde houbo impacto de meteorito, sempre que as fallas producidas polo impacto atinxan o manto da terra. Isto obsérvase na distribución dos campos de óleo e gas ao longo dos arcos como na Indonesia, Golfo Pérsico, nos Apeninos, Alasca, Arco de Barbados en continuidade a Trinidad e Tobago e Venezuela; na evolución do grande rift do Atlántico Sur e outras cuncas riftoxénicas.
O petróleo está asociado con grandes estruturas que comunican a cortiza e o manto da terra. Se ben correntes da xeoloxía seguen a considerar que o petróleo pode ser formado a partir de substancias orgánicas procedentes da superficie terrestre (detritos orgánicos), isto hoxe non ten sentido. Os avances obtidos na astronomía e astrofísica, na xeofísica, cálculos termodinámicos, estudos de xeoquímica da cortiza e do manto, estudos oceanográficos entre outros, apuntan consistentemente para unha orixe abioxénica do petróleo.
A aplicación de estudos xeolóxicos na prospección de petróleo inclúe métodos xeofísicos (sísmica, gravimentría, magnetometría, imaxes de satélite etc). O petróleo ou gas son atopados tanto en terra canto no mar, principalmente nas bacías sedimentarias, mais tamén en rochas do embasamento cristalino. Os hidrocarburos ocupan espazos porosos nas rochas, sexan eles entre grans ou fracturas. As rochas reservatorios e selantes son estudadas a través da sedimentoloxía, estratigrafía e paleontoloxía. Son efectuados estudos das potencialidades das estruturas acumuladoras (armadillas ou trapas).
Durante a perforación dun pozo de petróleo, as rochas atravesadas son descritas, procurándose a ocorrencia de indicios de hidrocarburos. Logo despois da perforación son investigadas as propiedades radioactivas, eléctricas, magnéticas e elásticas das rochas da parede do pozo a través de ferramentas especiais (perfilaxe) as cales permiten tamén identificar e avalar a ocorrencia de hidrocarburos.
O petróleo non se utiliza bruto, senón que se separan os seus distintos compoñentes, cada un destes produtos pode ter diferentes usos. A separación dos ditos compoñentes realízase mediante destilación, proceso mediante o cal se obteñen novas mesturas de hidrocarburos, cunha gama de puntos de ebulición máis limitada que o petróleo orixinal. Deste xeito, o petróleo divídese en diferentes fraccións:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.