Rift
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os rifts son fosas tectónicas alongadas onde a cortiza terrestre está a sufrir diverxencia e distensións, produto da separación de placas tectónicas. Se o rift está activo, a tectónica pode producir sismos e vulcanismo recorrente. Os rifts poden ter dimensións de centenares a miles de quilómetros de lonxitude.[1]

Os rifts máis importantes son os rifts mediooceánicos que se localizan na liña mediana das dorsais mediooceánicas definindo límites diverxentes de placa; é unha excepción o Gran Val do Rift, que se acha en África Oriental, e que está a fracturar e dividir a placa africana.

Os rifts mediooceánicos, son límites construtivos entre placas tectónicas no eixo das dorsais oceánicas, onde o ascenso de magma provoca un levantamento da cortiza continental creando un desprazamento na superficie. Desta forma pódense orixinar novos océanos, segundo a teoría da expansión do fondo oceánico, o que implica a separación de ambas masas (tectónica de placas) facendo que ambas se despracen en sentidos opostos e provocando unha ruptura continental que co tempo poden formar límites destrutivos (fosas no mar), xerando así procesos de subducción.[2]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.