numismático alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Peter L. Berghaus, nado o 20 de novembro de 1919 en Hamburgo e finado o 16 de novembro 2012 en Münster, foi un numismático alemán, especialista en moeda medieval e fundador da chamada "Escola numismática de Hamburgo" (Hamburger Schule).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de novembro de 1919. Hamburgo, Alemaña |
Morte | 16 de novembro de 2012 (92 anos) Münster. Renania do Norte-Westfalia Alemaña |
País de nacionalidade | Alemá |
Educación | Universidade de Hamburgo. |
Q89547790 | Fundador da Hamburger Schule. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático |
Membro de | |
Influencias | |
Influencias en | |
Familia | |
Cónxuxe | Inge Berghaus. |
Premios | |
- (1974): Premio de honra da GIG. - 1979: Medalla Elias Brenner (SNF). - (1979): Medalla da RNS. - (1984): Medalla Huntington (ANS). - (2004): Eligiuspreis (DNG). | |
Lista
|
Berghaus foi o máis novo de catro irmáns e quedou orfo de pai e nai na súa xuventude. Desde moi novo sentiu atracción polo coleccionismo de moedas e con 18 anos ingresou na Asociación de Amigos da Moeda da súa cidade.[1]
Berghaus cursou a súa educación secundaria no Gelehrtenschule des Johanneums de Hamburgo, caracterizado pola súa formación humanística, e alí formouse nas linguas latina e grega.[2]
De camiño participou como solado na segunda guerra mundial, en diferentes países europeos.[1][2]
Finalizada a guerra, Berghaus cursou os estudos superiores de Historia, Folclore e Historia da Arte na súa cidade natal. Posteriormente acadou o seu doutoramento na Universidade de Hamburgo cunha tese dirixida polo seu profesor de Numismática, Walter Hävernick, e por Hermann Aubin, acerca das fronteiras monetarias medievais na rexión do Alto Weser.[1][3] Este estudo, publicado en 1951, considérase como o primeiro traballo académico da Escola Numismática de Hamburgo.[4]
A partir de 1950 comezou a traballar no gabinete numismático do Museo Estatal de Arte e Historia Cultural de Westfalia, no que inicialmente se encargou da organización do departamento de Historia Local. En 1972 foi nomeado subdirector do museo e, desde 1977 ata a súa xubilación en 1984, desempeñou o cargo de director.[1][4][5]
En 1954, Berghaus foi elixido membro da Comisión Histórica de Westfalia, e en 2006 pasou a ser membro correspondente. En 1967 fundou a Sociedade Alemá de Amigos da Medalla, xunto con Georg Wimmelmann e Otto Marzinek.[5][6] Entre 1973 e 1986 formou parte do comité directivo da Comisión Internacional de Numismática, da que chegou a ser vicepresidente en 1979.[7] Ademais, entre 1972 e 1992 foi vicepresidente da Sociedade Numismática Alemá.[1][5]
Berghaus foi profesor de Numismática desde 1955 na Universidade de Münster e en 1961 outorgóuselle a condición de profesor honorario.[8]
A participación de Berghaus foi indispensable no proceso de identificación de moedas de procedencia alemá nos achados monetarios suecos do período viquingo, en 1950, xunto con Vera Hatz e Gert Hatz.
Os estudos de Berghaus supoñen unha contribución importante á numismática medieval, cun particular interese na época viquinga, na zona de Westfalia e, nunha primeira etapa, na historia das investigacións numismáticas. A el débeselle a introdución da técnica da comparación dos cuños nos estudos de numismática medieval, que xa fora utilizado con aterioridade para a moeda antiga por investigadores como F. Imhoof-Blumer ou Kurt Regling.[9]
Por outra banda, á marxe do ámbito numismático, desde 1962 foi un dos membros fundadores do Rotary Club de Münster-St. Mauritz, desde o que, a partir de 1970, se desenvolveron proxectos para o desenvolvemento da India.[1][5]
Esta é unha escolma dalgunhas das monografías máis salientables publicadas por Berghaus ao longo da súa traxectoria académica:[15][16]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.