Pazo de Cadaval
construción civil en Grolos, Nigrán From Wikipedia, the free encyclopedia
construción civil en Grolos, Nigrán From Wikipedia, the free encyclopedia
O Pazo de Cadaval, ou Pazo de Urzáiz-Cadaval ou viceversa, sitúase no lugar de Grolos, no concello de Nigrán. Xa no século XIV existía esta construción que en diversas partes da casa presenta escudos e brasóns dos Cadaval, Figueroa, Ozores, Montenegro, Ceta, Correa e Urzáiz. Declarado Ben de Interese Cultural en 2006[1] o seu estado de conservación é moi bo.
Pazo de Cadaval | |
---|---|
Concello | Nigrán |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 42°08′51″N 8°47′59″O |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | medieval (século XIV) |
Estilo actual | barroco (século XVII) |
Estado actual | en bo estado |
Véxase tamén | |
Pazos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Con respecto á orixe cítase unha casa pertencente a Vasco Gómez de Cadaval, tenente xeneral do exército do bispado de Tui no XIV, partidario de Pedro I na guerra con Henrique de Trastámara. Porén, as estruturas actuais son do XVII. Fundouno Basquida García de Ceta[2], viúva de Pedro de Cadaval e Valadares, o 9 de xuño de 1608.
O apelido de Urzáiz, liñaxe de orixe navarra, foi engadido en 1883 ó casar Adela Cadaval Muñoz, señora do pazo, con Ángel Urzáiz Cuesta, que sería Ministro de Facenda con Afonso XIII. O fillo home Joaquín Urzáiz Cadaval, Ministro de Estado na Segunda República Española, que casou en segundas nupcias con Purificación de Benito Quevedo,[3] foi o seguinte titular. A continuación foino a súa filla M.ª Dolores Urzáiz Benito Cadaval, que casou co doutor Fernando Caicoya de Rato. O actual propietario, Ángel Caicoya de Urzáiz, director médico de Adeslas,[4] é descendente desa parella.
Recentemente emprégase para a celebración de casamentos, banquetes e outros actos, xestionado por unha empresa de hostalería.[5]
Conforman o edificio unha cruxía alongada (a parte máis antiga do pazo) que se une polo costado dereito ao corpo principal, con planta de tres corpos, un central e dous que se adiantan, situándose entre eles a escalinata principal balaustrada exenta, construída en 1668 segundo a inscrición enriba da porta,[6] así como o patín que se bifurca ante a porta de entrada.
A esta fachada principal do XVII únese tamén polo seu costado dereito unha torre de cantería rematada por ameas, de principios do século XIX, aínda que reconstruída seguindo ós antigos debuxos nos que aparece a casa coa torre.
O pazo dispón de 50.000 metros cadrados de xardíns, incluíndo palmeiras, dúas flanqueando a porta, faias, carballos e acacias.
Integran tamén o conxunto:
O conxunto axardinado comprende catro recintos entre os que sobresae o xardín sur, tanto pola súa maior extensión como pola súa antigüidade (mediados do século XIX), así como pola orixinalidade da súa traza.
O pazo foi construído en distintas fases, sufrindo reformas, modificacións e ampliacións ata a configuración actual. Por exemplo, os balcóns laterais son de 1900 e ca. 1945. A fachada posterior foi remodelada por Jenaro de la Fuente, que engadiu unha nova escalinata.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.