Ángel Urzaiz Cuesta, nado en El Puerto de Santa María (provincia de Cádiz) o 21 de febreiro de 1856 e finado en Madrid o 1 de maio de 1926, foi un avogado, xornalista e político español, foi ministro de Facenda durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena e durante o reinado de Afonso XIII.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ángel Urzáiz y Cuesta 21 de febreiro de 1856 El Puerto de Santa María, España |
Morte | 1 de maio de 1926 (70 anos) Madrid, España |
Senador de España | |
1923 – 1926 | |
Ministro de Economía | |
1915 – 1916 | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Gobernador civil | |
Gobernador civil de Córdoba | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Central |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, avogado, xornalista |
Partido político | Partido Liberal Fusionista |
Familia | |
Fillos | Joaquín Urzáiz Cadaval |
Traxectoria
Fillo de Antonio Urzaiz Castro, brigadier da Armada e secretario do Rei e Mª Dolores de la Cuesta y Nuñez.
Licenciado en Dereito pola Universidade Central de Madrid, colaboraba como xornalista en El Correo, Los Debates e a Revista de España. Inicia a súa carreira política como deputado por Vigo nas eleccións de 1881. Nas eleccións de 1884 non logra o escano por Vigo, pero en 1886 resulta elixido polo distrito de Lalín nunha elección parcial pola renuncia como deputado de Antonio Aguilar Correa, volvendo ser elixido por Lalín en 1888. A partir de 1893 volveu ser deputado polo distrito de Vigo en todas as eleccións celebradas ata 1920. En 1922 accedeu ao Senado como senador vitalicio.
Casou en maio de 1883 con Adela Cadaval Muñoz, señora do pazo de Cadaval de Nigrán, coa que tivo dous fillos: Elodia e Joaquín Urzaiz Cadaval.
Foi Subsecretario de Gobernación en 1887, Gobernador civil de Córdoba e Intendente en Cuba ata a perda da colonia en 1898, logo do seu regreso a España foi ministro de Facenda entre o 6 de marzo de 1901 e o 19 de marzo de 1902 nun gabinete Sagasta. Posteriormente, entre o 23 de xuño e o 18 de xullo de 1905, asumiu novamente a carteira de Facenda nun goberno que presidiu Eugenio Montero Ríos véndose obrigado a dimitir pola concesión duns créditos destinados a paliar a crise económica de Andalucía. Finalmente volveu dirixir o Ministerio de Facenda entre o 9 de decembro de 1915 e o 25 de febreiro de 1916 nun gabinete Romanones.
En 1908 fundou o xornal liberal La Voz de Vigo.
Rueiro co seu nome
Ángel Urzaiz conta cunha céntrica rúa viguesa co seu nome, un dos eixes da cidade. Tamén, cunha praza en Gondomar e con outra rúa en El Puerto de Santa María. Á rúa viguesa déuselle ese nome a finais do século XIX, aínda que entre 1937 e 1979 mudou o nome para rúa de José Antonio.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ángel Urzaiz |
Bibliografía
- Enciclopedia Universal Ilustrada Europeo-Americana (en castelán) LXV. Bilbao, Madrid, Barcelona: Espasa-Calpe. 1929. ISBN 8423945650.
- "Urzáiz Cuesta, Ángel". Diccionario enciclopédico galego universal 58. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 95. ISBN 84-7680-429-6.
- "Urzáiz Cuesta, Ángel". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Ministros y ministras de Hacienda: de 1700 a 2021 (PDF) (en castelán). Ministerio de Hacienda y Función Pública. 2021. pp. 296–297. ISBN 978-84-476-1105-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 430.
- Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Caixanova, Faro de Vigo e Alcaldía de Vigo. p. 128. VG 955-2010.
- Peña Guerrero, María Antonia (1998). Clientelismo político y poderes periféricos durante la Restauración Huelva (1874-1923) (en castelán). Universidad de Huelva. ISBN 84-95089-17-3.
Ligazóns externas
- Rodríguez Fdez.-Broullón, Rafael (2006). "El pazo de Cadaval-Urzáiz, en Nigrán" pp. 191-210. Revista de Estudios Provinciais n.º 21. Deputación de Pontevedra (en castelán).
Predecesor: Manuel Allendesalazar Muñoz Antonio García Alix Gabino Bugallal |
Ministro de Facenda 1901 - 1902 1905 1915 - 1916 |
Sucesor: Tirso Rodrigáñez y Sagasta José Echegaray Miguel Villanueva Gómez |
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.