From Wikipedia, the free encyclopedia
Espasa-Calpe foi unha editorial española que existiu durante boa parte do século XX.
Espasa-Calpe | |
---|---|
Tipo | editorial |
Data de fundación | 1926 |
Sede | Madrid |
País | España |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Naceu en 1925 da unión de dúas editoriais:[1] Calpe, fundada en 1918 por Nicolás María de Urgoiti,[2] e Espasa, fundada en 1860 por Pablo e José Espasa Anguera.[3]
A empresa xurdida da fusión, denominada Espasa-Calpe, quedou baixo o control da compañía Papelera Española,[4][5] e no seu momento constituíu unha das empresas editoriais máis importantes da época.[6] A nova editorial contou ademais cun ventaxoso contrato de subministración coa Papelera.[7] Ademais, Calpe comprometeuse a continuar a produción da famosa Enciclopedia «Espasa»,[1] e tamén a súa distribución. Espasa-Calpe abriu en Madrid unha importante librería, a Casa del Libro, situada en plena Gran Vía.[7] Continuou coa produción da agora denominada Enciclopedia Espasa-Calpe.[8] Ademais, ampliou as súas operacións cara a América do Sur, establecendo unha sede na capital arxentina, Buenos Aires.[9] Desde alí estendeu o seu mercado a outros países, como Chile, Uruguai, Perú, México ou Cuba.[9]
En 1984 a editorial instituíu o Premio Espasa-Calpe de Ensaio, de carácter anual, que segue entregándose hoxe en día.
Espasa-Calpe continuu existindo ata que en 1991 foi adquirida polo Grupo Planeta, que pagou por ela a cifra de 15.000 millóns de pesetas da época.[10] Desde entón pasou a formar parte do grupo Planeta,[11] aínda que mantendo a súa identidade como editorial «Espasa».
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.