Remove ads
construción civil en Grolos, Nigrán From Wikipedia, the free encyclopedia
O Pazo de Cea, é unha casa señorial que se atopa no lugar de Grolos, no concello pontevedrés de Nigrán. Trátase dunha propiedade privada reconvertida en restaurante, hotel rural e lugar para realización de eventos coma reunións ou casamentos. Considérase monumento histórico artístico e ben de interese cultural[1].
Pazo de Cea | |
---|---|
Concello | Nigrán |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 42°08′55″N 8°47′59″O |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | moderno (século XVI) |
Estilo actual | (s. XVI, con reformas no XIX ) |
Estado actual | en bo estado |
Véxase tamén | |
Pazos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trátase dun pazo tipicamente galego con influencias portuguesas, con muros en cachotaría de granito con perpiaño de cantaría en esquinais, coa planta en forma de "L". Na esquina interior conta cunha escalinata que desemboca nunha solaina con balaústres de granito sobre soportal de arcos de volta perfecta. O resto da fachada é simple, con ocos sinxelos, agás un balcón sostido con grandes canzorros.
É de salientar o impresionante portón de pedra, cun muro rematado por ameas, portas alinteladas entre pilastras e alto copete rematado por pináculos; ademais ten tres escudos e a inscrición Fíxose por D. Bernardo de Cea Añel e Romay ano 1813.
Conta ademais cunha capela acaroada ao portón, un pombal, unha fonte brasonada e un gran canastro. É de salientar o xardín[1].
Para habilitar o edificio ao uso actual construíuse un moderno pavillón na parte traseira.
O pazo ergueuse no último terzo do século XVI polo abade da antiga freguesía de Nigrán, Joan de Cea. A historia non é aínda moi coñecida, pero pénsase que foi a familia Cea, familia do abade e relacionada con importantes liñaxes galegas (Romai, Añel, Gándara, Mariño ou Troncoso), a herdeira do pazo. Tivo un papel decisivo na historia do concello nos séculos XVII e XVIII. A diferenza do uso común dos pazos galegos como centro de explotacións agrícolas, o Pazo de Cea sempre foi unha mansión residencial. Sufriu varias reformas, a maior en 1813 por Bernardo de Cea. Dende aquela a familia Cea morou no pazo, aínda que é de salientar que nos seus últimos días de residencia privada (finais do século XX), habitou nel a escritora de orixe galega Elena Quiroga. Despois quedou abandonado até que en 2011 foi mercado para uso hostaleiro[2].
En 2011 a empresa Organiza Nigrán S.L. restaurou e rehabilitou o pazo coma lugar de celebración de todo tipo eventos, como vodas ou actos empresariais. Foi inaugurado en 2012. Ademais conta cun restaurante aberto ao público levado por Casa Solla, que conta cunha estrela Michelin dende o ano 1980.[3]
Con todo, a leira está aberta ao turismo, e o propio pazo organiza visitas guiadas. O xardín da quinta mide 4,4 hectáreas[4].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.