Patricio "Pato" Garino Gullotta, nado o 17 de maio de 1993 en Mar del Plata, é un xogador arxentino de baloncesto profesional que xoga no Baloncesto Fuenlabrada da Liga LEB Ouro.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar

Traxectoria

Tras non ser escollido no Draft da NBA de 2016, Garino uniuse ós Orlando Magic para a Liga de Verán da NBA de 2016.[1] O 29 de xullo de 2016, Garino asinou cos San Antonio Spurs, pero foi cortado o 22 de outubro tras participar en catro encontros de pretempada. Sete días máis tarde, Garino asinou cos Austin Spurs, afiliado de San Antonio na NBA D-League.[2] O 3 de abril de 2017, Garino asinou cos Orlando Magic. Fixo o seu debut na NBA o día seguinte, na derrota dos Magic por 122–102 contra os Cleveland Cavaliers.[3] O 1 de agosto de 2017, foi cortado polos Magic.[4] O 1 de setembro de 2017, Garino asinou un contrato por tres tempadas co Saski Baskonia da Liga ACB.[5]

O 22 de xullo de 2020, Garino asinou co BC Žalgiris Kaunas lituano.[6] O 7 de xullo de 2021, Garino e o Žalgiris separaron os seus camiños.[7] O 18 de agosto de 2021, Garino asinou co Nanterre 92 da LNB Pro A.[8] O 27 de xaneiro de 2022, Garino deixou o conxunto francés.[9] O 16 de xullo de 2022, Garino asinou por unha tempada co Bàsquet Girona da Liga ACB.[10]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.