From Wikipedia, the free encyclopedia
O pastafarismo ou relixión do Monstro de Espaguete Voador (do idioma inglés: Flying Spaghetti Monster (FSM), neoloxismo derivado de pasta e rastafarismo), é unha parodia de relixión,[1][2][3] que xurdiu a xeito de campaña de protesta social nos Estados Unidos de América para denunciar e opoñerse á difusión da hipótese do deseño intelixente, impulsada por sectores políticos e relixiosos conservadores durante os mandatos do Presidente George W. Bush, e ás correntes de opinión que pretendían a súa equiparación con teorías aceptadas pola comunidade científica, como a da evolución.
Suxeriuse que "Crenzas do pastafarismo" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
PASTAFARISMO | |
Fundador: | Bobby Henderson |
Deidade: | Monstro de Espaguete Voador (Flying Spaguetti Monster, Monesvoa en galego) |
Texto sagrado: | Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador |
Os principios do pastafarismo ideounos Bobby Henderson, licenciado en física pola Universidade estatal de Oregón, para protestar mediante a sátira pola decisión do Consello de Educación do estado de Kansas (Kansas State Board of Education) adoptada a finais de 2005, de permitir a ensinanza do deseño intelixente nas escolas públicas como alternativa da teoría da evolución.[4] Decisión que foi revogada de contado, en agosto de 2006.[5]
Ao igual que o movemento a favor do deseño intelixente, o ideario de Henderson emprega referencias ambiguas a un denominado Deseñador Intelixente non especificado, co fin de evitar os mandatos xudiciais que prohiben o ensino da relixión e o creacionismo nas clases de ciencias dos centros educativos públicos estadounidenses.
A parodia alcanzou certa popularidade grazas á súa difusión polos medios de comunicación, especialmente Internet.
Nos Estados Unidos, onde existe unha separación de Igrexa e Estado, está prohibido ensinar nas escolas públicas a teoría teocéntrica da orixe do universo tal como se predica na Biblia.[6]
En 1999, moitos grupos de presión fundamentalistas cristiáns empezaron a argumentar que o evolucionismo debía ser considerado como unha forma máis de relixión,[7] polo que, para compensar, debería ensinarse tamén o creacionismo nas escolas públicas, como punto de vista alternativo. Ao mesmo tempo, empezou a abandonarse o uso do termo creacionismo en favor do deseño intelixente, nun intento de conxugar filosoficamente as probas da evolución coa creación divina, pero sen aludir a ningunha relixión en concreto.
En 2004 o Consello de Educación do Estado de Kansas ordenou ás escolas estatais que nas clases de bioloxía dedicaran a mesma cantidade de horas lectivas ao deseño intelixente e á teoría da evolución darwiniana, xa que, segundo o seu parecer, ambas as teorías tiñan a mesma validez científica.
En xuño de 2005 Bobby Henderson mandou unha carta aberta[8] protestando pola norma que obrigaba a impartir nas clases o deseño intelixente e a evolución biolóxica en igualdade de condicións, considerando que o primeiro era tan só unha forma encuberta de ensinar o creacionismo na clase de bioloxía sen mencionar de forma explícita a palabra "Deus". Desta maneira, ao non mencionarse unha deidade concreta, respectábase a letra pero burlábase o espírito da lei que prohibe o ensino de calquera relixión nas escolas públicas dos Estados Unidos.
Afirmando falar tanto no seu nome como no doutros dez millóns de cidadáns preocupados, pediu formalmente que a súa sarcástica redución ao absurdo, denominada "pastafarismo", recibira o mesmo trato, e que se ensinara a súa versión do deseño intelixente, e non só a incluída até entón, para que se ensinara tamén como alternativa á teoría da evolución. Así expuxo a súa teoría de que o universo fora creado por unha especie de bóla xigante de espaguetes con albóndegas voadora, á que chamou Monstro do Espaguete Voador (Flying Spaghetti Monster), exixindo que se lle dedicara o mesmo tempo lectivo ao ensino das tres teorías:
"Creo que todos podemos esperar con entusiasmo o momento en que estas tres teorías reciban o mesmo tempo na nosas clases de ciencias por todo o país e, finalmente, do mundo; un terzo do tempo para o Deseño Intelixente, un terzo para o Monstro do Espaguete Voador, e un terzo para as conxecturas lóxicas baseadas nunha abrumadora cantidade de probas observábeis".[8]
Avisou que, de non ser así, "veríanse forzados a proceder con accións legais". Pouco tempo despois, a súa sarcástica carta recibiu dúas respostas [9] de dous simpatizantes da súa postura, membros do Consello. A mediados de agosto recibiu unha terceira resposta. Porén o Consello só respondeu despois de que Henderson publicara a carta na súa web,[8] o que acadou grande atención polo público.[10] Henderson foi publicando sucesivamente as respostas recibidas polos distintos membros do Consello.[11]
Nos dous meses seguintes, a medida que o enfrontamento entre Henderson e o Consello foi gañando notoriedade, o tráfico no sitio web do Monstro de Espaguete Voador medrou de maneira constante. A popularidade do sitio desatouse en agosto, cando o Monstro de Espaguete Voador apareceu en varios blogs e sitios de noticias e humor de Internet (como Boing Boing, Something Awful, Uncyclopedia e Fark.com), atraídos polo ton sarcástico do argumento de Henderson. Pronto lle seguiron artigos nos principais medios de comunicación.[12][13][14][15] E así o Monstro de Espaguete Voador converteuse nun símbolo da loita contra a ensinanza do deseño intelixente nos colexios públicos.
Grupos de ateos e agnósticos, denominados polos pastafaris "espagnósticos", consideran o argumento do "Monstro de Espaguete Voador" como unha versión adaptada das teorías da teteira de Russell [16] ou a do Unicornio rosa invisíbel.
Na sección de últimas novas do sitio web de Henderson sinala que o presidente dos Estados Unidos George W. Bush e o senador Bill Frist apoiaron publicamente a ensinanza das teorías non evolucionistas, do que Henderson deduce (humoristicamente) que apoian as ensinanzas do pastafarismo. (Porén, ningún dos dous mandatarios manifestou publicamente a súa posición sobre o pastafarismo).
O mesmo Henderson mostrouse moi sorprendido polo éxito do seu argumento, declarando que "escribín a carta principalmente para divertirme".[17]
Noutra entrevista, Henderson declarou que "non teño problemas coa relixión. O que me amola é que nos queiran vender a relixión coma unha ciencia. Paréceme ben que se ensine o creacionismo nas escolas, pero non como parte da materia de Ciencias Naturais. A ciencia é o estudo de fenómenos naturais e observábeis. Se existe un Deus, e é intelixente, creo que tería moito sentido do humor".[18][19]
En agosto de 2005, en resposta ao reto dunha lectora que desafiou en setembro de 2005 na bitácora Boing Boing, de Henderson, dicindo que "darei 25.000 dólares á persoa que poida probar empiricamente a teoría da evolución", contestou: "Nós daremos 250.000 dólares (posteriormente aumentados a un millón de dólares) á persoa que poida probar empiricamente que Xesús non é o fillo único do Monstro Voador de Espaguete".[20] O reto era unha réplica a un equivalente feito polo creacionista da Nova Terra Kent Hovind, no que este ofrecía un premio de 250.000 dólares a calquera que puidera demostrar que a evolución "é a única forma" pola que xurdiron o universo e a vida.
En novembro de 2005 o Consello de Educación do Estado de Kansas votou a favor de que puideran incluírse preguntas acerca das críticas á evolución biolóxica nas probas de aptitude do estado, incluíndo algunhas acerca do deseño intelixente.[21] En febreiro de 2007 o Consello votou para que se volveran a excluír ese tipo de preguntas, sendo a quinta vez en oito anos que se modificaron os estándares de cualificación estatais referentes á evolución.[22]
En novembro de 2007 tiveron lugar tres conferencias sobre o Monstro do Espaguete Voador na reunión anual da Academia Americana de Relixión, celebrada en San Diego (California). As charlas incluíron títulos como "Sagrada Pasta e Auténtico Prebe: as enredadas implicacións do Monstro de Espaguete Voador para teorizar sobre a relixión."[23] A pesar de que a súa inclusión no programa sen dúbida produciu moitas risas, xerou un debate serio sobre a esencia da relixión, explorando cuestións como: require a relixión unha auténtica crenza teolóxica, ou simplemente un conxunto de rituais e unha comunidade que se une como forma de representar as súas alianzas culturais? Ou, dito doutro xeito, é unha antirrelixión como o espaguetemonsterismo realmente unha relixión? [24]
En decembro de 2007 o diario The Ledger informou que varios membros da web da Igrexa do Monstro de Espaguete Voador mandaran correos electrónicos aos membros do Consello de Educación de Polk County, Florida, sobre o tema do deseño intelixente.[25]
Nesta web Henderson afirmou que "máis de 10 millóns de persoas foran tocadas polo seu "apéndice tallarinesco".[3] Tamén xurdiron outras webs de fans[26] co obxectivo declarado de promover o espaguetemonsterismo.
Con millóns, se non miles de fieis devotos, a Igrexa do MEV está amplamente considerada como unha relixión lexítima mesmo polos seus opositores, principalmente fundamentalistas cristiáns, que aceptaron que o noso deus ten as bólas máis grandes có seuBobby Henderson, profeta do Monstro de Espaguete Voador.[27]
Moitas das "crenzas" propostas por Henderson foron elixidas con intención de parodiar os argumentos comunmente usados polos defensores do deseño intelixente:[17]
Henderson deu as seguintes razóns para converterse ao pastafarismo:
Segundo Brian D. Rabern, profesor do departamento de Filosofía da Universidade de California en Santa Bárbara, pódense presentar varios argumentos ontolóxicos e cosmolóxicos a prol da existencia do Monstro Voador de Espaguete:
(Parafraseando as premisas ontolóxicas de Santo Anselmo de Canterbury)
(Estilo Kalam)
A Carta Aberta ao Consello de Educación de Kansas [28] é moi representativa das reivindicacións e as ideas de Bobby Henderson e dos opoñentes ao deseño intelixente:
Neste texto dáse conta de toda a forza satírica e intelixíbel da crítica ao creacionismo.
En 2011 Jesús Castizo Mantas, seguidor da igrexa pastafari dirixiuse a Correos para solicitar a impresión dun selo adicado ao gran Monesvol polo servizo "Tu sello" que permite mercar selos de correo personalizados baixo pedido. A petición foi denegada sen máis explicacións que o incumplimento das normas do servizo. A decisión foi recorrida na Xunta Arbitral do concello da capital de provincia (Sevilla). A cal tamén se declarou non competente por ter residencia noutra localidade o recorrente (Alcalá de Guadaira) e foi remitido á Xunta Abitral Provincial da Deputación. Correos aceptou someterse a esta arbitraxe.
Na xuntanza de arbitraxe Correos alegou[29]:
Correos consultó la inclusión o no de dicho culto en el Registro de Entidades Religiosas, comprobando que ... la dirección General de Cooperación Jurídica Internacional y Relaciones con las Confesiones, del Ministerio de Justicia había resuelto, a través de Oficio, denegar la inscripción en el Registro de Entidades Religiosas de la entidad denominada IGLESIA PASTAFARI.... conocidos los antecedentes del pastafarismo y que su significado religioso y científico puede crear polémica o controversia, Correos consideró que por las connotaciones que tenía la imagen solicitada no era susceptible de ser incorporada en un sello de Correos .... En consecuencia, no ve posible atender la pretensión del reclamante relativa a la prestación del servicio Tu sello, dado que ... No deben figurar personajes cuando su representación pudiera ser causa de división, polémica, controversia, escándalo o conflicto.
O 30 de agosto de 2012 ditou resolución a xunta de arbitraxe[30]:
difícilmente puede crear polémica o controversia un bola de espaguetis con albóndigas voladora, siento totalmente arbitraria la denegación de la solicitud
Correos editou os selos pero advertindo que era só nese caso e non era unha sentenza vinculante xa que non faría selos para ninguén máis. Outro seareiro de Pamplona volveu repetir o proceso e solicitou a impresión de selos pastafaris. Correos enviou a tres representantes á xunta arbitral na cal alegou: adorar a una gran bola de espaguetis es ofensivo para un gran número de españoles. A xunta arbitral rexeitou a solicitude de selos personalizados coa imaxe de Monesvol[31].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.