Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha teoría científica é unha explicación ou descrición (verdadeira ou falsa) conseguida a partir de observacións ou experimentos que previamente numerosos científicos comprobaron dando estas observacións un resultado positivo. Se un só destes experimentos comprobase que dá un resultado negativo a teoría descartaríase. As teorías enfróntanse a un problema en canto a definición, e isto é debido á diversidade de definicións que se lle deron, por isto presenta certa ambigüidade.
A palabra deriva do grego theoreîn, "observar". De acordo con algunhas fontes, theoreîn era frecuentemente utilizado no contexto de observar unha escena teatral, o que quizais explica o porqué algunhas veces a palabra teoría é utilizada para representar algo provisional ou non completamente real
As teorías poden clasificarse de dúas maneiras distintas segundo a súa forma:
A teoría formal pode ser máis precisa, pero afástase da realidade porque a abstrae, mentres que a teoría empírica é máis inexacta, pero garda maior relación coa realidade.
A definición de Francis Bacon sobre modelo científico (pasos posteriores á formulación dunha teoría): En termos xerais, os científicos deben seguir unha sistematización para obter unha dedución válida acerca de algo. Esta sistematización resúmese nos pasos do método científico.
O primeiro paso en calquera investigación é a observación. A observación consiste en fixar a atención nunha porción do Universo. Mediante a observación identifícanse as realidades ou acontecementos específicos do cosmos a través dos nosos sentidos.
O segundo paso é o razoamento indutivo, trata de dar unha ou máis respostas lóxicas ás preguntas. Cada resposta é unha introdución tentativa que pode servir como unha guía para o resto da investigación. Estas solucións preliminares a un problema son as hipóteses.
Despois de enunciar unha ou máis hipóteses, ou explicacións propostas, o investigador elabora unha ou máis predicións, as cales deben ser consistentes coas observacións e hipóteses. Para facer isto, o investigador usa o razoamento dedutivo.
De seguido, as predicións son sometidas a probas sistemáticas para comprobar a súa ocorrencia no futuro. Estas comprobacións en conxunto reciben o nome de experimentación.
A experimentación consiste en someter a un suxeito ou proceso a variables controladas de xeito artificial.
A experimentación pode realizarse de diversos xeitos, pero a experimentación controlada é unha característica propia do método científico, de tal xeito que outros sistemas máis sinxelos non son viables para o propósito da ciencia.
Na experimentación controlada débense ter dous grupos de proba: un suxeito chamado grupo de control ou grupo testemuña, e outro chamado grupo experimental. O grupo de control e o grupo experimental, son sometidos ás mesmas condicións, excluíndo a variable que se elixiu para o estudo. O grupo de control non é sometido á variable, só se somete ao grupo experimental. Obsérvanse os resultados e rexístranse as diferenzas entre ambos os grupos. Se o investigador nota unha diferenza entre ambos os grupos, entón pode deducir unha resposta. Conforme a investigación avanza, as hipóteses falsas rexéitanse unha a unha, ata obter a resposta máis plausible de todas as hipóteses que se presentaron inicialmente. Cando a hipótese se verifica, entón procésase a declaración final, que en ciencias se chama teoría. Se a teoría se verifica como verdadeira en todo tempo e lugar, entón é considerada como lei.
Por pasos, a tira amosa:
1. O primeiro é a existencia dunha evidencia, un dato, xeralmente a partir dunha experiencia.
2. É entón cando o dato debe contrastarse, realizando novas experiencias e obtendo novos datos ou evidencias.
3. Tentamos conectar as evidencias, o que nos dá unha estrutura.
4. Hai diferentes estruturas que poden ligar as evidencias, co que temos en competición varias teorías.
5. Para desfacer a competición, seguimos obtendo datos.
6. Cos novos datos, haberá teorías que podemos rexeitar porque non encaixan con eles.
7. Queda entón un número reducido de teorías. En calquera estrutura teórica, necesitamos asumir hipóteses, o que nos remite a unha maior ou menor dependencia inicial da teoría.
8. Asúmese entón que un conxunto de hipóteses iniciais menor corresponde a unha maior probabilidade de veracidade da teoría.
9. Así, rematamos collendo a teoría que explique todo o que se pretende do xeito máis sinxelo.
10.Isto permite facernos unha idea, un modelo, da realidade que indican as evidencias reunidas.
11.Ese modelo non será totalmente certo ou válido, pero achegarase á verdade subxacente máis que os modelos que se foron descartando ó irmos rexeitando as teorías que os soportan.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.