A experimentación, é a aplicación do método científico á comprobación das hipóteses de traballo, nas condicións controladas do laboratorio.

Desta maneira cambiando a presenza, ou a intensidade daqueles fenómenos que se consideran causas, é posíbel verificar que producen os efectos previstos nunha hipótese. O rexistro e a medida sistemática das causas, e dos efectos, por medio de instrumentos científicos dan lugar á verificación dunha hipótese e, por tanto, aos teoremas.

Mentres que a simple observación ten que esperar a produción espontánea dun fenómeno, a experimentación permite reproducir os efectos, producindo as causas no laboratorio, o que pon á disposición de calquera a verificación dos teoremas.

Esta proposición é a base do método empírico, isto é, un teorema pode comprobarse por calquera se se segue, nos experimentos, o método científico.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.