From Wikipedia, the free encyclopedia
Paio Rodríguez (fl. 985–1007) foi un importante nobre e conde en Galiza e León cunha presenza regular nas cortes de Vermudo II (984–999) e Afonso V (999–1028).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século X |
Morte | 1007 |
Outro | |
Título | Conde |
Cónxuxe | Gotina Fernández |
Fillos | Fronilde Peláez, Elvira Pelaez |
Pai | Rodrigo Guterres |
A súa ascendencia é descoñecida xa que non figura en ningún documento conservado. Algúns historiadores[1] opinan que foi membro da familia fundadora do mosteiro de Lourenzá, fillo de Rodrigo Gotérrez (fl. 945–992) e neto do conde Goterre Osorio e da súa esposa Aldonza Méndez, filla de Hermenexildo Gotérrez. Mais outros[2] consideran que esta filiación é improbable xa que ningún dos seus descendentes — como era tradición naquela época — levou o nome de Goterre, e opinan que puido ser irmán do conde Munio Rodríguez, fillos dun hipotético Rodrigo Fernández.[3]
O documento máis antigo que o menciona polo seu nome data do ano 976, pero é considerado falso por Emilio Sáez. A próxima vez que aparece no rexistro histórico é o 8 de xullo de 985, como testemuña dunha doazón ao mosteiro de Sahagún. Aparece concorrentemente nas cartas reais ata a súa última aparición, o 1 de febreiro de 1007, nunha copia do século XII dunha carta de Afonso V para o mosteiro de Celanova que contén o nome de Pelagius Hosterici, poderíase tratar dun erro na escrita de Roderici.
Coma aliado dos condes de Saldaña, rebelouse con Gonzalo Vermúdez e Munio Fernández contra Vermudo II, e conseguiu expulsar ao monarca á Galiza entre novembro de 991 e setembro de 992. Despois da revolta foille restaurado axiña o favor real.[4]
Casou con Gotina Fernández de Cea (m. despois de 1028), filla de Fernando Vermúdez de Cea e Elvira Díaz. Era irmá de Ximena Fernández, raíña de García Sánchez II de Pamplona, e polo tanto tía de Sancho III. Ela outorgoulle moitas terras en Galiza e en León.[4] Ela uniuse ao seu fillo, Fernando Páez e á súa muller para facer unha doazón a San Millán de la Cogolla o 13 de novembro de 1028, a última vez que se rexistra, como donna Gutina.
Os fillos deste matrimonio foron:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.