O oso tibetano (Ursus thibetanus), tamén chamado oso do Himalaia e oso negro asiático, é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos úrsidos, subfamilia dos ursinos, unha das catro actualmente viventes incluídas no xénero Ursus.[2]
Oso tibetano Ursus tibetanus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ursus thibetanus no zoo de Wroclaw | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Área de distribución do oso tibetano (marrón – existente, negra – extinto, gris escura – presenza incerta) | |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Taxonomía
Descrición
A especie foi descrita en 1823 polo naturalista francés Georges Cuvier, no seu traballo publicado en Rech. Oss. Foss., Nouv. ed., 4: 325.[2]
Sinónimos
- Selenarctos thibetanus
- Ursus torquatus
Subespecies
Recoñecense sete subespecies,[2] coa área de distribución que se indica:[3]
- Ursus thibetanus formosanus, Taiwán
- Ursus thibetanus gedrosianus, sueste de Irán e centro e sur de Paquistán
- Ursus thibetanus japonicus, Xapón
- Ursus thibetanus laniger, cordilleira do Himalaia, desde Afganistán até o norte da India
- Ursus thibetanus mupinensis, centro e sur da China
- Ursus thibetanus thibetanus, India, Bután, Bangladés, Birmania, Tailandia, Laos, Camboxa e Vietnam
- Ursus thibetanus ussuricus, extremo oriental de Rusia, nordeste da China e a península de Corea
Características
É un oso que habita nos bosques de Asia (desde Irán até o Xapón), preferentemente en zonas montañosas.[3]
Está estreitamente emparentado co oso negro americano (Ursus americanus) e, en menor medida, co oso pardo (Ursus arctos) e co oso polar (Ursus maritimus).[3]
Mide entre 1,30 e 1,90 m de lonxitude, cun peso de 100 a 200 kg no caso dos machos e uns 90 kg no das femias, polo que se pode considerar un oso de tamaño medio.[3]
Caracterízase polo seu manto de pelos negros en todo o corpo, máis longog no colo, e unicamente interrompido no fociño e unha banda en forma de "V" no peito, de cor leonada.[3]
A súa esperanza de vida en liberdade é duns 25 anos.[3]
Distribución
A área de distribución desta especie abarca os bosques do oeste de Afganistán e Paquistán, do norte da India, o Nepal, Bután, Birmania e o noroeste da China. Está presente tamén nalgunhas zonas do Xapón, e é o único oso que se pode encontrar en liberdade en Taiwán.[3]
Alimentación
Trátase dunha especie omnívora que se alimenta practicamente de todo. A súa dieta inclúe froitas, bagas, noces, raíces, pequenos invertebrados, mel, peixes, aves e mamíferos de tamaño pequeno e medio, así como preas.[3]
Relación cos humanos
En zonas demasiado perturbadas pola acción do home, estes osos poden volverse agresivos e atacar os humanos, como no Xapón e o nordeste da China, onde estes ataques aumentaron ultimamnte. Por esta razón non gozan de especial simpatía nos países onde viven, e adoitan ser matados polo hombre, que os considera un inimigo potencial.[1][3]
Estado de conservación
A relación co humanos, unida á deforestación das rexións onde habita e a que a medicina tradicional chinesa demanda certas partes do seu corpo, extinguírono en moitas rexións. Porén, a especie nom se considera que estea actualmente en perigro de extinción, aínda que si se clasifica como vulneráble na lista da IUCN.[1]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.