Os cregos, curas ou abades, na cultura popular galega, deron pé a abundante fraseoloxía impregnada, en boa parte dos casos, de certa retranca crítica e burlona en relación co seu comportamento sexual e a súa afección á boa mesa. En moitos casos, esa literatura popular nace dun mal disimulado anticlericalismo.
Así, Risco conta que a xente da aldea lles critica moito o seu suposto apego ó diñeiro, do que xorden comentarios como estes: "De que achegan o bico ó cáliz, xa non teñen quebradeiros de cabeza", ou que "o purgatorio fixérono os curas, para sacaren cartos con misas e responsos". Por esta causa foron un obxectivo preferente para as cuadrillas de ladróns que daban por suposto que agochaban unha fortuna nas súas casas.
Entre os mariñeiros era de mal agoiro falar a bordo de curas ou de raposas. Críase que con só mencionalos se aseguraba a falta de pesca ou mesmo un accidente; Eliseo Alonso aumenta a lista de temas vedados a cobras, zapateiros ou xastres. Asegúrase que ningún armador ou patrón levaría nunca un cura a bordo da súa barca, incluso cando non fosen a pescar [1].
Crego: peixe (Eutrigla gurnardus), semellante ó escacho (Trigla spp), do que se diferenza por ser de cor gris ou parda no lombo, no cando da cor vermella típica dos escachos, e abrancazada no ventre [3].
Á ama do cura/ figuéronlle un dengue;/ tanto remendo/ ninguén o entende[38].
A canteira está ben dura/ e témola de arrombar,/ iá ama do señor cura/ 'la tenemos que matar'[39].
A miña muller morreume/ i enterreina nun palleiro;/ os cregos a recramala/ i eu a toca-lo pandeiro[40].
Á porta do cura/ pisáchesme o pé,/ piscáchesme un ollo/ non sei pra que é[41].
Ai, miña probe Francisca, / ¿qué lle fixeches ó cura / que cando che bautizou / púxoche o nome da burra?.
Ai, pimpín, saralelo,/ ai lelelo,/ a criada do cura/ ten un neno,/ ten un neno/ pequeniño/ que de nome lle chaman/ Manoeliño[42].
Andas abaixo i arriba,/ pensas que ninguén cho sabe;/ sábecho Dios, todo o mundo/ e tamén o can do abade[43].
Andas de abaixo pra arriba,/ coidas que ninguén cho sabe;/ sábeo Dios e todo o mundo/ e a cadela do abade[44].
Ao caravel cando nace/ chámanlle caraveliño,/ os fillos do señor cura/ chámanlle ao pai señor tío[45].
Cando a lebre diga misa/ e o coello seia abade,/ deixarei o meu querer/ por coller a túa amistade[15].
¡Canto limón pola tina,/ canto limón pola eira!/ Cantas fillas de María/ ten o cura de Palmeira[46].
¡Canto limón pola tina,/ canto limón polo chan!/ Cantas fillas de María/ ten o noso capellán[47].
Conta feita i axustada,/ dixo o crego da Golada:/ tres porcos son seis touciños./ doce pés e tres fuciños[48].
Deume un bico unha morena,/ deixoume tanta dozura/ que hoxe mesmo sen falta/ penso de ir falar co cura[49].
Dónde vés, Carmiña?/ Veño da verdura./ Mentes, mentirosa,/ que vés dónda o cura[50].
Dúas cousas hai no mundo/ que non as podo entender:/ ser crego e ir ao inferno,/ ser ceruxano e morrer[51].
Dúas cousas hai no mundo/ que non podio comprender:/ Que un cregho vaia ó inferno/ e un ciruxano morrer[5].
Eu ben vin estar o crego/ no poleiro das galiñas,/ e pensei, por vida miña,/ que era un pare de sardiñas[52].
Eu ben vin estar o crego/ tendendo nos cueiriños,/ dixen para Dios e min:/ Este crego ten meniños.
Eu non vou, non vou,/ eu non vou alá,/ á casa do cura,/ que me quererá?/ Que me quererá?/ Que me ha de querer?/ Morreulle a criada,/ quérema vender[53].
Eu non vou, non vou,/ eu non vou alá,/ á casa do cura,/ que me quererá?/ Que me quererá?/ Que me ha de querer?/ Morreulle unha vaca,/ quérema vender[53].
Haste de casar, meu fillo,/ senón vístete de flaire;/ salíchesme algún demonio/ destes que voan no aire[54].
Iste meniño/ que no rulo estae/ cando sea grande/ pra cura ha estudeare[55].
Iste pandeiro que toco/ é da pelica dun can/ que me morreu de morriña/ á porta dun sancristán[56].
Miña sogra morreu onte/ i enterreina no camiño;/ os cregos a requear/ i eu a alumiarches cun guizo[57].
Miña sogra morreu onte/ i enterreina no palleiro;/ os cregos a responsala/ i eu a toca-lo pandeiro[58].
No ceo manda Dios/ e na xustiza o alcalde,/ o cura manda na igrexa/ i os mozos mandan na calle[59].
No convento de Acibeiro/ había un frade galiñeiro/ que así que se puña o sol:/ ¡churras, churras, ó poleiro!''[60].
O abade de Lubeira/ ten a cabeza pelada/ que lla pelaron os mozos/ do lugar de Santa Baia[61].
O crego cando vai fóra/ déixalle dito á criada:/ Veña tarde, veña cedo,/ déitate na miña cama[62].
O crego chamoume Rosa/ i eu tamén lle respondín:/ Destas rosas, señor cura,/ non as hai no seu xardín[63].
O crego da miña aldea/ ten as cirolas rachadas/ que llas rachou a silveira/ por correr tras das criadas[64].
O crego de Escravitude/ leva a criada na burra,/ na primeira carballeira/ dalle unha sacudidura[65].
O crego e maila criada/ botaron o pan no forno,/ e os pequenos lles dicían/ nanai, teta, papai, bolo[66].
O crego e mais a criada/ foron sachar ós melós,/ a a criada canlle as sayas,/ a o crego canlle os calzós[11].
O crego e mais a criada/ ordenaron de cocer;/ tiñan a leña no monte/ e a fariña por moer[67].
O crego e mais o raposo, se perden a mañá, perden o día todo[12].
O crego foi ó muíño/ co cenico na cabeza,/ escorréronlle as chinelas,/ alá vai de cu na presa[68].
O crego foi ó muíño/ e caeu da ponte en baixo;/ acodir ó crego, nenas,/ que vai polo río abaixo.
O crego foi ó muíño,/ meteu a cabeza dentro;/ sacou fariña na croa/ para face-lo formento[69].
O crego foi ó muíño/ meteu a cabeza dentro,/ trouxo fariña na croa/ para facer o formento[70].
O crego que che casou/ debía de estar borracho/ porque non che preguntou/ se eras femia ou eras macho[71].
O crego vendeu a besta/ por lle non da-la cebada/ i agora vai ós enterros/ dacabalo da criada[72].
O creguiño de Sueiro/ mui pequeño se quedou/ que naceu no mes de agosto/ e coa seca non medrou.
O cura chamoume Rosa/ eu tamén lle respondín:/ destas rosas, señor cura,/ non as hai no seu xardín[73].
O cura chamoume Rosa,/ eu tamén lle respondín:/ Estas rosas, señor cura,/ non as hai no seu xardín[74].
Ó cura de Baños,/ olliños de perdigón,/ cando vai deci-la misa/ xempre lle cai o calzón[75].
O cura de Lubeira/ non ten capa nin mantelo;/ viva o cura de San Xes/ que o ten de terciopelo[76].
O cura de San Martiño/ éche moi bo confesor,/ que confesou á criada/ debaixo do cobertor[77].
O cura desta parroquia/ deixa dito á criada:/ nena, se non veño logo,/ déitate na miña cama[78].
O cura e maila criada/ ordenaron de cocer,/ a leña estaba no monte,/ a fariña por moer[79].
O cura e maila criada/ ordenaron de cocer,/ tiñan a leña no monte/ e a fariña por moer[80].
O cura que me casou/ moito me ten que velar:/ unha moa que me doía,/ xa me quero descasar[81].
O cura que me casou,/ nunca il acorde outras vodas;/ por causa dunha meniña/ esquecín as outras todas[82].
O día que me eu casar/ queira Dios non apareza/ nin crego nin sancristán/ nin as chaves da igrexa[83].
O melro canta na viña,/ o reiseñol no loureiro,/ os cregos cantan na igrexa/ serven a Dios por diñeiro <refXaquín Lorenzo Fernández, 120.</ref>.
O meu pai foi sancristán/ e fixo moitas diabruras,/ mollaba o pan no aceite,/ deixaba o Cristo ás escuras[84].
O señor cura de Boiro/ ten a camisa rachada./ Viva o noso de Cespón/ que ten nove na colada[85].
O señor cura non baila/ porque di que ten coroa,/ baile, señor cura, baile,/ que Dios eso llo perdona[86].
O señor cura non bailla/ porque di que ten coroa:/ baille, señor cura, baille,/ que Dios todo llo perdoa[87].
Os curas e os taberneiros/ teñen moito parecido,/ os curas bautizan nenos/ e os taberneiros o viño[88].
Pedinlle un bico a María/ i ela non mo quixo dare;/ o cura da súa parroquia/ non deixa aos homes bicare[89].
Por un bico nin por dous/ non dá penitencia o cura,/ pero se chega a tres/ a penitencia é segura' [90].
Se hai alguén atrevido/ que na rúa se atravese/ xa pode traguer consigo/ o cura pra que o confese[91].
Se o crego vai no muíño/ e leva un fol e trai outro/ ¿qué ten que ver coa criada/ nin se ela pareu hai pouco?
Se ti viras o que eu vin/ alá riba en Monterroso,/ sete frades dun convento/ da cabalo dun raposo[92].
Se tu viras o que eu vin/ na feira de Monterroso:/ o abade de Lubeira/ dacabalo dun raposo[93].
Se tu viras o que eu vin/ na feira de Monterroso:/ sete frades dun convento/ dacabalo dun raposo[93].
Señor cura, señor cura,/ inda se lle tolla,/ inda se lle pudra;/ eu teño entendido/ a botonadura/ do seu calzoncillo[94].
Señor San Bartolomeu/ feito de pau de laranxo/ quen che mandou dar pintura/ foi o cura de Rianxo[95].
Señor San Bartolomeu/ feito de pau de sanguiño/ líbrame, santo bendito/ do lobo de Rianxiño[96].
Se ti viras o que eu vin/ alá riba en Monterroso,/ sete frades dun convento/ da cabalo dun raposo[97].
Adiviñas
Atóupoo pola mañá/ todo vestido de mouro,/ nin é cura nin é frade,/ é o que che digo primeiro (a toupa).
Nin é frade/ nin é crego/ e sempre/ viste de negro (a toupa).
Eladio Rodríguez González (s. v. crego), que o toma de Cornide, di que se lle chama crego porque as espiñas que ten na cabeza lembran o bonete dun cura (símil que toma do dicionario de Francisco Javier Rodríguez Gil, de 1863) e porque, cando o pescador o saca da auga, emite uns gruñidos que lembran os cregos cando cantan ou rezan. Ríos Panisse identifícao co Trigla gurnardus.
Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal, gregos, que se considera erro por cregos por ser así noutros paralelos. Ademais, o refrán está alfabetizado no C.
Francisco Porto Rey (1900): Diccionario gallego-castellano, ed. de María Xesús Bugarín e Begoña González Rei, A Coruña, Real Academia Galega, 2000. O colector explica que o refrán se refire ós décimos e outros trabucos que pesaban noutrora sobre os labregos e que contribuían á mala sona que tiñan os cregos, xa que eran estes os que os cobraban. Engade que o refrán xa consta no repertorio fraseolóxico do Comendador Hernán Núñez, de 1555, na forma "Cregos, frades, pegas e choyas, do a demo tas quatro joyas".
O dengue é unha "Peza do traxe tradicional feminino semellante a unha esclavina de pano adornado con veludo e abelorios, con puntas longas que se cruzan sobre o peito e se abrochan por detrás" (Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para dengue.Consultado o 24 de febreiro de 2017.). O autor engade que o metro esixe un i epentético (A ialma do cura). Fonte: Xaquín Lorenzo Fernández, 29. No orixinal: ningueno.
Anónimo (1845), en Vozes gallegas, ed. de J. Leite de Vasconcellos. Cabe supoñer que hai un erro de pare por paxe, cesta de vimbio que se empregaba, precisamente, para transportar sardiñas.
Marcial Valladares Núñez (1884), s. v. poleiro. No orixinal: N'o convento d'Acibeiro/ habia un frade galiñeiro/ qu'asi que se puña o sòl/ churras, churras, ò poleiro.
ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas. México 1942-1953. Ed. facsímile Centro Ramón Piñeiro 2008. O refraneiro está contido no nº 3, maio 1943, 24-25.
ANÓNIMO: Refraneiro do viño. 505 sentenzas recollidas do pobo, Edicións Castrelos, Colección O Moucho, Vigo 1968.
BROUZA BREY, Fermín: “Cantigas populares da Arousa”, en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.
CASAS, Álvaro das (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 1931.
RÍOS PANISSE, M. do Carmo: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia I. Invertebrados y peces, Verba anexo 7, Universidade de Santiago 1977.
RISCO, Vicente: "Etnografía: cultura espiritual", en "Historia de Galiza", dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Ed. Nós, Bos Aires 1962, tomo I.