filólogo galego, autor do primeiro dicionario galego moderno From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Javier Rodríguez Gil, nado en Bermés (Lalín) o 17 de abril de 1797 e finado en Santiago de Compostela o 19 de xullo de 1857, foi un filólogo galego, autor do primeiro dicionario galego moderno.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de abril de 1797 Bermés, España |
Morte | 19 de xullo de 1857 (60 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | filólogo |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Parentes | Xosé Rodríguez González |
Sobriño de Xosé Rodríguez González (coñecido como Matemático Rodríguez), naceu en Bermés en 1797. Cursou estudos eclesiásticos e xa ordenado sacerdote conviviu en Santiago de Compostela co seu tío, Xosé Rodríguez González, que influíu no seu talante liberal e no seu empeño en dignificar o galego. Foi membro destacado e bibliotecario da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, e tamén rexentou algún tempo a biblioteca da Universidade.
Dedicouse a recompilar un vocabulario galego, seguindo de cerca ao Padre Sarmiento e publicou varias entregas na revista Galicia. Revista Universal de este Reino, editada na Coruña polos irmáns De la Iglesia. Cando Francisco morreu, Antonio de la Iglesia recompilou as súas notas e publicounas en 1863.
Este primeiro dicionario galego, que conta con 3.834 entradas[1], aínda que só 2.184[2] son da autoría de Francisco Javier Rodríguez, foi a base dos publicados despois por Cuveiro Piñol e Marcial Valladares.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.