From Wikipedia, the free encyclopedia
Un nucleótido é un composto formado por unha base nitroxenada, un azucre de cinco átomos de carbono (pentosa) e un grupo fosfato. Para algunhas autoridades o grupo fosfato é un só residuo de ácido fosfórico (definición da IUPAC)[1], e para outras o grupo fosfato pode estar formado por un ou máis fosfatos, normalmente ata dous ou tres (en diversos libros e dicionarios de bioquímica e bioloxía molecular).[2][3][4][5] Os monómeros que forman os ácidos nucleicos son nucleótidos e teñen un fosfato.
Cada nucleótido é un ensamblado de tres compoñentes:
Os nucleótidos, por razón dos seus grupos de fosfato, son fontes preferidas nas células para a transferencia de enerxía. Os nucleótidos atópanse nun estado estable cando posúen un só grupo de ácido fosfórico. Cada grupo de fosfato adicional que posúa un nucleótido atópase nun estado máis inestable e o enlace do fosfato tende a se romper por hidrólise e liberar a enerxía que o une ó nucleótido. As células posúen enzimas cuxa función é precisamente hidrolizar nucleótidos para extraer o potencial enerxético almacenado nos seus enlaces. Por tal razón un nucleótido de trifosfato é a fonte preferida de enerxía na célula. Deles, o ATP (un nucleótido de adenina con tres grupos de fosfato), é o predilecto nas reaccións celulares para a transferencia da enerxía demandada. UTP (uracilo + ribosa + tres fosfatos) e GTP (Guanina + ribosa + tres fosfatos) tamén compracen as demandas de enerxía da célula en reaccións con azucres e cambios de estruturas proteicas, respectivamente.
A posición dos átomos nun nucleótido especifícanse en relación aos átomos de carbono no azucre de ribosa ou desoxiribosa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.