Ribosa
monosacárido From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A ribosa é un monosacárido que ten cinco átomos de carbono (pentosa). Posúe o grupo funcional aldehido (-CHO) localizado sempre no carbono número 1, polo que forma parte do grupo das aldosas.
| Ribosa | |
|---|---|
Molécula de β-D-Ribofuranosa. | |
| Fórmula química | C5H10O5 |
| Masa molecular | 150,13 g mol−1 |
| Densidade | 0,80 g cm−3 |
| Número CAS | D:[50-69-1] L:[24259-59-4] |
Non é unha molécula hidrolizable e a forma habitual na que aparece é a cíclica. Atópase nos alimentos, especialmente nas carnes vermellas, pero en cantidades moi pequenas; e nos ouriños, sobre 1 mg/l.
É moi importante para os seres vivos porque forma parte de moléculas esenciais como o ATP, o NAD+ e o ácido ribonucleico.
A súa fórmula é C5H10O5
Remove ads
Fosforilación
En bioloxía, a D-ribosa pode fosforilarse pola célula antes de ser empregada. A riboquinasa cataliza esta reacción convertendo a D-ribosa en D-ribosa-5-fosfato. Unha vez feita a conversión, a D-ribosa-5-fosfato queda dispoñible para a fabricación dos aminoácidos triptófano e histidina, ou para intervir na vía da pentosa fosfato.
Isomería
A ribosa pode presentar diversa estruturas espaciais isoméricas.

- As ribosas que teñen o grupo OH do carbono asimétrico máis afastado do grupo aldehido (carbono 4) cara a dereita dise que son da serie D, mentres que os que teñen o OH cara a esquerda dise que son da serie L.
- As ribosas poden aparecer en forma lineal ou en forma cíclica. Dentro das formas cíclicas poden formar dous tipos de aneis.
- Os aneis de 5 elos chamados furanósicos, similares ao do furano.
- Os aneis de 6 elos chamados piranósicos, similares ao do pirano.
- Por outra banda, o xerarse a formas cíclicas, aparece nestes monosacáridos un novo carbono asimétrico que vén sendo aquel no que estaba o grupo aldehido que leva o nome de carbono anomérico dando lugar a dúas formas as chamadas forma α e β.
Segundo o dito anteriormente, podemos agrupar as distintos tipos de ribosa na táboa inferior e nela podése ver a súa abundancia en tanto por cento:
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
