From Wikipedia, the free encyclopedia
Os nucleótidos azucres[1] (ás veces nucleótidos-azucres ou azucres nucleótidos) son as formas activadas dos monosacáridos nas cales estes están unidos a un nucleótido (ou nucleósido fosfato). Actúan como doadores dun residuo de azucre en reaccións de glicosilación catalizadas por un grupo de encimas chamado glicosiltransferases. Nestas reaccións o nucleótido funciona como un coencima que transporta e cede o azucre.
O anabolismo dos oligosacáridos e, por tanto, o papel dos nucleótidos azucres, non foi esclarecido ata a década de 1950 grazas aos traballos do bioquímico arxentino Luis Federico Leloir e os seus colegas, que descubriron que os encimas chave neste proceso eran as glicosiltransferases. Estes encimas transfiren un grupo glicosilo desde un nucleótido azucre a unha molécula aceptora.[2]
Para actuar na doazón de glicosilos, estes monosacáridos deben estar nunha forma de alta enerxía. Esta forma son os nucleótidos azucres, que se orixinan da reacción entre un nucleósido trifosfato (NTP) e un glicosilo monofosfato (co fosfato unido ao carbono anomérico). O azucre queda unido ao último fosfato do nucleótido, polo que ten alta enerxía.
Hai nove nucleótidos azucres nos animais complexos que actúan como doantes de glicosilo e poden clasificarse segundo o tipo de nucleósido fosfato (nucleótido) que conteñan:[3]
En plantas e bacterias utilízanse moitos outros nucleótidos azucres. Por exemplo, na natureza atópanse a CDP-glicosa e TDP-glicosa e outros doantes do tipo CDP-azucre ou TDP-azucre, ás veces con azucres pouco comúns.[4][5]
Abaixo exemplos de estruturas dalgúns nucleótidos azucres (un exemplo de cada un dos tres tipos).
UDP-galactosa | GDP-manosa | CMP-N-acetilneuramínico |
O metabolismo normal dos nucleótidos azucres é moi importante. Calquera disfunción nalgún dos encimas que contribúen no seu metabolismo orixina doenzas.[6] Por exemplo:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.