From Wikipedia, the free encyclopedia
Os minerais silicatados ou simplemente silicatos constitúen a maior e mais importante clase de minerais constituíntes das rochas, como é o granito, a area ou a arxila. Representan o 75 % da codia terrestre. Tamén é empregado para a fabricación de vidro.
Están formados por silicio e máis osíxeno (SixOy). Tamén poden ter cantidades doutros minerais como aluminio, ferro, magnesio ou calcio.
Os minerais compostos de silicatos caracterízanse pola forma tetraédrica (SiO44) dos seus cristais. Os tetraedros poden formar cadeas, cadeas dobres, follas ou estruturas. A unidade SiO44 ten cargas negativas, polo que son compensadas xeralmente pola presenza de ións de metais alcalino ou alcalinotérreos, así como outros metais tipo aluminio.
Se todos os átomos de osíxeno están compartidos, é dicir, a carga está neutralizada, obtense unha rede tridimensional denominada sílice ou dióxido de silicio, SiO2.
Nos aluminosilicatos un átomo de silicio é substituído por un de aluminio.
O tetraedro (SiO44) que caracteriza ao silicato, vai ser quen defina as diversas subclases, pois é o causante das propiedades estruturais cristalinas, máis que os elementos químicos que constitúen a súa fórmula.
Así, atendendo ao xeito en que os tetraedros se une distinguimos as seguintes subclases:
Os nesosilicatos (ou ortosilicatos) ten tetraedros (SiO4)4 soltos e cada valencia libre está ocupada por un catión distinto do sílice.
Con dous tetraedros unidos por un vértice para formar un grupo (Si2O7)6-. Distínguense entre estes:
Os ciclosilicatos, ou silicatos en anel, presentan tres, catro ou seis tetraedros unidos en anel.
Os inosilicatos, ou silicatos de cadea, presentan cadeas unidas de tetraedros de silicato con SiO3 para cadeas simples ou Si4O11 para as cadeas duplas.
Os filosilicatos , ou silicatos en folla, forman follas paralelas de tetraedros de silicato.
Os tectosilicatos teñen os tetraedros unidos polos seus catro vértices a outros tetraedros, creando unha malla de extensión tridimensional., complexa. Forman a maior parte dos silicatos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.