Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O oligoclasio[1] é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo tectosilicatos e dentro destes pertence aos feldespatos denominados plaxioclasios. É un aluminosilicato de sodio e calcio, con moito máis sodio (79-90%) que calcio (10-30%). Presenta un aspecto de cristais ben formados brancos, frecuentemente en macla.
Oligoclasio | |
---|---|
Fórmula química | (Ca,Na)Al(Al,Si)Si2O8 |
Clase | Silicato |
Sistema cristalino | Triclínico, pinacoidal |
Cor | Incolora a branca-gris, castaña, verdosa ou amarelada |
Brillo | Vítreo |
Dureza | 6 - 6,5 (escala de Mohs) |
Fractura | En chanzos, ás veces concoidal |
Raia | Branca |
Densidade | 2,66 g/cm3 |
É un membro intermedio da serie de solución sólida dos plaxioclasios, sendo os extremos a albita (plaxioclasio de sodio) e a anortita (plaxioclasio de calcio). Por esta razón, ás veces é considerado como unha variedade da albita.
O nome procede do grego oligos e clasis, que significa "pequenas roturas". Sinónimos moi pouco usados son amansita, amantita, amausita ou oligoclasita.
A variedade pedra de sol ten escintileos de cor arroibada producidos por inclusións de hematita.
A variedade pedra de lúa mostra reflexos similares á luz da Lúa.
Fórmase en rochas ígneas e pegmatíticas, do tipo do granito e a sienita, nas que é un dos principais compoñentes minerais.
Polo seu ambiente de formación, os minerais aos que normalmente aparece asociado en ambos tipos de rocha son cuarzo, moscovita e feldespatos potásicos.
Algunhas variedades de oligoclasio son ben coñecidas e empregáronse como pedras semipreciosas, a pedra de sol e a pedra de lúa, sendo puídas en forma de cabuxón para a súa inclusión en colares e outros elementos de xoiería.
Acháronse notables depósitos en Sri Lanka, os Estados Unidos, Suecia, Rusia e o Canadá. A pedra do sol atópase nestes dous últimos e en Noruega.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.