Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A antofilita é un mineral anfíbolo,[1] un silicato de ferro e magnesio que se atopa en rochas metamórficas.
Antofilita | |
---|---|
Fórmula química | (Mg,Fe)7Si8O22(OH)2 |
Clase | Inosilicatos |
Subclase | VIII / F |
Sistema cristalino | Ortorómbico, dipiramidal |
Cor | Branca, gris verdoso, verde, marrón, verde-marrón |
Brillo | Vítreo a anacarado |
Dureza | 5,5 a 6 (escala de Mohs) |
Raia | Branca agrisada |
Densidade | 3,67 g/cm3 |
Describiuse por primeira vez en 1801.[2] Tamén pode ser denominado antogramita.
É un mineral polimorfo coa cummingtonita, coa súa mesma fórmula química, mais cun sistema cristalino monoclínico.
A antofilita prodúcese comunmente por metamorfismo rexional de rochas ultrabásicas,[3] normalmente como mineral secundario por alteración do olivino. É frecuente polo tanto en gneises e xistos cristalinos ricos en magnesio, así como tamén pode aparecer en rochas sedimentarias ricas en magnesio como son as dolomías.
Minerais normalmente asociados son o talco, cordierita e flogopita.
É un mineral común nos xistos de Kongsberg (Noruega), nos do sur de Groenlandia e nos de Pensilvania (EUA).
Ás veces preséntase en formas fibrosas que poden ser usadas como asbesto na industria, con moitos usos a pesar do seu potencial perigo para a saúde. Normalmente úsanse outros asbestos menos malsáns, mais o de antofilita é o mellor como cemento refractario.
Aínda que os exemplares de antofilita illados e grandes son moi estraños, os agregados en xeoda deste mineral son moi apreciados por coleccionistas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.