From Wikipedia, the free encyclopedia
Nahum,[1][2][3] en hebreo: נחום (finais do s. VIII a C - comezos do s. VII a C), foi un profeta menor orixinario de Galilea que escribiu o Libro de Nahum, un dos libros do Antigo Testamento, onde, en oráculos, anunciou a fin do Imperio Asirio e a destrución de Nínive, a capital. É o sétimo profeta segundo a lista tradicional de doce profetas menores.[4]
O seu nome provén do hebreo נָחוּם [Nājjūm], que significa "cheo de consolación".[5] Con todo, pouco se sabe deste Najum. No propio Libro de Nahum di que era un «elkesita» ou «elkoshita». O esexeta bíblico Xerome de Estridón, no seu comentario respecto deste libro, nota erroneamente que «eljoshita» é unha indicación patronímica: "fillo de Elqosh". Con todo, trátase dun xentilicio: o profeta naceu en Eljosh.
A teoría máis aceptada respecto de sitio provén de Vidas dos profetas, obra que se adoita atribuír a san Epifanio: «Elqosh queda máis aló de Beth-Gabre, na tribo de Simeón».[6]
Beth-Gabre (Beit Jibrín) sería a antiga Eleuterópolis, na fronteira de Xudá con Simeón. Esta postura foi adoptada polo martiroloxio romano: o 1 de decembro celébrase Begabar (que posiblemente sexa derivación de Beth Gabre).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.