Remove ads
moedas do sistema do dólar estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
As moedas do dólar estadounidense son as moedas cuñadas para a súa circulación nese país norteamericano, baixo o sistema monetario do dólar estadounidense.
A Casa da Moeda dos Estados Unidos foi sempre a responsable da súa produción e o Departamento do Tesouro da súa emisión, xa desde finais do século XVIII, cando a Lei da Moeda de 1792 estableceu o primeiro sistema monetario dos Estados Unidos, logo da súa declaración de independencia.
Ao longo da historia, os valores faciais das moedas do sistema do dólar estadounidense foron ½ centavo, 1 centavo, 2 centavos, 3 centavos, 5 centavos (half dime e nickel), 10 centavos (dime), 25 centavos (¼ dólar), 50 centavos (½ dólar), 1 dólar, 2½ dólares (¼ aguia), 3 dólares, 5 dólares (½ aguia), 10 dólares (aguia) e 20 dólares (dobre aguia).
As cecas sucursais da Casa da Moeda dos Estados Unidos onde se cuñaron as moedas do dólar estadounidense foron as de Charlotte (marca de ceca C), Carson City (CC), Dahlonega (D), Denver (D), Nova Orleáns (O), Filadelfia (sen marca ou P), San Francisco (S) e West Point (W).
No século XXI, as moedas en circulación son as de 1, 5 e 10 centavos, un cuarto de dólar, medio dólar e un dólar. Das catro cecas que se manteñen operativas, a de Filadelfia e a de Denver son as que producen a gran maioría destas moedas para a circulación, e a de San Francisco fíxoo ata a década de 1970. Todas elas e mais a de West Point cuñan tamén, a maiores das moedas para a circulación, series conmemorativas non circulantes, emisións en versión proof para coleccionistas e moedas de investimento.[1][2]
A introdución das moedas de medio centavo en virtude da Lei da moeda de 1792 foi ditada polas necesidades moeda miúda para o cambio nos pagamentos cotiáns realizados con reais de prata españois, que daquela circulaban nos Estados Unidos, cuxa taxa se fixou en 12,5 centavos. Esta moeda cuñouse entre 1793 e 1857, con catro modelos diferentes:[7]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | ||
1793 [8] |
Busto con barrete (Liberty Cap) |
6,74 | ~ 23,50 | Cu 100% | ||
1794-1797 [9] |
||||||
1800-1808 [10] |
Busto drapeado (Draped Bust) |
5,44 | 23,50 | Cu 100% | ||
1809-1836 [11] |
Cabeza clásica (Cassic Head) |
5,44 | 23,50 | Cu 100% | ||
1840-1857 [12] |
Cabelo trenzado (Braided Hair) |
5,44 | 23,00 | Cu 100% |
As moedas dun centavo comezaron a cuñarse xa en 1793. A lei da época estipulaba que o peso dun centavo debía ser o dobre do dunha moeda de medio centavo. As moedas dun centavo con formato grande emitíronse todos os anos ata 1857, agás en 1815, cando a escaseza de cobre no mercado fixo imposible a emisión desta moeda.[13] Na década de 1850, o custo de produción e distribución das moedas de cobre comezou a aumentar. Ademais, estas moedas só eran populares nos grandes centros urbanos. En 1857, coa supresión da moeda de medio centavo, introduciuse o chamado "centavo pequeno", que a partir de entón debía pesar 4,66 gramos, nunha aliaxe composta por un 88% de cobre e un 12% de níquel. A nova lei tamén permitía á Casa da Moeda e ao Departamento do Tesouro trocar as antigas moedas dun centavo e de medio centavo, así como as moedas españolas, polos novos centavos.[14]
Durante a guerra civil estadounidense, as moedas de prata e de ouro desapareceron da circulación, e tamén as moedas de cobre se converteron nunha rareza. En 1864, o Goberno estadounidense anunciou a emisión de centavos de bronce.[15]
En 1943, por mor da escaseza de cobre no mercado provocada pola segunda guerra mundial, o Departamento do Tesouro comezou a emitir moedas de aceiro recuberto de cinc. En 1944 retomouse a cuñaxe en bronce ata 1958.[16] Entre 1959 e 1982, volveuse á aliaxe de cobre para a cuñaxe de moedas dun centavo.[17] Desde 1982, as moedas deste valor cúñanse en discos de cinc recubertos de cobre.[18]
Esta é unha listaxe das moedas dun centavo de cobre, de tamaño grande:[19]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | ||
1793 [20] |
Cabelo solto (Flowing Hair) e cadeas no reverso |
13,48 | 26-27 | Cu 100% | ||
1793 [21] |
Cabelo solto (Flowing Hair) e coroa no reverso |
26-28 | ||||
1793-1796 [22] |
Busto con barrete | 13,48 | ~ 29 | Cu 100% | ||
1796-1807 [23] |
Busto drapeado | 10,89 | ~ 29 | Cu 100% | ||
1808-1814 [24] |
Cabeza clásica | 10,89 | ~ 29 | Cu 100% | ||
1816-1857 [25][26] |
Cabelo trenzado | 10,89 | 28-29 | Cu 100% |
Esta é unha listaxe das moedas dun centavo de cuproníquel, xa en tamaño reducido:[27]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | ||
1856-1858 [28] |
Centavo Flying Eagle | 4,67 | 19,00 | Cu 88% Ni 12% | ||
1859 [29] |
Centavo Indian Head | 4,67 | 19,00 | Cu 88% Ni 12% | ||
1860-1864 [30] |
Esta é unha listaxe das moedas dun centavo cuñadas en bronce:[31]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | ||
1864-1909 [32] |
Centavo Indian Head | 3,11 | 19,00 | Cu 95% Sn-Zn 5% | ||
1909-1942 1944-1958 [33] |
Centavo Lincoln (Lincoln Cent) |
3,11 | 19,00 | Cu 95% Sn-Zn 5% / Cu 95% Zn 5% (1944-1946) |
Por mor da segunda guerra mundial, o centavo cuñouse en aceiro revestido de cinc:[34]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | ||
1943-1944 [35] |
Centavo Lincoln | 2,70 | 19,00 | Núcleo: Ace Ext.: Zn |
A partir de 1959 o centavo emitiuse en bronce ata 1982 e en cinc cobreado en adiante:[36]
A introdución das moedas de 2 centavos, en virtude da Lei da Moeda de 1864, pretendía contrarrestar a escaseza de efectivo en circulación que se produciu polo acaparamento de moedas durante a guerra civil estadounidense.[43]
A moeda de 2 centavos tivo un único modelo:[44]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | ||
1864-1873 [45] |
2 centavos | 6,22 | 23,00 | Cu 95% Sn-Zn 5% |
A febre do ouro de California fixo que aparecesen no mercado grandes cantidades de ouro. Isto conduciu a unha redución do valor deste metal en relación coa prata, polo que as moedas deste metal pasaron a valer máis polo seu metal que polo seu valor nominal. En consecuencia, moitas moedas foron retiradas da circulación e fundidas. A Administración non quería pór diñeiro fiduciario no mercado, polo que se decidiu introducir unha moeda que contivese suficiente prata como para ser considerada nobre mais, ao mesmo tempo, cunha mestura de cobre que desalentase o seu acaparamento para a fundir. Xa que logo, o Congreso introduciu a moeda de prata de tres centavos en 1851.[46]
Esta é unha listaxe das moedas de 3 centavos cuñadas en prata:[47]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | ||
1851-1853 [48] |
3 centavos de prata | 0,80 | 14,00 | Ag 75% Cu 25% | ||
1854-1858 [49] |
0,75 | Ag 90% Cu 10% | ||||
1859-1873 [50] |
A guerra civil supuxo un motivo para o acaparamento das moedas de prata, mesmo das de baixa lei, como a de 3 centavos, polo que se fixo necesario substituír a moeda fraccionaria. Entre outras cousas, introduciuse no sistema unha nova moeda de 3 centavos cuñada en cuproníquel, que nun principio coexistiu coa súa equivalente de prata. Mais diversos factores, entre eles a redución das taxas de Correos e a existencia de grandes cantidades de moedas de un e de 5 centavos en circulación, fixeron que se deixasen de cuñar as moedas de 3 centavos en 1889.[51]
Esta é unha listaxe das moedas de 3 centavos cuñadas en cuproníquel: [52]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | ||
1865-1889 [53] |
3 centavos de níquel | 1,94 | 17,90 | Cu 75% Ni 25% |
Aínda que as moedas de 5 centavos de prata se estableceron na Lei da Moeda de 1792, a moeda dese ano tivo unha tiraxe moi limitada;[54] a cuñaxe en cantidades importantes non comezou ata 1795 —algunhas das moedas cuñadas nese ano amosan a data anterior de 1794—.[55] Ata 1837, as moedas deste valor facial pesaban 1,347 gramos e estaban cuñadas en discos de prata de 892 milésimas. En 1837, o peso das moedas rebaixouse a 1,336 gramos, mais cunha lei superior de 900 milésimas. En 1853, o peso da moeda reduciuse novamente, ata 1,24 gramos.[56] O acaparamento das moedas de metais preciosos durante a guerra civil tamén afectou a esta moeda, e as autoridades víronse na obriga de suplir a escaseza desta moeda no mercado emitindo o seu equivalente en cuproníquel. A moeda de 5 centavos foi a primeira nos Estados Unidos cuñada nesta aliaxe, en 1866.[57]
Durante a segunda guerra mundial, o níquel utilizouse amplamente na industria armamentística, o que levou a que en 1942 o Congreso prohibise o seu uso na cuñaxe. No canto del, decidiuse utilizar unha aliaxe de prata, cobre e manganeso, coa intención de que as pezas cuñadas con esta aliaxe fosen retiradas da circulación despois da guerra.[58] Finalizada a contenda, a moeda de 5 centavos continuou sendo cuñada en cuproníquel ata os nosos días.[59]
Esta é unha listaxe das moedas de 5 centavos (half dime) cuñadas en prata:[60]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | ||
1792 [61] |
Half Disme | 1,35 | ~ 17,5 | Ag 89,24% Cu 10,76% | ||
1794-1795 [62] |
Cabelo solto | 1,35 | ~ 16,5 | Ag 89,24% Cu 10,76% | ||
1796-1797 [63] |
Busto drapeado | 1,35 | ~ 16,5 | Ag 89,24% Cu 10,76% | ||
1800-1805 [64] |
||||||
1829-1837 [65] |
Busto con barrete | 1,35 | ~ 15,5 | Ag 89,24% Cu 10,76% (<1837) / Ag 90% Cu 10% (1837) | ||
1837-1838 [66] |
Liberdade sentada (Liberty Seated) |
1,34 | 15,50 | Ag 90% Cu 10% | ||
1838-1853 | 1,34 1,24 | |||||
1853-1855 [69] |
1,24 | |||||
1860-1873 [70] |
Esta é unha listaxe das moedas de 5 centavos (nickel) cuñadas en cuproníquel:[71]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | ||
1866-1867 [72] |
5 centavos Shield | 5,00 | 20,50 | Cu 75% Ni 25% | ||
1867-1883 [73] |
||||||
1883 [74] |
5 centavos Liberty Head | 5,00 | 21,20 | Cu 75% Ni 25% | ||
1883-1913 [75] |
||||||
1913-1938 [76] |
Buffalo | 5,00 | 21,20 | Cu 75% Ni 25% | ||
1938-1942 1946-2003 [77] |
5 centavos Jefferson | 5,00 | 21,20 | Cu 75% Ni 25% | ||
2004 [78][79] |
||||||
2005 | ||||||
> 2006 [82] |
Excepcionalmente, durante a segunda guerra mundial a moeda de 5 centavos cuñouse nunha aliaxe de prata, cobre e manganeso: [83]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | ||
1942-1945 [84] |
5 centavos Jefferson | 5,00 | 21,2 | Cu 56% Ag 35% Mn 9 % |
A moeda de 10 centavos (dime) foi unha das máis importantes do sistema monetario dos Estados Unidos. De todas as moedas introducidas pola Lei da Moeda de 1792, a de 10 centavos foi a primeira en producirse cunha tiraxe ampla para o seu uso común, en 1796.[85] Esta moeda cuñouse en prata ata 1965, cando se xeneralizou a emisión de moedas de cuproníquel, por mor da norma do Congreso de 1964 pola que se retiraba a prata da moeda en circulación.[86]
Esta é unha listaxe das moedas de 10 centavos (dime) de prata: [87]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | ||
1796-1797 [88] |
Busto drapeado | 2,70 | ~ 19,00 | Ag 89,24% Cu 10,76% | ||
1798-1807 [89] |
||||||
1809-1837 [90][91] |
Busto con barrete | 2,70 | 18,80 (1809-1827) / 18,50 (1828-1837) |
Ag 89,24% Cu 10,76% | ||
1837-1838 [92] |
Liberdade sentada | 2,67 | 17,90 | Ag 90% Cu 10% | ||
1838-1853 [93] |
||||||
1853-1855 [94] |
2,49 | |||||
1860-1873 [95] 1875-1891 [96] |
||||||
1873-1874 [97] |
2,50 | |||||
1892-1916 [98] |
Serie Barber | 2,50 | 17,90 | Ag 90% Cu 10% | ||
1916-1945 [99] |
10 cents Mercury | 2,50 | 17,90 | Ag 90% Cu 10% | ||
1946-1965 [100] |
10 cents Roosevelt | 2,50 | 17,90 | Ag 90% Cu 10% |
Esta é unha listaxe das moedas de 10 centavos (dime) de cuproníquel:[101]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | ||
1965-20___ [102] |
10 cents Roosevelt | 2,27 | 17,90 | Núcleo: Cu 100% Forro: Cu 91,67% Ni 8,33% |
Para protexer os intereses dos propietarios das minas de prata, que se queixaban da diminución da demanda deste metal logo da cancelación das moedas de prata de 3 centavos e de 5 centavos, tomouse a decisión de empezar a cuñar moedas de 20 centavos en prata. Esta foi unha decisión política que pretendía dar resposta á escaseza de moedas de metal nobre que daquela existía principalmente no Oeste dos Estados Unidos. As moedas deste valor facial resultaron impopulares entre a poboación debido a que se confundían doadamente coas de 25 centavos, dun tamaño e unha aparencia similares.[103]
As moedas de 20 centavos producíronse nun modelo único entre 1875 e 1878:[104]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | ||
1875-1878 [105] |
Liberdade sentada | 5,00 | 22,00 | Ag 90% Cu 10% |
Malia a creación da moeda de 25 centavos (un cuarto de dólar) en 1792, a primeira emisión desta moeda non se produciu ata 1796. Ata 1804 non amosaba o seu valor facial e ese ano engadíuselle no reverso a expresión "25c". Ata 1837, os cuartos de dólar tiñan un peso de 6,74 gramos, e a partir dese ano alixeiráronse ata os 6,68 gramos. Logo dalgunha nova flutuación, en 1873 o seu peso estabilizouse nos 6,25 gramos, se aumentou o peso da moeda.[106]
En 1964, o Congreso retirou a prata da cuñaxe en circulación nos Estados Unidos e desde esa data o cuarto de dólar Washington emítese cun núcleo de cobre recuberto de cuproníquel.[107] A partir de 1999, a moeda dun cuarto de dólar comezou a dedicar os seus reversos a diferentes programas conmemorativos, como o dedicado aos 50 estados da Unión e a outros territorios dos EEUU,[108] a serie America the Beautiful,[109] ou a dedicada ás mulleres americanas.[110]
Esta é unha listaxe das moedas de 25 centavos ou un cuarto de dólar cuñadas en prata:[111]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | ||
1796 [112] |
Busto drapeado | 6,74 | ~ 27,50 | Ag 89,24% Cu 10,76 | ||
1804-1807 [113] |
||||||
1815-1828 [114] 1831-1838 [115] |
Busto con barrete | 6,74 | 27,00 25,30 |
Ag 89,24% Cu 10,76 | ||
1838-1853 [116] 1856-1865 [117] |
Liberdade sentada | 6,68 | 24,30 | Ag 90% Cu 10% | ||
1853 [118] |
6,22 | |||||
1854-1855 [119] |
||||||
1866-1873 [120] 1875-1891 [121] |
||||||
1873-1874 [122] |
6,25 | |||||
1892-1916 [123] |
Serie Barber | 6,25 | 24,30 | Ag 90% Cu 10% | ||
1916-1917 [124] |
Liberdade en pé (Standing Liberty) |
6,25 | 24,30 | Ag 90% Cu 10% | ||
1917-1930 [125] |
||||||
1932-1964 [126] |
¼ dólar Washington | 6,25 | 24,30 | Ag 90% Cu 10% |
Esta é unha listaxe das moedas de 25 centavos cuñadas en cobre con baño de cuproníquel: [127]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | ||
1965-1974 1977-1998 [128] |
¼ dólar Washington | 5,67 | 24,30 | Núcleo: Cu 100% Forro: Cu 91,67% Ni 8,33% | ||
1976 [129] |
Bicentenario | 5,67 | 24,30 | Núcleo: Cu 100% Forro: Cu 91,67% Ni 8,33% | ||
1999-2008 [130] |
50 estados | Un reverso por cada un dos 50 estados. |
5,67 | 24,30 | Núcleo: Cu 100% Forro: Cu 91,67% Ni 8,33% | |
2009 [131] |
Distrito de Columbia e outros territorios |
Un reverso por cada un dos 6 territorios. |
5,67 | 24,30 | Núcleo: Cu 100% Forro: Cu 91,67% Ni 8,33% | |
2010-2021 [132] |
America the Beautiful | 56 reversos sobre parques nacionais e lugares históricos. |
5,67 | 24,30 | Núcleo: Cu 100% Forro: Cu 91,67% Ni 8,33% | |
> 2022 [133] |
Mulleres americanas | Mulleres na historia dos EEUU. |
5,67 | 24,30 | Núcleo: Cu 100% Forro: Cu 91,67% Ni 8,33% |
As moedas de cincuenta centavos foron establecidas pola Lei da Moeda de 1792 e a primeira cuñaxe con este valor facial produciuse en 1794. En 1837, estas moedas tiñan un peso de 13,48 gramos e estaban cuñadas en prata de 892 milésimas, e a partir dese ano o seu peso reduciuse a 13,36 gramos, aínda que a pureza da prata se elevou ata as 900 milésimas, unha lei que se mantivo ata 1965. En 1853, debido a que as moedas de 50 centavos valían máis polo seu metal que polo seu valor nominal, decidiuse rebaixar o seu peso ata os 12,44 gramos. A partir da Lei da Moeda de 1873, que cancelou temporalmente a cuñaxe de moedas dun dólar de prata nos Estados Unidos, a moeda de 50 centavos pasou a ser o valor facial máis alto do sistema e o seu peso subiu ata os 12,49 gramos.[134]
En 1964, o Congreso retirou a prata da cuñaxe en circulación, mais con esta moeda fíxose unha excepción ata 1970, xa que o medio dólar Kennedy se emitiu cun baño de prata de 900 milésimas. A partir desa data, o medio dólar cúñase coa habitual composición dun núcleo de cobre revestido por cuproníquel.[135][136]
Esta é unha listaxe das moedas de 50 centavos (medio dólar) cuñadas en prata:[137]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | ||
1794-1795 [138] |
Cabelo solto | 13,47 | 32,50 | Ag 89,24% Cu 10,76% | ||
1796-1797 [139] |
Busto drapeado | 13,48 | 32,50 | Ag 89,24% Cu 10,76% | ||
1801-1807 [140] |
||||||
1807-1836 [141] |
Busto con barrete | 13,47 | 32,50 | Ag 89,24% Cu 10,76% | ||
1836-1837 [142] |
50 CENTS | 13,48 | 30,00 | Ag 90% Cu 10% | ||
1838-1839 [143] |
HALF DOL. | 13,36 | ||||
1839-1853 [144] |
Liberdade sentada | 13,36 | 30,60 | Ag 90% Cu 10% | ||
1853 [145] |
Frechas na data | Raios arredor da aguia | 12,44 | |||
1854-1855 [146] |
Sen frechas | Sen raios | ||||
1856-1866 [147] |
||||||
1866-1874 [148] 1875-1891 [149] |
||||||
1873-1874 [150] |
12,49 | |||||
1892-1915 [151] |
Serie Barber | 12,49 | 30,60 | Ag 90% Cu 10% | ||
1916-1947 [152] |
Liberdade camiñando (Walking Liberty) |
12,49 | 30,60 | Ag 90% Cu 10% | ||
1948-1963 [153] |
½ dólar Franklin | 12,49 | 30,60 | Ag 90% Cu 10% | ||
1964 [154] |
½ dólar Kennedy | 12,49 | 30,60 | Ag 90% Cu 10% | ||
1965-1970 [155] |
11,50 | Ag 80% Cu 20% (ext.) / Ag 20,9% Cu 79,1% (núcleo). |
Esta é unha listaxe das moedas de 50 centavos cuñadas en cobre con baño de cuproníquel:[156]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | ||
1971-20__ [157] |
½ dólar Kennedy | 11,34 | 30,60 | Núcleo: Cu 100% Forro: Cu 91,67% Ni 8,33% | ||
1976 [158] |
½ dólar Kennedy Bicentenario |
A Lei da moeda de 1792 estableceu a cuñaxe de moedas dun dólar de ouro. Desde 1935 ata o 31 de decembro de 1974, a posesión de ouro por parte dos cidadáns estadounidenses estivo prohibida.[159]
Esta é unha listaxe das moedas dun dólar de ouro:[160]
A mesma Lei da Moeda de 1792 prevía tamén a emisión de moedas dun dólar en prata, que comezaron a producirse a partir de 1794. A súa cuñaxe mantívose, con interrupcións, ata 1935.[164][165] En 1964, o Congreso decidiu que se deixase de aceptar como pagamento o dólar de prata e un ano máis tarde a Lei da Moeda de 1965 incluíu unha disposición pola que deixaban de producirse cuñaxes en prata para a circulación nos Estados Unidos.[166]
Esta é unha listaxe das moedas dun dólar de prata:[167]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | ||
1794-1795 [168] |
Dólar do cabelo solto | 26,96 | 39-40 | Ag 90% Cu 10% | ||
1795-1798 [169] |
Dólar do busto drapeado | 26,96 | 39-40 | Ag 89,2% Cu 10,8% | ||
1798-1804 [170] |
||||||
1836-1839 [171] |
Dólar Gobrecht | 26,95 (<1837) / 26,72 (>1837) |
39-40 | Ag 89,2% Cu 10,8%Ag (<1837) / Ag 89,2% Cu 10,8% (>1837) | ||
1840-1866 [172] |
Dólar Liberdade sentada | 26,73 | 38,10 | Ag 90% Cu 10,0% | ||
1866-1873 [173] |
||||||
1873-1885 [174] |
Dólar de comercio | 27,22 | 38,10 | Ag 90% Cu 10,0% | ||
1878-1921 [175] |
Dólar Morgan | 26,73 | 38,10 | Ag 90% Cu 10,0% | ||
1921-1935 [176] |
Dólar Peace | 26,73 | 38,10 | Ag 90% Cu 10,0% |
En 1970 aprobouse unha nova lei pola que se creaba unha nova moeda circulante dun dólar, en conmemoración, simultaneamente, do expresidente Dwight Eisenhower e da misión do Apollo 11, xa coa nova composición dun núcleo de cobre revestido por cuproníquel. Esta moeda, coñecida como dólar Eisenhower, cuñouse ata 1978. En 1976 cambióuselle o reverso en conmemoración do 200 aniversario da independencia dos EE.UU.[177]
En 1978, o Congreso aprobou unha lei que obrigaba a emitir unha moeda dun dólar diferente a todas as emisións anteriores. Esta decisión apoiouse nun informe do Departamento do Tesouro que aseguraba que os estadounidenses eran reticentes a utilizar a moeda dun dólar por mor do seu excesivo tamaño e peso. Ademais, a nova moeda debía desprazar da circulación o billete da mesma denominación. Este novo dólar de tamaño reducido é coñecido como dólar Susan B. Anthony e estivo en produción entre 1979 e 1999.[178]
Esta é unha listaxe das moedas dun dólar cuñadas en cobre con baño de cuproníquel: [179]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | ||
1971-1974 1977-1978 [180] |
Dólar Eisenhower | 22,68 | 38,10 | Núcleo: Cu 100% Forro: Cu 91,67% Ni 8,33% | ||
1976 [181] |
Dólar Eisenhower - Bicentenario |
|||||
1979-1999 [182] |
Dólar Susan B. Anthony | 8,10 | 26,50 | Núcleo: Cu 100% Forro: Cu 91,67% Ni 8,33% |
A introdución do programa Susan B. Anthony foi un fracaso, pola súa similitude coa moeda dun cuarto de dólar, e a poboación seguiu a preferir o billete dun dólar á moeda do mesmo valor. En 1997 aprobouse unha lei que obrigaba a elixir unha imaxe distintiva e característica para unha moeda dun dólar, que se cuñaría nunha anovadora aliaxe de cor dourada, para a distinguir do cuarto de dólar. Esta foi a orixe do dólar Sacagawea, cuñado por vez primeira en 2000,[183] e que desde 2009 varía o seu reverso para conmemorar acontecementos importantes para as poboacións nativas americanas.[184] Paralelamente, emítese desde 2005 unha serie coñecida como dólar presidencial, dedicada aos expresidentes dos EEUU,[185] e desde 2018 outra dedicada á innovación tecnolóxica no país.[186]
Esta é unha listaxe das moedas dun dólar en aliaxe dourada de Cu, Zn, Mn e Ni:
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | ||
2000-2008 [187] |
Dólar Sacagawea | 8,10 | 26,5 | Total: Cu 88,5% Zn 6% Mn 3,5% Ni 2% | ||
> 2009 [188] |
15 reversos diferentes relacionados cos nativos americanos. | |||||
2007-2020 [189] |
Dólar presidencial | 40 anversos diferentes, con rostros dos presidentes dos EEUU. |
8,10 | 26,5 | Total: Cu 88,5% Zn 6% Mn 3,5% Ni 2% | |
> 2018 [190] |
Dólar American Innovation | Un reverso en 2018 e catro novos reversos anuais desde entón, dedicados á innovación nos Estados Unidos. |
8,10 | 26,5 | Total: Cu 88,5% Zn 6% Mn 3,5% Ni 2% |
A Lei da Moeda de 1792 estableceu tamén unha moeda de ouro de 2½ dólares, coñecida tamén como "cuarto de aguia". Esta moeda cuñouse inicialmente en ouro de 916 milésimas, mais a partir de 1834 baixou a súa pureza a 899 milésimas, e a partir de 1837 subiu novamente, ata 900 milésimas.[191]
Esta é unha listaxe das moedas de 2½ dólares ou un cuarto de aguia, cuñadas, con interrupcións, entre 1796 e 1929 con diferentes modelos:[192]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | ||
1796 [193] |
Busto drapeado | 4,37 | 20,00 | Au 91,67% Cu 8,33% | ||
1796-1807 [193] |
||||||
1808 [194] |
Busto con barrete | 4,37 | 20,00 | Au 91,67% Cu 8,33% | ||
1821-1834 [195][196] |
4,37 | 20,00 (<1829) 18,50 (1829) 18,2 (>1829) |
Au 91,67% Cu 8,33% | |||
1834-1839 [197] |
Cabeza clásica | 4,18 | 18,20 | Au 89,92% Cu 10,08% | ||
1840-1907 [198] |
Cabeza da Liberdade | 4,18 | 18,00 | Au 90% Cu 10% | ||
1908-1929 [199] |
Cabeza de indio (Indian Head) |
4,18 | 18,00 | Au 90% Cu 10% |
As moedas de ouro de tres dólares foron introducidas mediante a Lei da Moeda de 1853. Descoñécense os motivos da creación da moeda deste valor facial. Consonte diversas hipóteses, debían utilizarse para comprar follas de cen selos de correos (a 3 centavos por folla) ou para facilitar a compra de grandes cantidades de moedas de 3 centavos, introducidas tres anos antes.[200][201]
A moeda de 3 dólares de ouro cuñouse cun único modelo entre 1854 e 1889:[201][202]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | ||
1854-1889 [203] |
Cabeza de princesa india | 5,015 | 20,50 | Au 90% Cu 10% |
Outra das moedas autorizadas pola Lei da Moeda de 1792 foi a de 5 dólares ou "media aguia". Naquel momento era a segunda moeda estadounidense co valor máis alto.[204]
Esta é unha listaxe dos diferentes modelos en que se cuñou a moeda de 5 dólares de ouro, entre 1795 e 1929:[205]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | ||
---|---|---|---|---|---|
Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | |||
1795-1798 [206] |
Busto drapeado | 8,75 | 25,00 | Au 91,67% Cu 8,33% | |
1798-1807 [207] |
|||||
1807-1812 [208] |
Busto con barrete | 8,74 | 25,00 | Au 91,67% Cu 8,33% | |
1813-1834 [209] |
25 (1813-1829) 22,50 (1829-1834) | ||||
1834-1838 [210] |
Cabeza clásica | 8,35 | 22,50 | Au 89,9% Cu 10,1% | |
1839-1866 [211] |
Cabeza da Liberdade | 8,35 | 22,50 (1839-1840) | Au 90% Cu 10% | |
21,60 (1840-1908) | |||||
1866-1908 [212] |
|||||
1908-1929 [213] |
Cabeza de indio | 8,35 | 21,60 | Au 90% Cu 10% |
As moedas de ouro de 10 dólares, coñecidas tamén como aguias, foron o máis alto dos valores establecidos en virtude da Lei da Moeda de 1792. A súa cuñaxe comezou en 1795. Entre 1804 e 1838 a súa emisión detívose debido a que as moedas de ouro estaban a ser acaparadas pola poboación e trasladadas a fóra dos Estados Unidos, ou fundidas no país, xa que o prezo do ouro que contiñan era superior ao seu valor nominal. En 1838 retomouse a súa cuñaxe ata o seu cesamento definitivo por decisión do presidente Franklin D. Roosevelt o 5 de abril de 1933, quen ordenou que as moedas circulantes de ouro fosen devoltas á Reserva Federal. O 30 de xaneiro de 1934 entrou en vigor a Lei da Reserva de Ouro, que finalmente retirou o ouro da circulación nos Estados Unidos.[214]
Esta é unha listaxe dos diferentes modelos en que se cuñou a moeda de 10 dólares de ouro, entre 1795 e 1933:[215]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | ||
---|---|---|---|---|---|
Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | |||
1795-1797 [216] |
Busto con barrete | 17,49 | 33,00 | Au 91,6% Cu 8,4% | |
1797-1804 [217] |
|||||
1838-1866 [218] |
Cabeza da Liberdade | 16,71 | 27,00 | Au 90% Cu 10% | |
1866-1907 [219] |
|||||
1907-1908 [220] |
Cabeza India | 16,71 | 27,00 | Au 90% Cu 10% | |
1908-1933 [221] |
A cuñaxe de ouro nos Estados Unidos estivo moi influída pola febre do ouro californiana. A grande afluencia de ouro no mercado implicou que a prata se infravalorase. As moedas de prata dun dólar resultaron ser máis valiosas polo seu valor intrínseco que polo seu valor nominal. O 20 de febreiro de 1849 presentouse un proxecto de lei como resultado dunha combinación de propostas anteriores para reformar o sistema monetario, que foi aprobado inicialmente pola Cámara de Representantes e finalmente polo Senado o 3 de marzo de 1849, que deu lugar á Lei da Moeda de 1849, pola que se establecía unha nova moeda de ouro. con valor de 20 dólares. A idea principal na que se baseaba a introdución desta moeda, coñecida tamén como "dobre aguia", era o desexo de converter en moeda as grandes cantidades de ouro existentes no mercado co menor esforzo posible por parte das cecas da Casa da Moeda dos Estados Unidos.[222]
Esta é unha listaxe das moedas de 20 dólares de ouro ou "dobres aguias", cuñadas entre 1850 e 1933:[223]
Datas | Denominación do modelo | Imaxe | Especificacións | ||
---|---|---|---|---|---|
Peso (g) | Módulo (mm) | Composición | |||
1850-1866 [224] |
20 dólares Liberty Head | 33,4362 | 34,00 | Au 90% Cu 10% | |
1866-1876 [225] |
|||||
1877-1907 [226] |
|||||
1907 [227] |
20 dólares Saint-Gaudens | 33,4362 | 34,00 | Au 90% Cu 10% | |
1907-1908 [228] |
|||||
1908-1933 [229] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.