Apollo 11
misión espacial tripulada de Estados Unidos, a primeira en levar persoas á Lúa From Wikipedia, the free encyclopedia
O Apollo 11 foi unha misión espacial tripulada dos Estados Unidos cuxo obxectivo foi lograr que un ser humano camiñase na superficie da Lúa. A misión enviouse ao espazo o 16 de xullo de 1969, aluando o 20 de xullo dese mesmo ano e ao día seguinte logrou que 2 astronautas (Armstrong e Aldrin) camiñasen sobre a superficie lunar. O Apollo 11 foi impulsado por un foguete Saturno V desde a plataforma LC 39A e lanzado ás 13:32 UTC do complexo de cabo Kennedy, en Florida (Estados Unidos). Oficialmente coñeceuse á misión como AS-506. A misión está considerada como un dos momentos máis significativos da historia da Humanidade e a Tecnoloxía.
Apollo 11 | |||||
Insignia da misión | |||||
![]() | |||||
Datos da misión | |||||
---|---|---|---|---|---|
Misión: | Apollo 11 | ||||
Nome dos módulos: | Módulo de mando: Columbia Módulo lunar: Eagle | ||||
Rampla de lanzamento: | Centro Espacial Kennedy, Florida LC 39A | ||||
Engalaxe: | 16 de xullo de 1969 13:32:00 UTC | ||||
Aluaxe: | 20 de xullo de 1969 20:17:40 UTC 0°40′26.69″ N 23°28′22.69″ E Mare Tranquillitatis | ||||
Tempo AEV lunar: | 2 h 31 min 40 s | ||||
Tempo na superficie da Lúa: | 21 h 31 m 20 s | ||||
Cantidade de mostras: | 21,55 kg | ||||
Amaraxe: | 24 de xullo de 1969 16:50:35 UTC 13°19′N 169°9′O | ||||
Duración: | 8 d 03 h 18 m 35 s | ||||
Número de órbitas lunares: | 30 | ||||
Tempo en órbitas lunares: | 59 h 30 min 25,79 s | ||||
Masa: | MC: 30.320 kg; ML: 16.448 kg | ||||
Foto da tripulación | |||||
![]() E-D: Armstrong, Collins, e Aldrin. | |||||
Outras misións | |||||
|

Tripulación
A tripulación do Apollo 11 estaba composta polo comandante da misión Neil A. Armstrong, de 38 anos; Edwin E. Aldrin Jr., de 39 anos e piloto do LEM, alcumado Buzz; e Michael Collins, de 38 anos e piloto do módulo de mando.
Tecnoloxía de transmisión
A retransmisión de imaxes dende a superficie da Lúa representou un reto técnico que había que lle sumar ó envío dos sinais de control e coordinación a e dende a Lúa e a e dende o módulo en órbita. Para logralo, necesitouse dende o deseño de novas cámaras para o módulo no chan, a cargo de Westinghouse, e para o módulo en órbita, a cargo de RCA Corporation, para resistir as condicións da viaxe, a máis de reconverter o sinal dende 320 liñas e 10 imaxes por segundo (frames per second, FPS) a 525 e 30 FPS da televisión comercial daquela.[1]
Outros detalles
A denominación das naves, privilexio do comandante, foi Eagle para o módulo lunar e Columbia para o módulo de mando.
O comandante Neil Armstrong foi o primeiro ser humano que pisou a superficie da Lúa, o 20 de xullo de 1969 ás 2:56 (hora internacional UTC) ao sur do Mar da Tranquilidade (Mare Tranquillitatis), seis horas e media despois de aluar. Este fito histórico retransmitiuse a todo o planeta desde as instalacións do Observatorio Parkes (Australia). Inicialmente o paseo lunar ía ser retransmitido a partir do sinal que chegase á estación de seguimento de Goldstone (California, Estados Unidos), pertencente á Rede do Espazo Profundo, pero ante a mala recepción do sinal optouse por utilizar o sinal da estación Honeysuckle Creek, próxima a Camberra (Australia).[2] Esta retransmitiu os primeiros minutos do paseo lunar, tralos cales o sinal do observatorio Parkes foi utilizado de novo durante o resto do paseo lunar.[3] As instalacións do MDSCC en Robledo de Chavela (Madrid, España) tamén pertencentes á Rede do Espazo Profundo, serviron de apoio durante toda a viaxe de ida e volta.[4][5]
O 24 de xullo, os tres astronautas lograron unha perfecta amaraxe en augas do océano Pacífico, pondo fin á misión.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.