Remove ads
Misión do programa Apolo From Wikipedia, the free encyclopedia
Apollo 10 foi a cuarta misión tripulada do programa Apollo (denominada oficialmente como AS-505) dos Estados Unidos, a segunda tralo Apollo 8 en orbitar a Lúa. Lanzada o 18 de maio de 1969, foi a denominada "misión F": unha proba para o primeiro aterraxe lunar, probando os compoñentes e procedementos sen chegar a completar a aterraxe. O módulo lunar seguiu unha órbita de descenso ata uns 15,6 km da superficie lunar.[1]
Apollo 10 | |||||
Insignia da misión | |||||
Datos da misión | |||||
---|---|---|---|---|---|
Misión: | Apollo 10 | ||||
Nome dos módulos: | Módulo de mando: Charlie Brown Módulo lunar: Snoopy | ||||
Rampla de lanzamento: | Centro Espacial Kennedy, Florida LC 39A | ||||
Engalaxe: | 18 de maio de 1969 16:49:00 UTC | ||||
Amaraxe: | 26 de maio de 1969 16:52:23 UTC 15°2′S 164°39′O | ||||
Duración: | 8 días 0 h 03 min 23 s | ||||
Número de órbitas lunares: | 31 | ||||
Tempo en órbitas lunares: | 61 h 37 min 23.6 s Do 21 de maio 20:44:54 ata o 24 de maio 10:25:29 UTC | ||||
Masa: | MC: 30.320 kg; ML: 16.448 kg | ||||
Foto da tripulación | |||||
E-D: Cernan, Young e Stafford | |||||
Outras misións | |||||
|
Os seus tripulantes foron Thomas Stafford -comandante-, John W. Young e Eugene A. Cernan.[2]
Esta misión foi unha combinación das dúas anteriores, xa que por primeira vez situouse o módulo lunar (L.M.) nunha órbita próxima á Lúa, e realizáronse alí as manobras necesarias que xa se efectuaron en órbita ao redor da Terra.
Stafford e Cernan situáronse no módulo lunar "Snoopy", tras abandonar o de mando e servizo C.S.M., e lograron situarse en órbita lunar elíptica, cuxo perilunio quedou situado a uns 14 quilómetros sobre a súa superficie.[3]
Durante a segunda e última volta á Lúa o módulo lunar perdeu o control, recuperado pouco despois polo seu piloto Thomas Stafford. Tras finalizar esta manobra, abandonouse o módulo lunar, que foi lanzado en órbita ao redor do Sol, e tras embarcar no módulo de mando «Charlie Brown», dirixíronse á Terra.[4]
Esta misión supuxo o ensaio final do descenso á Lúa, realizándose ademais multitude de fotografías das zonas de aluaxe nas 31 órbitas que realizou á mesma. Amarou o día 26 de maio tras 192 horas, 3 minutos e 23 segundos de voo.[5]
Estes foron os principais aspectos da misión:[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.