Eugene Andrew Cernan, nado en Chicago (Illinois) o 14 de marzo de 1934 e finado en Houston (Texas) o 16 de xaneiro de 2017, foi un astronauta estadounidense. Formou parte das misións Gemini 9A, Apollo 10 e Apollo 17, e pasou un total de 23,59 días no espazo.[1][2]

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Gene Cernan
Thumb
Nome orixinal(en) Eugene Cernan
Biografía
Nacemento(en) Eugene Andrew Cernan
14 de marzo de 1934
Chicago, Estados Unidos de América
Morte16 de xaneiro de 2017 (82 anos)
Houston, Estados Unidos de América
Lugar de sepulturaTexas State Cemetery (en) (2017–)
EducaciónUniversidade Purdue
Naval Postgraduate School (pt)
Actividade
Ocupaciónoficial da armada, empresario, Enxeñeiro de aviación, autobiógrafo, astronauta, piloto de guerra, piloto naval
EmpregadorNASA, astronauta
Carreira militar
Rama militarArmada dos Estados Unidos de América
Rango militarcaptain (en)
Tempo no espazo23 días, 14 horas e 15 minutos
Misión do astronauta
Cronoloxía
11 de decembro de 1972-14 de decembro de 1972camiñata na Lúa
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Сернан Юджин)
Obálky knih,
Enciclopedia soviética armenia, volume 10, (p.342)
WikiTree: Cernan-1
Pechar

Traxectoria

Graduouse en enxeñería eléctrica pola Universidade Purdue en 1956 e en enxeñería aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos. Foi un dos catorce candidatos a astronauta seleccionados pola NASA en outubro de 1963. Na misión Gemini 9A ocupou o posto de piloto, con Tom Stafford como comandante. Máis tarde formou parte da tripulación de apoio das misións Gemini 12 e Apollo 7. Foi piloto da misión Apollo 10, lanzada o 18 de maio de 1969, que orbitou a Lúa. A súa última misión foi como comandante da misión Apollo 17, a última misión tripulada cara a Lúa. Pasou no espazo un total de 23,59 días.[1][2]

Vida persoal

Casou con Jan Nanna Cernan e tivo tres fillas.[1][2]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.