Misión espacial tripulada dos Estados Unidos. From Wikipedia, the free encyclopedia
Gemini 9A foi a sétima misión tripulada do programa Gemini. A tripulación estaba formada por Thomas P. Stafford e Eugene A. Cernan, sendo a tripulación de apoio James A. Lovell e Edwin E. Aldrin. A tripulación orixinal da Gemini 9A eran Elliot M. See e Charles M. Bassett II, que faceleceron nun accidente aéreo o 28 de febreiro de 1966, e facendo que Stafford e Cernan, orixinalmente tripulación de apoio, pasasen a ser a tripulación principal.[2][6]
Gemini 9A | |
---|---|
Insignia da misión Gemini 9A. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 3 de xuño de 1966, 13:39:33,335 UTC[1][2][3][4] |
Foguete portador | Titan II GLV[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-19[2] |
Duración da misión | 3,01 días (72 horas, 29 minutos e 50 segundos)[2][6] |
Obxectivo da misión | Experimentos e prácticas de manobras con nave tripulada.[2] |
Decaemento | 6 de xuño de 1966[1] |
NSSDC ID | 1966-047A |
Masa | 3750,0 kg[2][6] |
A misión orixinal (Gemini 9) debería ter sido lanzada o 17 de maio, pero o lanzamento do vehículo non tripulado que debería servir como obxectivo para a misión fallou, co que a data para o lanzamento se pospuxo. Finalmente, a misión, denominada agora Gemini 9A, foi lanzada o 3 de xuño de 1966 ás 13:39:33,335 UTC (8:39:33 EST) desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral e insertada nunha órbita inicial de 158,8 km de perixeo e 266,9 km de apoxeo. Tras tres órbitas a cápsula encontrouse co ATDA (Augmented Target Docking Adapter), que por un problema mecánico aínda tiña a cofia acoplada, impedindo o atraque da Gemini 9A. Os plans da misión cambiaron para, en lugar do acoplamento, facer exercicios de cita espacial co ATDA. O primeiro exercicio, sen radar e unicamente mediante navegación óptica, finalizou ás 15:15. O segundo simulou a cita dun futuro módulo de mando Apolo cun hipotético módulo lunar tras a cancelación da aluaxe, e foi completada ás 6:21 do 4 de xuño. A Gemini 9A separouse definitivamente do ATDA ás 7:38, e o paseo espacial planeado para ese día foi posposto debido ó cansazo da tripulación. O 5 de xuño ás 10:02 EST, a cabina foi despresurizada como preparación para o paseo espacial. Cernan saeu ás 19:19, atado por un umbilical de 8 metros de longo que lle proporcionaba osíxeno.
Unha vez fóra, recolleu o detector de micrometeoritos situado nun lateral da cápsula e moveuse arredor da mesma, informando de dificultades para moverse e orientarse. Cernan sacou fotos da cápsula Gemini flotando desde o extremo do umbilical. Logo regresou ata a parte posterior da cápsula, onde se atopaba a Astronaut Maneuvering Unit (AMU), un sistema de manobra para astronautas durante paseos espaciais e que debía probar. O exercicio consistía en desconectarse da subministración de osíxeno do umbilical para poñerse a AMU (aínda que seguiría unido á cápsula por un cable) e usar a súa reserva de osíxeno e afastarse 45 metros da cápsula. A tarefa de poñerse a AMU durou máis do previsto e requiriu un esforzo adicional por parte de Cernan, sobrecargando o seu sistema de soporte vital e empañando o seu visor, o que limitaba a súa visión. Ademais atopouse que a radio da AMU tiña problemas, co que Stafford ordenou a Cernan que volvese á cabina da cápsula, finalizando o paseo espacial ás 12:10, que cunha duración de 2 horas e 8 minutos foi o paseo máis longo ata o momento.
Os retrofoguetes foron encendidos na órbita número 45, ás 8:26:17 EST do día 6 de xuño. A cápsula amarou ás 9:00:23 EST no océano Atlántico occidental, a 0,7 km do punto planeado e a 27,87° N e 75,00° O. O tempo total de misión foi de 72 horas, 20 minutos e 50 segundos. A tripulación foi recollida polo U.S.S. Wasp ás 9:52 EST.[2][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.