Misión espacial tripulada dos Estados Unidos. From Wikipedia, the free encyclopedia
Gemini 8 foi a sexta misión tripulada do programa Gemini. A tripulación estaba formada por Neil A. Armstrong e David R. Scott, sendo a tripulación de apoio Charles Conrad e Richard F. Gordon.[2][6]
Gemini 8 | |
---|---|
A cápsula Gemini 8 en exhibición no Museo do Aire e do Espazo en Wapakoneta, Ohio. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 16 de marzo de 1966, 16:41:02,389 UTC[1][2][3][4] |
Foguete portador | Titan II GLV[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-19[2] |
Duración da misión | 0,45 días (10 horas, 41 minutos e 26 segundos)[2][6] |
Obxectivo da misión | Experimentos e prácticas de manobras con nave tripulada.[2] |
Decaemento | 17 de marzo de 1966[1] |
NSSDC ID | 1966-020A |
Masa | 3789,0 kg[2][6] |
Gemini 8 foi a sexta misión tripulada do programa Gemini. Os obxectivos da misión foron facer prácticas de cita espacial e acoplamentos coa nave non tripulada GATV 8, lanzada previamente, e facer prácticas de paseo espacial. Como obxectivos secundarios, a misión incluía situar o GATV 8 nunha órbita circular de 410 km de altura, avaliar os sistemas da nave e demostrar unha reentrada atmosférica controlada. Gemini 8 tamén levaba a bordo dez experimentos relacionados coa tecnoloxía, a medicina e outras areas científicas.[2][6]
Gemini 8 foi lanzada o 16 de marzo de 1966 ás 16:41:02,389 UTC (10:41:02 EST) desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral e insertada nunha órbita inicial de 159,9 km de perixeo e 271,9 km de apoxeo. Durante as seis horas seguintes manobrou para atoparse co GATV 8, lanzado unhas horas antes. A fase de cita espacial concluíu ás 16:39 EST, coas naves estacionadas a unha distancia de 45 metros a unha da outra. Media hora máis tarde a Gemini 8 acercouse para acoplarse co GATV, ás 17:14, durante a quinta órbita, converténdose no primeiro acoplamento que tivo lugar no espazo.[2][6]
Uns 27 minutos despois do acoplamento, o conxunto comezou a xirar de maneira incontrolada. Armstrong desacoplou a cápsula do GATV, empeorando o xiro e facéndoo máis rápido, chegando e posiblemente superando unha velocidade de rotación dunha volta por segundo, corréndose o risco de que os astronautas quedaran inconscientes. Os astronautas desactivaron o sistema de control de actitude (OAMS polas súas siglas en inglés) da cápsula, usando os 16 propulsores do sistema de control de reentrada (RCS) para eliminar o xiro. A manobra tivo éxito, quedando a nave estabilizada ás 18:06:30 á custa de ter usado o 75% do propelente do RCS. Unha análise do problema do xiro atopou que a causa estivera no propulsor número 8 do OAMS, que quedou encendido debido a un curtocircuíto durante as manobras co GATV acoplado.[2][6]
O control de terra programou un regreso inmediato da cápsula en virtude das normas de seguridade, ó terse consumido a maior parte do propelente do RCS. O resto de actividades da misión foron canceladas. Os retrofoguetes foron encendidos na sétima órbita, ás 21:45:49 EST e tan só 10 horas tras o lanzamento. A cápsula amarou ás 22:22:28 EST (aínda que na zona de amaraxe era de día) sen problemas no océano Pacífico occidental, a 800 km ó oeste de Okinawa, a 25,22° N e 136,00° E, a 2 km do punto calculado de amaraxe. O tempo total de misión foi de 10 horas, 41 minutos e 26 segundos. A tripulación foi recollida polo U.S.S. Mason ás 1:28 EST do 17 de marzo e cápsula ás 1:37.[2][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.