Astronauta estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Charles "Pete" Conrad Jr., nado en Filadelfia, Pensilvania, o 2 de xuño de 1930 e finado o 8 de xullo de 1999 a consecuencia das feridas nun accidente de ciclomotor, foi un astronauta norteamericano.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Charles Conrad, Jr. 2 de xuño de 1930 Filadelfia, Estados Unidos de América |
Morte | 8 de xullo de 1999 (69 anos) Ojai, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | morte accidental, accidente de motocicleta |
Lugar de sepultura | Cemiterio Nacional de Arlington, Section 11, Site 113-3 38°52′22″N 77°04′27″O |
Outros nomes | Pete Conrad |
Educación | Universidade de Princeton - enxeñaría aeroespacial (–1953) The Haverford School (en) Darrow School Escola de Piloto de Teste Naval dos Estados Unidos (pt) |
Actividade | |
Ocupación | astronauta (1962–1973), aviador, oficial, piloto de automobilismo |
Período de actividade | (Con vida en: 1969 ) |
Empregador | NASA, astronauta |
Carreira militar | |
Rama militar | Armada dos Estados Unidos de América |
Rango militar | captain (en) |
Tempo no espazo | 49 días, 3 horas e 38 minutos |
Misión do astronauta | |
Deporte | automobilismo |
Familia | |
Cónxuxe | Jane Conrad (1953–1988) |
Cronoloxía | |
19 de novembro de 1969-20 de novembro de 1969 | camiñata na Lúa |
Premios | |
Descrito pola fonte | Armenian Soviet Encyclopedia, vol. 5 (en) , (p.584) |
Conrad estudou na escola Haverford, en Haverford, Pensilvania, e na escola Darrow en Nova Lebanon (Nova York). Graduouse en enxeñería aeronáutica pola Universidade de Princeton en 1953 e era máster por Princeton en 1966. Recibiu un doutoramento honorario en dereito pola Universidade Lincoln-Weslyan en 1970 e outro en ciencias polo Kings College de Wilkes-Barre, en Pensilvania, en 1971.[1][2]
Despois da súa graduación en 1953, Conrad entrou na armada e converteuse en aviador naval. Máis tarde fíxose piloto de probas en Patuxent River, Maryland, traballando tamén como instrutor de voo e enxeñeiro na escola de pilotos de proba. Foi seleccionado como astronauta da NASA en setembro de 1962. Voou por primeira vez na misión Gemini 5, establecendo un récord de duración de permanencia no espazo. Comandou a misión Gemini 11, establecendo un récord de altitude, e foi comandante da misión Apollo 12, a segunda aluaxe da historia. A última misión na que participou foi, tamén como comandante, a Skylab 2. Conrad retirouse da NASA en decembro de 1973.[1][2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.