misión espacial tripulada dos Estados Unidos From Wikipedia, the free encyclopedia
Gemini 4 foi a segunda misión tripulada do programa Gemini. A tripulación estaba formada por James A. McDivitt e Ed White, sendo a tripulación de apoio Frank Borman e James Lovell.[2][6]
Gemini 4 | |
---|---|
Insignia da misión Gemini 4 | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 3 de xuño de 1965, 15:15:59.562 UTC[1][2][3][4] |
Foguete portador | Titan II GLV[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-19[2] |
Duración da misión | 4,08 días (97 horas, 56 minutos e 12 segundos)[2][6] |
Obxectivo da misión | Experimentos e prácticas de manobras con nave tripulada.[2] |
Decaemento | 7 de xuño de 1965[1] |
NSSDC ID | 1965-043A |
Masa | 3574,0 kg[2][6] |
Gemini 4 foi a segunda misión tripulada do programa Gemini e durante a cal tivo lugar o primeiro paseo espacial dun estadounidense. Os obxectivos da misión, a parte de realizar a camiñada espacial, foron demostrar a capacidade das cápsulas Gemini e adquirir experiencia na xestión de voos espaciais de longa duración. Como obxectivos secundarios atopábanse facer manobras de cita espacial, a realización de once experimentos, avaliar os sistemas da cápsula, demostrar a capacidade para facer diversas manobras e o uso do sistema de manobra orbital como apoio do sistema de reentrada.[2][6]
Gemini 4 foi lanzada o 3 de xuño de 1965 ás 15:15:59,562 UTC (10:15:59 EST) desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral e insertada nunha órbita inicial de 162,3 km de perixeo e 282,1 km de apoxeo. Durante a primeira órbita manobrouse para aumentala a unha de 166 x 290 km e intentar unha cita espacial coa segunda etapa do Foguete espacial1foguete lanzador. A manobra de cita orbital cancelouse ao principio da segunda órbita tras comprobarse que se usara o 42% do propelente dispoñible, comprometendo o resto de obxectivos da misión. Tras a cancelación tivo lugar o comezo da primeira camiñada espacial levada a cabo por un estadounidense. Ed White presurizou o seu traxe espacial e despresurizou a cabina ás 14:33:35 EST, abrindo o zapón da cápsula ás 14:34. O astronauta saíu dous minutos máis tarde levando consigo unha pistola de gas para manobrar no baleiro e atado cun cable de 8 metros de lonxitude. O gas da pistola acabouse en tres minutos, co que White uso o cable e movementos do seu corpo para manobrar arredor da nave. O paseo durou 23 minutos, despois dos cales White volveu á cabina. Tras entrar, os astronautas atoparon dificultades para pechar o zapón, que só conseguiron pechar ás 15:10 EST tras traballar conxuntamente, represurizando a cabina ás 15:12:50.[2][6]
Para aforrar propelente, durante as seguintes 30 horas os astronautas non usaron o sistema de propulsión. Durante a órbita 48 un problema co ordenador de a bordo fixo imposible a reentrada atmosférica controlada por ordenador que fora planeada. No seu lugar, durante a órbita 62 e ás 11:56:00 EST, iniciouse o disparo dos retrofoguetes para unha reentrada balística, sen o uso da capacidade sustentadora da cápsula. A Gemini 4 amarou ás 12:12:11 EST no Atlántico occidental, a 27,73° N e 74,18° O, a 81 km do punto de amaraxe previsto. O tempo total de misión foi de 97 horas, 56 minutos e 12 segundos. A tripulación foi recollida por un helicóptero e levados ó U.S.S. Wasp ás 13:09. A cápsula foi recuperada ás 14:28.[2][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.