primeira proba de lanzamento dunha cápsula Gemini From Wikipedia, the free encyclopedia
Gemini 1 foi a primeira proba de lanzamento dunha cápsula Gemini xunto co seu lanzador, un Titan II GLV.[2][6]
Gemini 1 | |
---|---|
Lanzamento de Gemini 1 | |
Tipo | Prototipo |
Organización | NASA |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 8 de abril de 1964[1][2][3][4] |
Foguete portador | Titan II GLV[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-19[2] |
Duración da misión | 4 horas e 50 minutos[2][6] |
Obxectivo da misión | Probas con nave non tripulada.[2] |
Decaemento | 12 de abril de 1964[1] |
NSSDC ID | 1964-018A |
Masa | 5170 kg[2][6] |
Gemini 1 foi ideada para comprobar a integridade estrutural e compatibilidade da cápsula Gemini co seu foguete lanzador, así como o rendemento do foguete, os sistemas de control, a precisión da inserción orbital e o funcionamento dos sistemas de detección de avarías. Foi a primeira cápsula Gemini de produción en ser enviada ao espazo.[2][6]
Gemini 1 foi lanzada o 8 de abril de 1964 ás 16:00:01 UTC desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral e insertado nunha órbita inicial de 160,5 km de perixeo e 320,6 km de apoxeo, cun período orbital de 89,3 minutos. A cápsula foi lanzada cun exceso de velocidade de 22,5 km/h sobre o previsto, o que fixo que a órbita fose 33,6 km máis alta do calculado. A cápsula permaneceu unida á segunda etapa do Titan II, tal como estaba previsto. A misión durou 4 horas e 50 minutos, tres órbitas en total, durante as cales se fixeron todas as probas necesarias, que resultaron ser un éxito. O conxunto de cápsula e foguete reentraron na atmosfera terrestre o 12 de abril, destruíndose sobre o Atlántico sur.[2][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.