From Wikipedia, the free encyclopedia
Microchirus ocellatusa, (Linnaeus, 1758) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,[1] coñecida en galego como acedía de ollos.[2]
Microchirus ocellatus Acedía de ollos | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Microchirus ocellatus (Linnaeus, 1758) |
Trátase dun pequeno linguado, de até 20 cm de lonxitude como máximo (de aí o nome vulgar de acedía), que habita en fondos mariños areosos ou lamacentos, entre os 20 e os 300 m de profundidade, no Atlántico centro oriental (incluído o Mediterráneo), desde o suroeste da Península Ibérica até Serra Leoa, e en Suráfrica e no Índico occidental.
A especie foi descrita por primeira vez en 1758 polo naturalista sueco Carl von Linné (Linneo), na 10ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Pleuronectes ocellatus.
Ao longo do tempo foi coñecida, ademais de polo nome orixinario de Linneo e polo actualmente válido, polos sinónimos seguintes:[1]
O nome específico, ocellatus, é a forma masculina do nominativo do adxectivo latino ocellātus, -a, -um, "que ten ollos pequenos", aludindo aos catro ocelos que presenta no lado pigmentado.
É unha especie mariña, demersal, oceanódroma que habita en mares subtropicais, en fondos de entre os 30 e os 300 m de profundidade,[4] entre os 43° N e os 4° N,[5], no Atlántico centro-oriental, encontrándose nas costas do suroeste da Península Ibérica, o mar Mediterráneo, a illa de Madeira, as illas Canarias, Senegal, Ghana, Guinea-Bissau e Serra Leoa, e nas do océano Índico occidental, desde a antiga provincia de Natal (Suráfrica), até as costas occidentais da India.[5]
Microchirus ocellatus é obxecto de pesca nas zonas 27, 34 e 37 (nordeste do Atlántico, Atlántico centro-leste e Mediterráneo e mar Negro, respectivamente).[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.