KwaZulu-Natal

From Wikipedia, the free encyclopedia

KwaZulu-Natal

KwaZulu-Natal (tamén coñecida como KZN; e anteriormente chamada Natal) é unha provincia de Suráfrica localizada na súa costa oriental, tendo como fronteiras: ó norte, Mozambique, Eswatini e a provincia de Mpumalanga; ó oeste, o Lesotho e a provincia do Estado Libre; e, ó sur, a provincia do Cabo Oriental. Ten unha área de 86.967 km2 e unha poboación de 8 713 000 habitantes (estimativa de 1995).

Datos rápidos Localización, Capital ...
KwaZulu-Natal
KwaZulu-Natal (zu)
IPhondo yaKwaZulu-Natala (xh)
KaZulu (ss)
Imaxe

Localización
 29°S 31°L
EstadoSuráfrica
CapitalPietermaritzburg
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación12.423.907 (2022) (131,66 hab./km²)
Lingua usadaLíngua gail (pt)
Língua ronga (pt)
Lingua zulú
Lingua xhosa
Lingua suazi
Xeografía
Superficie94.361 km²
Altitude1.276 m
Punto máis altoMafadi (3.450 m)
Punto máis baixoOcéano Índico (0 m)
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación27 de abril de 1994
Organización política
Órgano executivoKwaZulu-Natal Executive Council (en)
 Premier of KwaZulu-Natal (en) Willies Mchunu (en) (2016–2019)
Órgano lexislativoKwaZulu-Natal Legislature (en) , (Escano: 80)
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2ZA-KZN e ZA-NL
Outro
Irmandado con
Shanghai (2001–)

Sitio webkwazulunatal.gov.za
Pechar

Como capital histórica tivo a Ulundi, corte real dos zulús, antiga capital do bantustán de Kwazulu; mais actualmente a capital administrativa da provincia é Pietermaritzburg. En Durban habita a maior parte da xente, polo que se considera a capital económica.

A cidade de Durban é unha área con gran crecemento, con máis de tres millóns de habitantes, sendo a segunda maior cidade do estado. Posúe o maior porto de África, e un dos maiores do Índico, comunicada por ferrocarril ao resto do territorio. A principal industria é e do refinado do azucre. Tamén posúen gado ovino, vacún, leite, cítricos, maínzo, sorgo, algodón e plátanos. Nos arrabaldes de Durban prodúcese téxtil, caucho, fertilizantes, papel, procesado de alimentos e refinarías de petróleo.

Áchanse plantas de procesado de aluminio en Richards Bay, na costa central. Ademais posúe importantes depósitos de carbón e madeira.

Durante o apartheid, a poboación negra viuse obrigada a vivir nunha economía gandeira de subsistencia.

O turismo representa un importante sector da economía de KZN, especialmente o turismo costeiro estival.

Segundo un censo do 2001, o 23% da poboación de 20 anos ou máis non recibira ningún tipo de educación escolar, cun 5% de universitarios. Existe a Universidade de KwaZulu-Natal


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.