From Wikipedia, the free encyclopedia
María Antonia Pereira do Campo[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11] ou María Antonia Pereira de Andrade,[12] nada en Baños de Cuntis (Cuntis) o 5 de outubro de 1700 e finada en Santiago de Compostela o 10 de marzo de 1760,[13] foi unha relixiosa e escritora galega, coñecida como a serva de Deus María Antonia de Xesús, ou Monxiña do Penedo.
Nome orixinal | María Antonia Pereira do Campo |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Flavia Antonia Pereira do Campo 6 de outubro de 1700 Cuntis, España |
Morte | 10 de marzo de 1760 (59 anos) Santiago de Compostela, España |
Lugar de sepultura | Convento do Carme de Arriba, Santiago de Compostela |
Residencia | Cuntis, Tui, Baiona, Madrid, Santiago… |
Relixión | Igrexa católica |
Q89547790 | Edificio espiritual |
Actividade | |
Ocupación | monxa cristiá |
Xénero artístico | misticismo |
Influencias | |
Lingua | castelá |
Orde relixiosa | Order of Discalced Nuns of the Blessed Virgin Mary of Mount Carmel (en) |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 10 de marzo |
Familia | |
Cónxuxe | Juan Antonio Valverde |
Fillos | dous (Sebastián e Leonor) |
Pais | Manuel Pereira e María do Campo |
Irmáns | dous (Lucas e Mateo) |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Foi a filla primoxénita, de tres irmáns, de Manuel Pereira e María do Campo. Setemesiña, foi bautizada como Flavia Antonia Pereira do Campo. Viviu cunha tía paterna, María Pereira, en Caldas de Reis. Despois da morte do pai —M.ª Antonia tiña 14 anos de idade— a familia trasladouse a Baiona, onde a nai traballou de ama de chaves na casa de Fernando de Heras y Miera, abade da Colexiata de Santa María. Despois de cinco anos, Antonia foise para a casa dunha señora de Tui e de alí a unha de Santiago de Compostela. De volta á Baiona, casou en matrimonio organizado pola súa familia con Juan Antonio Valverde, notario eclesiástico, e, tempo despois, tanto o home como os seus dous fillos, Sebastián e Leonor, abrazaron a vida relixiosa en diferentes ordes.
Marchou a Madrid, alí, tras traballar no servizo doméstico, pasou a integrarse nunha comunidade carmelita de Alcalá de Henares. O nome de Flavia Antonia foille trocado polo de María Antonia de Xesús cando entrou na vida relixiosa.[14] En 1728 recibe o mandato divino de fundar un convento.[15] Con importantes apoios eclesiásticos e económicos, volveu a Santiago. Alí, logo de superar as reticencias dos arcebispos Cayetano Gil Taboada, e o seu sucesor Bartolomé de Raxoi, a abrir unha nova orde de clausura, fundou en 1748 o primeiro convento carmelita de Galicia,[16] o convento das Carmelitas Descalzas, chamado convento do Carme de Arriba.[17] En 1753 comezaron as obras do novo edificio do convento, traballos dirixidos polos frades carmelitas José de los Santos e José del Espíritu Santo.
Coñecida como a Monxiña do Penedo polo seu lugar de nacemento, a Igrexa católica considerouna venerable polas súas virtudes. Da súa obra escrita consérvanse manuscritos no convento, entre eles o da súa obra principal, o Edificio espiritual,[18] ademais da numerosa correspondencia.
A Santa Sé, ao pouco de finar a monxa, declarou que non había impedimento para comezar coa súa causa de canonización, que comezou en 1761, pero que se detivo en 1770.
O 25 de xaneiro de 1993, polo pulo do entón arcebispo compostelán cardeal Antonio María Rouco Varela, retomouse a fase diocesana do proceso. O proceso concluíu o 14 de xuño de 1996, admitiuno a trámite a Congregación para as Causas dos Santos o 25 de xullo de 1999 e recibiu en 2007 a aprobación da Comisión Histórica (Positio). Grazas a esta aprobación Pereira recibe o título católico de "serva de Deus".
O 7 de novembro de 2018 a Congregación para as Causas dos Santos, con autorización do papa Francisco, declarouna "venerable".[19][20]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.