escritor e profesor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Vilanova Rodríguez, nado en Barbantes (Punxín)[1][2] en 1944 e finado en Vigo[3] o 5 de marzo de 2019[4], foi un profesor e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1944 Barbantes, España |
Morte | 5 de marzo de 2019 (74/75 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Filoloxía Románica |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura, poesía, lingua castelá e literatura española |
Ocupación | escritor , poeta , profesor universitario |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Premios | |
Estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela[5] e doutorouse na Universidade Complutense de Madrid coa tese La soledad en la poesía de Luís Cernuda.
Como poeta está considerado como un dos que marcou o paso da literatura socialrealista á preocupación máis esteticista dos anos oitenta[6] xunto con Xosé Luís Méndez Ferrín e Arcadio López-Casanova. Para Ramiro Fonte Manuel Vilanova é o introdutor da poesía artellada sobre a intertextualidade.[7]
Comezou escribindo en castelán pero pronto se decidiu polo galego co libro inédito A tarde cheia de verán[8]. O primeiro poemario publicado en galego foi E direi-vos eu do míster das cobras (1980). Segundo César Antonio Molina "é unha especie de grande happening da poesía galega deste século, un suceso lúdico no cal Vilanova descolga os fantasmas ancestrais e sácaos a pasear polas rúas deste fin de milenio".[9] O libro parte da transgresión temporal e espacial, facendo simultáneos nos seus poemas feitos que na vida real non o son.[8]
Foi catedrático de ensino medio de Lingua e Literatura española en Vigo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.