O proteína do protooncoxene MYC, c-Myc, c-myc ou factor de transcrición bHLH é unha proteína que en humanos está codificada no xene MYC do cromosoma ,[1] que é membro da familia myc de factores de transcrición. A proteína contén o motivo estrutural hélice básica-bucle-hélice (bHLH).
MYC | |||
---|---|---|---|
Estruturas dispoñibles | |||
PDB | Buscar ortólogos: PDBe, RCSB
Lista de códigos PDB
| ||
Identificadores | |||
Nomenclatura | Outros nomes
| ||
Símbolos | MYC (HGNC: 7553) MYC, MRTL, MYCC, bHLHe39, c-Myc, oncoxene homólogo de v-myc da mielocitomatose aviaria viral, protooncoxene MYC, factor de transcrición bHLH, myc, c-myc | ||
Identificadores externos | |||
Locus | Cr. 8 q24.21 | ||
Ortólogos | |||
Especies |
| ||
Entrez |
| ||
Ensembl |
| ||
UniProt |
| ||
RefSeq (ARNm) |
| ||
RefSeq (proteína) NCBI |
| ||
Localización (UCSC) |
| ||
PubMed (Busca) |
|
Función
Este xene é un protooncoxene e codifica unha fosfoproteína nuclear que ten un papel na progresión do ciclo celular, apoptose e transformación celular. A proteína codificada forma un heterodímero co factor de transcrición relacionado MAX. Este complexo únese á secuencia consenso do ADN E box e regula a transcrición de xenes diana específicos. A amplificación deste xene obsérvase frecuentemente en numerosos cancros humanos. As translocacións que afectan a este xene están asociadas co linfoma de Burkitt e co mieloma múltiple en pacientes humanos. Hai evidencias que mostran que a tradución se inicia tanto desde un codón non AUG (CUG) augas arriba en pauta coma desde un codón de iniciación AUG, o que ten como resultado a produción de dúas isoformas con distintos N-terminais.[2]
Como diana de fármacos
Baixo circunstancias normais, c-Myc, por medio do seu dominio bHLHZip, heterodimerízase con outros factores de transcrición con MAD, MAX e MNT. Os dímeros Myc/Max activan a transcrición de xenes, mentres que os dímeros Mad/Max e Mnt/Max inhiben a actividade de Myc.[3] c-MYC sobreexprésase na maioría dos cancros humanos e esta sobreexpresión orixina unha proliferación de células cancerosas.[4][5]
Preparouse unha forma recombinante de c-Myc chamada Omomyc, na cal están mutados catro residuos.[6] Omomyc heterodimerízase con c-Myc e inhibe a actividade transcricional de c-Myc. Cando a liña celular de cancro de ratos NIH3T3 se trata con Omomyc, este inhibe a proliferación.[6] Nun modelo de ratos de cancro no cal as células de cancro foron modificadas por enxeñaría xenética para que expresasen condicionalmente Omomyc, observouse que Omomyc causaba a regresión do tumor, o cal estaba acompañado pola proliferación reducida e un incremento da apoptose do tecido tumoral.[7]
Omomyc mostra unha alta afinidade por MAX (proteína X asociada a Myc) e para as secuencias de ADN do elemento da caixa amplificadora CACGTG, o que ten como resultado o desacoplamento da proliferación celular da regulación normal por factores de crecemento e contribúe a moitas das marcas distintivas fenotípicas do cancro.[8] Omomyc tamén pode unirse a monómeros de MYC e impedir que este entre no núcleo.[9]
A miniproteína Omomyc producida por recombinación desenvolveuse como fármaco (OMO-103) e actualmente está en ensaios clínicos.[10]
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.