lingua romance do norte de Francia From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua picarda ou picardo[2] é unha das linguas romances máis achegadas ao francés e é unha das linguas de oïl.
Picardo Picard | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Tchtimi, chti, rouchi | |
Falado en: | Francia Bélxica | |
Rexións: | Europa | |
Total de falantes: | ~ 700 000 | |
Posición: | Non está entre as 100 máis faladas. | |
Familia: | Indoeuropea Itálico Románico Italo-occidental Galoibérico Galorrománico Oïl Picardo | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Lingua rexional endóxena en Bélxica. | |
Regulado por: | Non ten regulación oficial | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | pcd
| |
Mapa | ||
Status | ||
O picardo ten outras denominacións como picart, patois du nord (patués do norte), tchtimi, chti ou rouchi, aínda que este último é un dialecto do picardo, considerado a miúdo como unha "fala de oïl" diferente, falada no Hainut Occidental, entre Mons e a liña Torunai-Soignes-Ath-Mouscron.
Fálase nas rexións francesas da Picardía (desde o sur do Oise e do Aisne) e Norte-Paso de Calais (até a zona de Dunkerque, de fala neerlandesa flamenga e Bélxica na maior parte da provincia de Hainaut, até La Louvière ao leste (entre Mons e Charleroi).
Sen estatísticas globais nin fiables. Tan só unha enquisa feita en Amiens (1980-1981), mostraba que o 46% dos homes e o 29% das mulleres nacidas en 1942 declaraban falar picardo.
Sen ningunha normativa aceptada. Aínda así, desde un punto de vista ortográfico, unha parte importante dos autores están de acordo nunha serie de principios que poden tender a unha certa normativización:
Recoñecida como lingua rexional endóxena en Bélxica, segundo o decreto do executivo da Comunidade francesa adoptado o 1990. Benefíciase, sobre todo polo que fai a súa presenza nos medios de comunicación, das accións da Oficina das Linguas Rexionais Endóxenas.
En Francia non se beneficia de ningunha lexislación a nivel xeral e a ratificación da Carta Europa das Linguas Rexionais ou Minoritarias está bloqueada.
En Francia é recoñecido de facto polo Ministerio de Educación Nacional e ensínase nas escolas da rexión e pode estudarse de maneira facultativa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.