Aisne

departamento francés From Wikipedia, the free encyclopedia

Aisnemap

Aisne (02) é un departamento francés situado no noroeste de Francia, que pertence á rexión do Alta Francia. O seu nome vén do río Aisne, o cal atravesa o departamento.

Datos rápidos Epónimo, Localización ...
Aisne
Imaxe

EpónimoRio Aisne (pt)
Localización
 49°30′N 3°30′L
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAltos de Francia
CapitalLaon
Contén a división administrativa
Abbécourt
Achery
Acy ../... 817+
Poboación
Poboación525.558 (2022) (71,32 hab./km²)
Xeografía
Superficie7.369 km²
Punto máis altoQ26842902 (295 m)
Comparte fronteira con
Creación4 de marzo de 1790
Organización política
 Presidente Nicolas Fricoteaux (en)
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2FR-02
Código NUTSFR221
Código de departamento INSEE02

Sitio webaisne.com
Pechar

Historia

O departamento de Aisne é un dos 83 departamentos formados trala Revolución francesa o 4 de marzo de 1790. O departamento de Aisne creouse a partir da segregación das provincias de Île-de-France, Picardía, e da Champagne.

A maioría dos bosques da zona, foron destruídos durante a segunda guerra mundial. A ofensiva francesa na Chemin des Dames na primavera de 1917 é coñecida ás veces como a Segunda batalla de Aisne.

Xeografía

Aisne bordea a rexión de Ardenas e Bélxica polo nordeste. O río Aisne percorre o departamento de leste a oeste, onde se une ao río Oise. A paisaxe do departamento está dominada polas rochas. Destacan sobre todo as paisaxes rochosas de Laon e de Chemin des Dames.

As principais cidades de Aine son:

  • Laon, pob. 26.000 (capital)
  • Saint-Quentin, pob. 60.000
  • Soissons, pob. 30.000
  • Tergnier, pob. 15.000
  • Château-Thierry, pob. 14.967

Clima

Aine ten unha media de precipitacións de entre 500 e 750 mm ao ano.

Economía

A agricultura domina a economía de Aisne. Destacan especialmente os cereais e a remolacha. A seda, o algodón, e a la destacan en Saint-Quentin. Saint-Gobain é coñecida pola súa produción de espellos, que vén xa dende o século XVII. Guise é o centro agrícola da parte setentrional de Aisne.

Cultura

Durante a segunda guerra mundial destruíronse numerosas construcións de interese arquitectónico. Das construcións que sobreviviron, as igrexas medievais de Laon, Braine, e Urcel son as máis importantes. Tamén destaca o castelo de La Ferté-Milon, en ruínas na actualidade.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.