filme de 2001 dirixido por Ashutosh Gowariker From Wikipedia, the free encyclopedia
Lagaan (en hindi: लगान) é un filme indio de 2001 escrito e dirixido por Ashutosh Gowariker. O filme foi producido por Aamir Khan, quen protagoniza xunto a Gracy Singh e os actores británicos Rachel Shelley e Paul Blackthorne. Ambientado en 1893, durante o final da época vitoriana do Raj Británico, conta a historia dos habitantes dunha vila do centro da India, que lastrados por altos impostos e varios anos de seca, son desafiados por un arrogante oficial do Exército Indio Británico a unha partida de cricket como aposta para evitar pagar os impostos que deben. Os veciños enfróntanse á ardua tarefa de aprender un xogo que lles é alleo e xogar por unha vitoria.
Lagaan | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | लगान |
Director | Ashutosh Gowariker |
Produtor | Aamir Khan Sanjay Dayma |
Guión | Ashutosh Gowariker |
Intérpretes |
|
Música | A. R. Rahman |
Fotografía | Anil Mehta |
Montaxe | Ballu Saluja |
Estudio | Aamir Khan Productions |
Distribuidora | SET Pictures[1] |
Estrea | 15 de xuño de 2001 |
Duración | 224 minutos[2] |
Orixe | India[3] |
Xénero | Drama, musical e épico[4] |
Orzamento | 250 millóns de rupias[5] |
Recadación | 659,7 millóns de rupias |
Na rede | |
http://www.lagaan.com/ | |
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 74ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.