músico indio From Wikipedia, the free encyclopedia
Allahrakka Rahman, nado como A. S. Dileep Kumar en Madrás, Tamil Nadu o 6 de xaneiro de 1967, é un compositor, cantautor e produtor musical indio máis coñecido profesionalmente como A. R. Rahman. A obra de A. R. Rahman caracterízase por mesturar música clásica india con música electrónica, world music e arranxos orquestrais tradicionais. Entre os seus premios están seis National Film Awards, dous Premios Oscar, dous Premios Grammy, un BAFTA, un Globo de Ouro, quince Premios Filmfare e dezasete Filmfare Awards South. No 2010 recibiu o Padma Bhushan, o terceiro recoñecemento civil máis importante do Goberno da India.[1] En 2009, Rahman foi incluído na lista Time das 100 persoas máis influentes do mundo.[2] A revista musical británica Songlines considerouno unha "Icona da música do mundo do mañá" en agosto de 2011.[3] Os seareiros do sur da India refírense a Rahman co alcume do "Mozart de Madrás" e "Isai Puyal" (inglés: a tormenta musical).[4]
No seu propio estudio de gravación (Panchathan Record Inn en Chennai), a carreira de composición de bandas sonoras de Rahman empezou a comezos da década de 1990 co filme támil Roja. Traballou para a industria do cinema indio, cinema internacional e teatro, e está considerado como un dos artistas con máis vendas,[5][6][7] cunha estimación de 200 millóns de copias vendidas.[8] Ó longo da súa carreira de máis de dúas décadas, foi aclamado por refedinir a música india contemporánea e por contribuír no éxito de numerosos filmes. Rahman tamén é filántropo e activista de causas humanitarias, doando e recadando fondos para numerosas causas. En 2017, Rahman fixo o seu debut como director e guionista de cinema co filme Le Musk.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.